lunes, 13 de septiembre de 2021

CAPELA DE O REAL - O REAL - O PORTO - RUBIÁ

CAPELA DE O REAL

O REAL

O PORTO

RUBIÁ

O Real
     O Real é un lugar da parroquia do Porto, no concello ourensán de Rubiá.

     No ano 2008 tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres), o que supón un descenso en relación ao ano 2007.

Lugares do Porto
     O Porto, O Real

O Porto
     San Cristovo do Porto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 62 habitantes (30 homes e 32 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.


Situación
     A parroquia está na bas da Serra da Enciña da Lastra, atravesada polo río Galir. Por alí pasaba a estrada vella cara a Vilafranca do Bierzo, a actual OU-622, que a comunica coa N-120.


Festas
     Na parroquia celébrase o Corpus, amais do tradicional magosto no outono.

Parroquias de Rubiá
     O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras.

     Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). 

      O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos cedidas por: C.P.C

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DA CONCEPCIÓN - O ROBLEDO DE LASTRA - RUBIÁ

 IGREXA DA CONCEPCIÓN

O ROBLEDO DE LASTRA

RUBIÁ

 O Robledo da Lastra
     A Nosa Señora da Concepción do Robledo de Lastra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá.

      Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 62 habitantes (34 homes e 28 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes.

Lugares do Robledo da Lastra
     O Robledo da Lastra

Rubiá
     Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes. O seu xentilicio é «rubiao».

Xeografía
     O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

     É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

Historia
     A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.

     Na idade media albergou varios mosteiros. Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.

     Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.

Sendeirismo
     Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.

     No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.



Parroquias de Rubiá
     O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. 

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa. 

 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos cedidas por: C.P.C

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 12 de septiembre de 2021

CAPELA DAS FONTELAS - AS FONTELAS - NOCEDO - OS BLANCOS

 CAPELA DAS FONTELAS

AS FONTELAS

NOCEDO

OS BLANCOS

Ermida das Fontelas/da Nosa Señora da Asunción
Descrición:
     Ubícase no lugar denominado As Fontelas, á beira da estrada comarcal que une Xinzo de Limia con Baltar, aproximadamente no p.k. 8.100.

     Aparece illada nun prado, próxima aos diferentes mananciais dos que toma o seu nome.

     Presenta planta rectangular, destacando a súa ábsida de menores dimensións en planta e alzado. A cuberta a tres augas é de tella do país.

     Na súa cara exterior a ábsida presenta perpiaño ben concertado e liso, con restos de encintado. Como remate unha nacela sinxela sirve de soporte ao tellado. 

    Na parede sur, o máis saliantable é unha pequena fiestra rectangular con amplo derrame interior.

Na fábrica construtiva da nave distínguense aparellos diversos:

 
      - un primeiro tramo, tras a ábsida, de mampostería irregular
      - un segundo, de perpiaño ben concertado, conforma o tramo final da nave, serve como soporte da espadana e pecha a nave conformando a súa fachada norte.

Esta espadana lateral con arco de medio punto alberga unha campá e atópase coroada cunha cruz flanqueda por pináculos piramidais.

      - mantendo a alineación anterior,engadiuse un terceiro tramo de sillería irregular e mampostería, que configura un pequeno adro cuberto. É a actual fachada principal do templo. A súa cronoloxía, é claramente posterior ao todo o conxunto.

    En fronte dela, hai unha cruz florenzada sobre capitel moldurado que descansa sobre un varal de sección cuadrangular con escaso desenrolo e pedestal de forma cúbica de tosca labra.

    No ano 1990 descubríronse unha serie de murais renacentistas nos seus muros interiores.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Alta Limia

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN NICOLAO DE NOVÁS - NOVÁS - XINZO DE LIMIA

 IGREXA DE SAN NICOLAO

NOVÁS

XINZO DE LIMIA

 Novás
      San Nicolao de Novás é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. 

     Segundo o IGE en 2013 tiña 91 habitantes (42 homes e 49 mulleres) distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes.

Historia
      Pertenceu ao concello de Moreiras que foi incorporado en 1927 a Xinzo de Limia.

Lugares de Novás
     O Mosteiro, Novás, Queirugás

Xinzo de Limia
     Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes.

     O seu xentilicio é «limiao», «limego» ou «límico».

     Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Historia
     Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga. A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Finalmente recobrada por Fernando II, pasando a constituír un condado.

     En 1927 o concello de Moreiras incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.

Entroido
     Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración. Iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo. A procesión do Meco ten lugar desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, apeiros de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional.

     O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o xogo da ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo. A noite das mulleres reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares.


     O domingo corredoiro saen as pantallas. Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. Este martes ten lugar o desfile de entroido. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón.

      O ciclo péchase o domingo de piñata.

Parroquias de Xinzo de Limia    
     Boado (San Pedro), Cima de Ribeira (San Miguel), Damil (San Salvador), Faramontaos (San Salvador), Ganade (San Bartolomeu), Gudín (San Miguel), Guntimil (San Xoán), Lamas (Santa María), Laroá (Santa María), Moreiras (San Tomé), Morgade (San Tomé), Mosteiro de Ribeira (Santa María), Novás (San Nicolao), Parada de Ribeira (San Salvador), A Pena (San Pedro), Piñeira Seca (Santo André), San Pedro de Laroá (San Pedro), Seoane de Oleiros (San Xoán), Solbeira de Limia (San Pedro), Xinzo de Limia (Santa Mariña)

Comarca da Limia
     A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.

     A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA