martes, 2 de abril de 2024

PETO DE XUNQUEIRAS - XUNQUEIRAS - O COUTO - A CAÑIZA

 PETO DE XUNQUEIRAS

XUNQUEIRAS

O COUTO

A CAÑIZA

    Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DE SAN BARTOLOMEU DO COUTO - O PORTO - O COUTO - A CAÑIZA

 CALVARIO DE SAN BARTOLOMEU

O COUTO

O PORTO

A CAÑIZA

Calvario de San Bartolomeu do Couto

      Calvario composto por tres cruces que nacen nunha plataforma feita en perpiaños de pedra granítica con cornixa.

      As tres cruces son semellantes na súa construción: base cadrada coas arestas rebaixadas, con varais e brazos das cruces de sección octogonal. As cruces non presentan figuración.

     A cruz central, a de maior tamaño, presenta unha pequena lousa de pedra por debaixo da base, a modo de calzo.

       Este calvario atópase ao carón da igrexa parroquial de San Bartolomeu.

O Porto
      O Porto é un lugar da parroquia do Couto, no concello pontevedrés da Cañiza, na comarca da Paradanta.

O Couto
      San Bartolomeu do Couto é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. 

       Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (163 mulleres e 186 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 590 habitantes.

     Cruza a parroquia unha estrada local que vai da capital municipal a Crecente, así coma o río Ribadil.

Toponimia
     A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.

Xentilicio
      O seu xentilicio é coutarexo.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


lunes, 1 de abril de 2024

PETO DE LEIRADO - LEIRADO - SALVATERRA DE MIÑO

 PETO DE LEIRADO

LEIRADO

SALVATERRA DE MIÑO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

LUZ PRADO - "REENCÁIXAME" - MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

DISEÑADORA LUZ PRADO

"REENCÁIXAME" 

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

       “ReEncáixame” contou coa presenza da diseñadora Luz Prado

     A edición número trinta e tres da Mostra do Encaixe de Camariñas trouxo consigo varias novidades.

        Unha das máis destacadas na pasarela “ReEncáixame”, na que e Luz Prado, que participou nesta edición re interpretando as súas coleccións coas que participaron no seu día no concurso de Noveis Deseñadores.

     Pola súa banda, Luz Prado participou na edición de 2018 do concurso de Noveis Deseñadores. Para este “ReEncáixame”, reeditou a súa colección “Ascalapta”, realizada en polipel, un material sostible “que axuda a reducir ou impacto ambiental e frea ou sacrificio de animais”

      A nova colección terá o nome de “Espertar” e será a fusión da colección presentada en Camariñas en 2018 e unha reedición anterior, “Ardora”. 

      “Sempre confecciono encaixe a man, xa que é un produto feito artesanalmente, con moito mimo e esmero”, recoñece Luz Prado.

      “ReEncáixame” busca incentivar aos deseñadores a re interpretar unha colección pasada volvendo usar tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas, mostrando o proceso nunha nova cun enfoque de reutilización de materiais e redución de desperdicio.


     Participan persoas que pasasen polo concurso de Noveis Deseñadores. 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Diario de Bergantiños

XOAN ARCO DA VELLA

ALMIÑAS DO PIUDAL - A FRAGA PETÁN - CORZÁNS - SALVATERRA DE MIÑO

 ALMIÑAS DO PIUDAL

A FRAGA - PETÁN

CORZÁNS

SALVATERRA DE MIÑO

     Trátase dunha curiosa modalidade de peto de ánimas a xeito de retábulo pétreo.

      De feito, é posible que as pezas fosen reaproveitadas dun retábulo.

       Así pois, esta singular construcción amósase coma un paramento de dez pezas ou sillares.

       Composto de tres rexistros horizontais, sete dos dez sillares aparecen historiados.

      Neles aparecen en relevo diferentes representacións relixiosas sen aparente conexión temática entre elas, ademáis de abundantes restos de policromía.

     Se facemos unha lectura de esquerda a dereite e de arriba a baixo podemos atopar as seguintes representacións: figura masculina portando unha espada, pomba do Espírito Santo, virxe co neno, pedra baleira, a Verónica, pedra sen identificar, a Piedade, pedra baleira e as ánimas no purgatorio.

      A composición remátase cun pequeno altar na súa parte inferior.

      Ademáis, recentemente foi dotado de muros e cuberta para a súa protección.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA