domingo, 16 de mayo de 2021

CANASTROS DO CAMPO DA IGREXA - AMOEIRO

 CANASTROS DO CAMPO DA IGREXA

CAMPO DA IGREXA

AMOEIRO

 Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».


Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.


Historia
     No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

     No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

     Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

     As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

     En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

     Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.


     Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago,| Rouzós (San Cibrao). Trasalba (San Pedro)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO A VELLA


FERVENZA DA PENEDA - RÍO ARNOIA - ARNOIA

FERVENZA DA PENEDA

RÍO ARNOIA

ARNOIA

 Patrimonio natural de Arnoia
     A terra de Arnoia comprende, ademais da área do val en donde se traballan os cultivos de viñas e hortalizas unha zona alta, de orografía rochosa e practicamente despoboada. É terreo forestal, que representa algo mais da metade do termo municipal, no que o pino avanza sobre as frondosas. 

     A través das “fortes costas esmaltadas de viñas” (Otero Pedrayo), o arnoiés comtempla o perfil do Coto Novelle, o pico máis alto do municipio, cos seus 714 metros.

     Dentro da relación de espazos naturais recollidos polas Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento realizadas pola COTOP (Xunta de Galicia), aparecen como catalogados as ribeiras do Miño, a delimitación do espacio presenta unha zona de influencia antrópica, cos aterrazamento de viña e de horta. O seu principal interese é paisaxístico.

     Tamén debe ser tido en consideración o cañón do río Arnoia, que da lugar a paraxes como A Peneda, bosque onde abondan sobreiros, cun vello pobo abandoado, as recuperadas fábricas da electricidade, e as augas do Arnoia que “el accidentado suelo as obliga continuamente a colarse entre las rochas que las rompen en mil espumas”, e siguen dicíndonos os autores de “Ourense Natural”: “Pocos lugares como este en toda la provincia orensana, deparan en verano sensaciones tan agradables y placenteras”.

     Seguindo río abaixo atopamos Silvaescura que lle parece a don Ramón semellante en nome e beleza á Schwarzswald alemana. Mais abaixo o Inquiau, onde se constrúe unha área recreativa no medio do río que se parte en pequenos brazos, recuperando os muíños , en referencia as súas pedras. 

     Despois de pasar a ponte medieval e máis muíños chegamos á área de recreativa de As Poldras e logo á desembocadura formando dous pequenos illotes graníticos Os Castelos.

     As numerosas áreas recreativas, acertadamente inte­gradas na paisaxe; sen estridencias, contribúen a mellorar a oferta turística. Conta o munici­pio coas áreas de:
    A Ínsua (Inquiau).
    As Poldras.
    A Queixeira.
    A Reza.

     O enclave privilexiado, a vexetación, o clima, as augas termais e as características fluviais son condi­cións naturais aproveitadas con acerto e coidadas con esmero, e posibilitan unha rica e novedosa oferta turís­tica no municipio.


Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. 

     Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.


Curso
     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede

Percorrido
     Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. 

     Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. 

     Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes
     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Arnoia

XOAN ARCO DA VELLA


SARTEGOS DE POMAR OU POSMARCOS - ARMENTAL - POSMARCOS - A POBRA DO CARAMIÑAL

 SARTEGOS DE POMAR OU POSMARCOS

ARMENTAL

POSMARCOS

A POBRA DO CARAMIÑAL

 Sartegos de Pomar ou Posmarcos
     Conxunto de sartegos antropomorfos.

     Esta necrópole, situada nun afloramento rochoso e ao carón dun lugar de paso natural, está composta de varios sartegos escavados na rocha.

     Posiblemente na contorna deste conxunto exista un poboamento de época medieval do que hoxe descoñecemos a súa localización exacta.


Armental
     Armental é un lugar da parroquia de Posmarcos no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).

Posmarcos
     Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Pobra do Caramiñal. 

     Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 2.040 habitantes (1.051 mulleres e 989 homes) distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.343 habitantes.

Lugares de Posmarcos
     A Angustia, Armental, A Barreira, O Batán, Cadreche, O Campo, Campomuíños, A Canliña, Os Casás, O Conchido, A Conga, A Crocha de Levante, A Crocha de Poñente, O Cruceiro Novo, Entrerríos, O Foxo, O Freixo, O Hórreo, O Inferniño, A Lomba, A Mercé, Ouxo, O Pinal do Rei, A Ponte Barbanza, As Pontes, Portocarro, Portofreixo, O Pumadiño, A Recosta, Rego de Horta, A Ribeiriña, O Río Lérez, Saborido, San Paio, O Sanguilexo, Santo Isidro, As Taras, Vilariño, Vilas

Comarca de Barbanza
     A comarca de Barbanza, comarca do Barbanza ou comarca da Barbanza (ou máis simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza), é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

      Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

RUINAS DA IGREXA DE SANTIAGO - AS CARBALLEIRAS - TRONCEDA - CASTRO CALDELAS

 RUINAS DA IGREXA DE SANTIAGO

AS CARBALLEIRAS

TRONCEDA

CASTRO CALDELAS

 As Carballeiras
     As Carballeiras é un lugar da parroquia de Tronceda no concello ourensán de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas.

     Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres).


Tronceda
     Santiago de Tronceda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 34 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Tronceda
     As Carballeiras, Susaus, Tronceda, Vilarellos


Castro Caldelas
     Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. 

     Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

     Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. 

     Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Xeografía
     Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).

     O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.


 Parroquias de Castro Caldelas     

     Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago), Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)


Comarca da Terra de Caldelas
     A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense.

    Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA