viernes, 26 de noviembre de 2021

CAPELA SAN LOURENZO DE PEDRAZA - PEDRAZA - MONTERROSO

 CAPELA DE SAN LOURENZO

SANTA MARÍA DE PEDRAZA

MONTERROSO

Pedraza
     Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

      No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Patrimonio

      A igrexa de Santa María de Pedraza foi construída orixinalmente en estilo románico, conservando aínda algúns canzorros, pero foi modificada durante o século XIX. Destacan os seus dous retablos de estilo neoclásico.

      Na parroquia atópase a capela de San Lourenzo, o templo máis antigo do concello de Monterroso. 

       Foi construída no ano 1127 e aínda conserva trazos prerrománicos, como a súa porta principal.

      Nos séculos XVIII e XIX sufriu importantes reformas. Conserva varios canzorros da obra románica con figuras zoomórficas e antropomórficas.

Lugares de Pedraza
      Gontá de Arriba, Gundín, Pedraza, San Cristovo, San Lourenzo, Vilarfonxe


Parroquias de Monterroso     
     Arada (Santa María), Bidouredo (Santiago), O Bispo (Santa María), Cumbraos (San Martiño), Esporiz (San Miguel), Fente (San Martiño), Os Ferreiros (San Cibrao), Frameán (San Pedro), Fufín (San Martiño), Lavandelo (Santiago), Leborei (Santa María), Ligonde (Santiago), Lodoso (San Xoán), Marzán (Santa María), Milleirós (San Pedro), Novelúa (San Cristovo), Pedraza (Santa María), Penas (San Miguel), Pol (San Cibrao), Salgueiros (Santa María), San Breixo (San Salvador), Satrexas (Santa Eufemia), Sirgal (Santo André), Sucastro (Santa Mariña), Tarrío (Santa María), Valboa (San Salvador), Vilanova (San Pedro), Viloíde (San Cristovo)

Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.

      A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

      No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 25 de noviembre de 2021

MILLADOIRO DE RABIÑO - RABIÑO - CORTEGADA

MILLADOIRO DE REBIÑO

SAN BIEITO DE RABIÑO

CORTEGADA

 Rabiño
       San Bieito de Rabiño é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. 

     No ano 2007 tiña 176 habitantes, dos cales 85 eran homes e 91 eran mulleres. 

     Limita ao Norte con Meréns e Louredo, ao leste con Soutelo, ao sur coa Barca e ao oeste co Río Miño.

Historia
     En 1893 constituíronse as novas parroquias de Cortegada e Louredo, segregándose de Rabiño.

Patrimonio
    Muíños da levada, aproveitando o regato que nace en Louredo e baixa ata o Miño.
    Capela da Santa Mariña de Soutelo.
    Igrexa parroquial: templo barroco construída baixo o dominio do veciño mosteiro de Celanova. A igrexa é de planta de cruz latina en granito do país, cunha soa nave cuberta de arcos de medio punto ata desembocar no cruceiro, onde se forman tres bóvedas sostidas por nervaduras, de catro brazos nos laterais e dezaseis na bóveda da cabeza, onde o deseño debuxa un rombo dividido en catro espazos de lados convexos, as nervaduras están pintadas ou ben son de mármore veteado marrón; as capelas laterais ostentan como claves das súas nervaduras debuxos do sol e a lúa humanizados por un rostro, as claves das nervaduras da bóveda principal teñen decoración vexetal, unha cruz asturiana e unha lúa acompañada de dúas estrelas. Na sancristía a bóveda está sostida por catro nervaduras reunidas nunha clave que ten tallado un sombreiro eclesial de dúas puntas. Tanto as bóvedas laterais como a central conservan pintura.
    Milladoiro único na provincia de Ourense, de grande altura e con bóveda de nervios gardando un cruceiro.
    Peto de ánimas do Rabiño.
    Reitoral do Rabiño, edificio civil barroco.

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ACUEDUCTO DE SANTA CLARA - VILA DO CONDE

 ACUEDUCTO DE SANTA CLARA

VILA DO CONDE

       O Acueducto de Santa Clara foi deseñado para transportar auga ata o convento co mesmo nome. 

     Desde a sua fundación, aínda que estea situado xunto ao río Ave, o Monasterio de Santa Clara sempre tivo problemas de abastecemento de auga potable. 

     Ata a conclusión do acueducto, o abastecemento de auga era feito a través dunha noria, probablemente contemporánea ou anterior á edificación do Monasterio, fundado en 1318.

     Para resolver este problema, D. María de Meneses, abadesa entre 1626 e 1630, ordenou a construción dun acueducto que traería a auga desde unha fonte localizada na parroquia de Terroso, Póvoa de Varzim. 

      Debido ao mal cálculo da inclinación do acueducto, a súa construción foi interrompida pouco tempo despois, acabando en ruínas debido ao seu abandono.

     As obras renováronse o 19 de decembro de 1705, por orde da abadesa D. Bárbara Micaela de Ataíde, habendo sido concluídas o 20 de outubro de 1714, resolvendo así o problema de abastecemento de auga do convento.

    O feito foi celebrado con unha festa en honor de San Antonio, o patrono escollido para o acueducto, asi o manifesta unha imaxe do santo nun nicho xunto á fonte, en Terroso.

    Sendo o seu percorrido inicial subterráneo ata Beiriz, dende alí ata o interior do Convento a auga era conducida por medio dun total de 999 arcos de medio punto, do mesmo xeito que os acueductos romanos.

     Este número peculiar pode ser fantasioso, pero todos os estudos sobre deste monumento apuntan alomenos 907 arcos na súa totalidade e case todos os rexistros mostran un número moi próximo ao milleiro.

MAPA

 

Fuente: www.viladoconde.com

XOAN ARCO DA VELLA

ANTA DA MURUXOSA - COTÁ - FRIOL

ANTA DA MURUXOSA

COTÁ

FRIOL

 Cotá
     San Martiño de Cotá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 169 habitantes (95 homes e 74 mulleres), dous menos ca en 2007 (94 homes e 77 mulleres) e catro máis que en 2004. Ten 11 entidades de poboación.

Lugares de Cotá
      Agruñá, As Casas da Feira, Coído, Cotá, Dombrollo, Os Lagouzos, A Pena, A Ponte, Portasueiro, A Rexidoira, Silvarredonda

Friol
     Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

     Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes. 

     O seu xentilicio é «friolés».


Parroquias de Friol     
      Anafreita (San Pedro), Anxeriz (Santa María), Bra (San Martiño), Carballo (San Xiao), Carlín (Santa María), Cotá (San Martiño), Friol (San Xiao), Guimarei (Santa María), Guldriz (Santiago), Lamas (Santa María), Lea (San Xurxo), Madelos (Santalla), Miraz (Santiago), Narla (San Pedro), Nodar (San Mamede), Ousá (San Xiao), O Pacio (Santa María), Prado (San Martiño), Ramelle (Santa María), Rocha (San Cosmede), Roimil (San Xiao), San Cibrao da Pregación (San Cibrao), San Martiño de Condes (San Martiño), Santalla de Devesa (Santalla), Seixón (San Paio), Seoane da Pregación (San Xoán), Serén (Santa Cruz), Silvela (Santa María), Trasmonte (Santiago), Vilafiz (Santa María), Vilalvite (San Pedro), Xiá (Santa María) 


MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DA NOSA SEÑORA DA GUÍA - VILA DO CONDE

 CAPELA DA NOSA SEÑORA DA GUÍA

VILA DO CONDE

      A Capela da nosa Señora de Guía (Capela de Nossa Senhora dá Guia), na desembocadura do Ave, xa é mencionada no ano 1059, inclúese nun inventario dos activos inherentes ao Monasterio de Guimarãés. 

     Nese momento, a capela tería o nome de Ermida de San Xulian o Mártir. 

     Logo de varias restauracións e remodelacións, derivado da súa localización no alto de rocas no mar, inevitablemente deteriorado polos elementos da natureza, pouco ou nada queda da ermida orixinal, excepto a súa ubicación.

     Antes da construción da Fortaleza de San Juan Bautista, esta estrutura tamén se utilizou para apoiar a defensa da barra.

     No interior, destácase o teito de casetons, pintado con escenas bíblicas e imaxes de santos, xunto cos azulexos nas paredes da nave e altar, dos séculos XVII e XVIII.

     É posible que o arco do altar sexa a entrada principal da ermida primitiva, xa que o corpo principal é moito máis recente, probablemente do século XVII.

     No exterior, pódese ver unha imponente escaleira ao sur, máis grande que a capela. 

     Na parte superior, onde antes estaría un pequeno faro, indicando a entrada na barra do río, agora ai un cruceiro, bautizado como Cruceiro da Independencia e inaugurado no 4 de Agosto de 1940, durante as festividades do oitavo centenario da independencia portuguesa e o terceiro centenario da súa restauración.

     A fraternidade da cofradia da Capela é moi antiga, sendo coñecidos estatutos con data de 1676.

MAPA

 

 Fuente: www.viladoconde.com

XOAN ARCO DA VELLA