martes, 25 de octubre de 2022

CLAUSURA DA EXPO "O CAMIÑO E AS ARTES - MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM - SACAVÉM

 CLAUSURA DA EXPO 

" O CAMIÑO E AS ARTES"

MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM

SACAVÉM

      O 24 de Setembro clausurouse no Museo da Ceramica de Sacavém a Expo. O Caminho e as Artes, O Camiño e as Artes na que participan un numero importante de artistas portugueses e galegos de todos os campos das Artes.

     Eu estou moi agradecido a Fundación Camiño Portugués de Santiago e as Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago por convidarme a participar con unhas fotografias dun traballo relacionado co a auga no entorno do Camiño.

Foi un día moi emocionante no que puden encontarme como moitos amigos e amigas artistas asi como moitas amigas e amigos de Portugal

Museo da Cerámica de Sacavém

     A fábrica de vaixela de Sacavém. Creada a mediados de 1800, converteuse nunha das produtoras de louza fina máis recoñecidas en Portugal e en Europa.

    Portugal coñecido pola vaixela de Vista Alegre, tivo gran competencia na fábrica de vaixela de Sacavém.

     Esta fábrica, creada a mediados de 1800, converteuse nunha das produtoras de louza fina máis recoñecidas de Europa, grazas á súa cerámica baseada en caolín, unha arcilla de gran pureza.


     Os seus procesos foron modernizados por un inglés, que fixo a produción tan relevante para o país, que recibiu o título de Barón de Howorth de Sacavém, concedido por D. Luís I.

     O asociacionismo e o pionerismo na asistencia aos traballadores da fábrica converteron a Sacavém nunha das fábricas máis importantes do país e xeradora de protagonistas na loita antifascismo.

     Desactivada tras numerosos problemas financeiros e de xestión en 1994, mantívose no espazo xunto ao forno nº 18, para facer nacer o museo que conta a historia desta fábrica e da evolución de Portugal no s. XX.

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 22 de octubre de 2022

IGREXA DE SAN XOÁN DE CORTEGADA - CORTEGADA - SARREAUS

 IGREXA DE SAN XOÁN DE CORTEGADA

CORTEGADA

SARREAUS

 Cortegada
     San Xoán de Cortegada é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 327 habitantes, deles 154 eran homes e 173 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares e parroquias
      Cortegada, Folgoso, Meilás, O Penedo


Sarreaus
      Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio e «sarreaus».

Xeografía
     O concello, de 77,2 km², abrangue nove parroquias. Limita ao norte con Vilar de Barrio, ao sur con Trasmiras e Xinzo de Limia, ao leste con Cualedro e Laza, e ao oeste con Xunqueira de Ambía.

      Cara ao norte ten unha zona montañosa, na serra de San Mamede. Cara ao sur está a depresión limiá, con terras máis chás e fértiles vales determinados polo río Limia, que nace no monte de Talariño, na parroquia de Paradiña, sucando o concello de nordeste a suroeste.

     Outros cursos fluviais menores son o rego de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo ou o da Veiga.

Historia
      Se ben na actualidade non hai ningún catalogado, consérvanse topónimos que delatan a existencia de varios megálitos do neolítico, como Os Piñeiros da Anta e A Medorra en Lodoselo, ou o Alto da Madorra en Cortegada. A Pedra Alta (Cortegada) é un menhir usado como marco delimitador entre os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. O Acobillo de Roufeiro (Nocelo da Pena) é da primeira idade dos metais (1800/1500 a. C.), e é usado como referencia para denominar o límite do Bronce Inicial en Galiza.

    Durante a cultura castrexa a zona foi poboada polos Limici nos castros da Cibdá, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo.

     Trala romanización de Galicia quedaron restos de asentamentos e epígrafes en rochas, como o Forum ou Civitas Limicorum da Cibdá, ou homenaxes a Traxano e Adriano e a Xúpiter e Bandua.

     Durante a idade media a zona pertenceu á Terra da Limia. Desa época queda a igrexa románica de Codosedo. Na idade moderna o territorio pertenceu ás xurisdicións de Xinzo (parroquias de Perrelos, Santiago de Freixo e Lodoselo, pertencentes ao Conde de Monterrei), Pena da Torre de Portela da Limia (lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo e Sas, pertencentes ao Conde de Lemos), e o couto de Santa María A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña e Veredo, pertencente á orde de Santiago. Nocelo da Pena pertencía á xurisdición do convento de Santa Clara de Allariz.

     A comezos do século XIX creouse o concello de Cortegada, e en 1822 creáronse os de Codosedo e Lodoselo. Trala División territorial de España en 1833, en 1835 naceu o concello de Sarreaus.


Toponimia
      O nome de Sarreaus procede do latino Sarrianus, "os que veñen de Sarria", debido a que no seu momento se repoboaría con habitantes desta vila luguesa.

Parroquias de Sarreaus    
      Bresmaus (San Bartolomeu), Codosedo (Santa María), Cortegada (San Xoán), Freixo (Santiago, Lodoselo (Santa María), Nocelo da Pena (San Lourenzo), Paradiña (Santa María Madanela), Perrelos (Santa María), Sarreaus (San Salvador)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 21 de octubre de 2022

IGREXA DE SAN MIGUEL DE MELIAS - MELIAS - COLES

 IGREXA SAN MIGUEL DE MELIAS

MELIAS

COLES

Melias
     San Miguel de Melias é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 510 habitantes (239 homes e 271 mulleres) 19 menos ca en 2000.

     Ten 16 entidades de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (O Pereiro de Aguiar).

Lugares de Melias
     Belesar, Casanova, Cerdedo, Os Cruceiros, A Estación, Figueiredo, Fontao, Levices, Miegodevila, Neboade, Os Outeiriños, Outeiro, Pacios, San Lourenzo, Sobrado, O Souto

Coles
     Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro.

     A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.

     O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km.

     O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes.

     Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.

Parroquias de Coles    
     Albán (San Paio), A Barra (Santa María), Cambeo (Santo Estevo), Coles (San Xoán), Gueral (San Martiño), Gustei (Santiago), Melias (San Miguel), Ribela (San Xillao), Santa Mariña de Albán (Santa Mariña), Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio), Ucelle (Santa María)

Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



IGREXA DE SANTA MARÍA DE RAZAMONDE - RAZAMONDE - CENLLE

 IGREXA DE SANTA MARÍA RAZAMONDE

RAZAMONDE

CENLLE

 Igrexa de Santa María de Razamonde

     Esta igrexa, construída entre os séculos XVI e XVIII, aínda conserva elementos decorativos medievais, como outros edificios relixiosos románicos da zona. 

      Entre estes elementos medievais atópase o arco de medio punto decorado con motivos xeométricos (na parte lateral). Posúe, ademais, dúas capelas laterais.

      O retablo maior do interior é renacentista, con características arquitectónicas propias do século XVI.

Razamonde
     Santa María de Razamonde é unha parroquia do concello de Cenlle, a beira do río Miño. Limita con Laias, Vilar de Rei e Trasariz.

        Segundo o IGE en 2013 tiña 157 habitantes (80 mulleres e 77 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes.

Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Razamonde ten unha porta lateral con estrutura e motivos medievais como o arco de medio punto con decoración xeométrica enmarcado por unha fileira de canzorros.

Lugares de Razamonde
     Barral, Erbededo de Abaixo, Erbededo de Arriba, Lagarellos, Lameiro do Monte, Razamonde, Xubín

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA