viernes, 2 de julio de 2021

IGREXA DE SAN XOÁN DE BARRÁN - BARRÁN - PIÑOR

IGREXA DE SAN XOÁN

BARRÁN

PIÑOR

Barrán
      San Xoán de Barrán é unha das sete parroquias do concello ourensán de Piñor. 

     En 2011, segundo o IGE, tiña 255 habitantes (119 homes e 136 mulleres).

Monumentos
      A igrexa de San Xoán de Barrán é un templo relixioso do século XIII (1226) con nave única. Destaca a súa fachada de porta alintelada con pináculos ós lados sostida por pilastras. Sobre a porta, un grande óculo enche de luz o interior. A fachada está rematada por unha espadana dobre con balaustrada. 

     O interior conta cun retablo barroco de tres rúas separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de San Roque, Santo Antón e San Francisco. Hai tamén divesos obxectos de prata: un cáliz, unha custodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX.

       A fonte da Igrexa de San Xóan de Barrán (1801) está detrás da devandita igrexa. Trátase dunha fonte de pedra de forma rectangular feita de perpiaños graníticos, coroada cun frontón apuntado con tres pináculos. O central debía estar rematado cunha cruz, hoxe desaparecida. No pináculo da esquerda figura a inscrición "AÑO" e no da dereita "1801". A parte inferior da fonte conta cunha fornela na que aparecen as figuras de San Xoán e Cristo (que porta nunha man a bóla que representa o mundo) nunha curiosa disposición, pois é Cristo quen bautiza a San Xoán. Enriba da fornela hai un escudo de pedra que representa unha man agarrando un cruceiro. Rodeando o escudo hai diversas inscricións que compoñen o nome da persoa que mandou edificar a fonte: "DON JOAQUÍN BARROS".


Lugares de Barrán
     Albarona, Arenteiriño, Arenteiro, Barrán, Fontelo, Piñor, Senderiz, Senra

Piñor
       Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».

Parroquias de Piñor    
       Barrán (San Xoán), A Canda (San Mamede), Carballeda (Santa María), Coiras (San Xoán), A Corna (Santa María do Desterro), Loeda (San Paio), Torcela (Santiago)


Comarca do Carballiño   
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 



MUIÑO EN CASTIÑEIRAS - RÍO BARBANTIÑO - CASTIÑEIRAS - VILAMARÍN

MUIÑO EN CASTIÑEIRAS

RÍO BARBANTIÑO

CASTIÑEIRAS

VILAMARÍN

Río Barbantiño
      O río Barbantiño é un afluente do río Miño que descorre pola comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

Percorrido
      Nace nos montes de Orbán no concello de Vilamarín e descorre do nordeste a suroeste, atravesando os concellos de San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside e Punxín para desembocar no Miño en Barbantes.

      Os seus afluentes son pola esquerda o regato do Orbán, o río Formigueiro e o regato Casardemato, e pola dereita o regato Alontos, o regato da Cabana, o río Pequeno, o río de Louredo, o regato Listanco e o regato do Faro.

Vilamarín
      Santiago de Vilamarín é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 548 habitantes (267 homes e 281 mulleres), menos ca en 2006.

Patrimonio
    Castelo de Vilamarín.
    O pazo de San Martiño, situado no lugar de Pazos de Monte, no que destaca a fachada coa súa porta alintelada, a cheminea correspondente á lareira e a capela hoxe sen tellado e con restos do retablo coa imaxe barroca de San Martín sedente.

Lugares de Vilamarín
      Baínte, O Barrio, Borulfe, Castiñeiras, Cazarrande, Crecedur, Delvezón, O Figueiredo, Fondo de Vila, Gosende, As Ouxeas, O Palacio, Parada, Pazos de Monte, Porto Amieiro, A Regueira Grande, O Reguengo, Vilamarín

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Parroquias do Concello de Vilamarín     
      Boimorto (Santa Baia), León (Santa Baia), Orbán (Santa María), Reádegos (San Vicente), O Río (San Salvador), Sobreira (San Xoán), Tamallancos (Santa María), Vilamarín (Santiago), Viña (San Román) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO EN A BOUTUREIRA "UN" - RÍO BARBADÁS - O REGO - SOUTOPENEDO - SAN CIBRAO DAS VIÑAS

 MUIÑO EN A BOUTUREIRA "UN"

RÍO BARBADÁS

O REGO

SOUTOPENEDO

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Soutopenedo
     San Miguel de Soutopenedo é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 662 habitantes (340 homes e 322 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Soutopenedo
     O Carballo, A Eirexa, Os Facheiros, A Laxe, Montelongo de Abaixo, Montelongo de Arriba, Outeiro Calvo, O Outeiro, Pazos, Penedo, O Prado, O Rego, A Serra, A Torre, A Venda, Vilanova

San Cibrao das Viñas
     San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense.

Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio é «cibrense».

Xeografía
      O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela. 

     As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.


 Parroquias de San Cibrao das Viñas    
     Gargantós (Santa Comba), Noalla (San Salvador), Pazos de San Clodio (San Clodio), Rante (Santo André), San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso), Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz), Soutopenedo (San Miguel)

Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


jueves, 1 de julio de 2021

PETO DE FARBÁN - FARBÁN - SARRIA

 PETO DE FARBÁN

FARBÁN

SARRIA


  Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidad galega sobre a vida e a morte.

    Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

     A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura administráseo e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesano outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.


     Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:

- Infraestructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade que similar a unha capillita que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capillita, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


TORRE DE DONCOS - DONCOS - AS NOGAIS

TORRE DE DONCOS

DONCOS

AS NOGAIS

Torre de Doncos
     A Torre de Doncos é o que chegou ata os nosos días dun castelo medieval, tamén coñecido como Fortaleza de Santo Agostiño ou como Fortaleza da Grupa. Foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento.

Situación
      Sitúase no concello lugués das Nogais. Está a 614 m de altitude, na beira do río Navia, nun outeiro no fondo do val, facendo do río un elemento defensivo propio e fundamental.

     Rodéase dunha densa vexetación composta por carballos, nogueiras, castiñeiros, cerdeiras, abeleiras, abruñeiros, maceiras, salgueiros, figueiras, nos que viven o esquío, o corzo, o xabarín o raposo e mailo lobo.

 Historia
     A torre foi construída na segunda metade do século XV e abandonada no ano 1603. Pertenceu á familia dos Valcarce. Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e á condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.


Descrición
     A súa función era defensiva e o seu valor estratéxico fundamental ao estar situada na entrada a Galicia.

      O que queda da fortaleza é a torre da homenaxe que se estrutura en tres pisos ademais do soto escavado na rocha. De planta cadrada con oito metros de lado e 24 metros de altura, ten fortes muros de cachotaría de xisto, agás nos perpiaños dalgunhas das ventás. Os seus cimentos foron escavados na rocha nai.

     Do muro exterior defensivo non é máis que perceptible parte da antiga traza, con restos das cercas e torres cilíndricas que a defendían.

Lenda

     Tamén é coñecida como a "Fortaleza da Grupa", polos feitos recollidos polo historiador Amor Meilán situados nos tempos da Reconquista. Estando naqueles tempos as terras ocupadas por tropas sarracenas trece cabaleiros leoneses xuramentaron protexer aos peregrinos que viaxasen cara a Santiago de Compostela. Ocorreu que un xove matrimonio foi atacado polos mouros levando con eles, na grupa dun cabalo, á muller. Os trece cabaleiros perseguiron ao mouro, e este ao verse alcanzado degolou á moza co obxecto de non ser atrapado e evitar que ninguén posuíra a esa bela refén.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA