sábado, 20 de febrero de 2021

MUÍÑOS DE FREIRE - RÍO LOIRA - SEIXO - MARÍN

MUÍÑO DE FREIRE

RÍO LOIRA

SEIXO

MARÍN


Seixo
     Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2019 tiña 1888 habitantes.

Xeografía
     Ten un relevo cunha vertente costeira con fachada sedimentaria e acantilada. A metade sur está ocupada polo arco areoso da praia de Aguete e apoiada no seu estremo occidental na fachada na punta do Chirleu, onde se atopan as instalacións portuarias do club náutico.

     O resto da liña de costa repártese entre pequenas calas de depósitos areosos con tramos de acantilados baixos de perfil aserrados pola erosión nos materiais esquistosos.

     A prolongación continental establecese a través dunha ladeira regular de pendente suave a moderada, cuxa cabeceira se sitúa no seu punto culminante por baixo dos 200 msnm sen relevos especialmente significativos. Presenta depósitos de area cuaternarios.


Usos do chan
     Destaca o uso do chan turístico-residencial, sobre todo nas zonas mais achegadas a costa. Séguense mantendo os cultivos tradicionais de autoconsumo, tales como pataca, hortalizas, e en menor medida millo.

Etimoloxía
     Seixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra'). Polo que se chama Seixo a aqueles lugares enclavados en zonas pedregosas ou con algunha gran pedra destacada.


Demografía
     A parroquia de Seixo é a terceira máis habitada do concello de Marín, tras Marín e San Xián.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.050 habitantes (1.027 homes e 1.023 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.219 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.967 habitantes, sendo 996 homes e 971 mulleres. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2020 a poboación volve a descender contando con 1.888 habitantes.


Paraxes naturais
     Seixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. No ano 2019 ambos areais contaron con Bandeira Azul.

      A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sofre o embate constante das ondas e ao que se achegan os pescadores da zona a faenar.

     Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.


Edificacións de interese

      Entre as diferentes construción arquitectónicas que podemos atopar, destacan os Muíños que se atopan diseminados ao longo do Río Loira, Senda dos Muíños. Diferentes lavadoiros, entre o que destacan o Lavadoiro de Loira e o Lavadoiro de Soaxe

     O Pazo do Chirleu foi construído polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza preto do actual porto deportivo de Aguete.

Historia
     Foi creada en 1955 segregándose da de Santo Tomé de Piñeiro.


Festas e celebracións
    San Brais (3 Febreiro)
    Entroido (Desfile da Chirica) Organizado polo Grupo Cultural Ronsel (Febreiro ou marzo)
    Tradición da Colocación das Xestas (30 Abril)
    Festividade dos Maios (1 Maio)
    Luminarias de San Xoán (23 Xuño)
    Luminarias de San Pedro (9 Xuño)
    Festas da Nosa Señora do Carme (16 Xulio)


Lugares de Seixo
     Aguete, Bexe, A Brea, O Castro, O Con, Currás, Loira, Montecelo, Seixo, Soaxe, A Torre  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUÍÑO DE SOUTO DA RÚANOVA - RÍO LOIRA - SANTA MARÍA DO CAMPO - MARÍN

MUÍÑO DE SOUTO DA RÚANOVA 

RÍO LOIRA

SANTA MARÍA DO CAMPO

MARÍN


O Campo
     Santa María do Campo é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 374 habitantes (199 mulleres e 174 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 373 habitantes.


     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 344 habitantes, sendo 173 homes e 171 mulleres.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo de orixe románica, de finais do século XII e comezos do XIII. Desa época consérvase un arco triunfal no interior, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio rectangular.


     A nave é do século XVI, mantendo unhas pinturas murais góticas en mal estado de conservación. Pertenceu á Encomenda de San Xoán.


Lugares do Campo
     Ameal, Oubiña, A Rúa Nova, Sobreiras

Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.


     A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.


     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.


     É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia).


     Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).


     É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.


     A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

     O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino.

     Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUÍÑO DE MEIRÁN DE FIXÓN - FIXÓN - RÍO LOIRA - SAN TOMÉ DE PIÑEIRO

 MUÍÑO DE MEIRÁN DE FIXÓN

FIXÓN

RÍO LOIRA

SAN TOMÉ DE PIÑEIRO


  San Tomé de Piñeiro
     San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.

     Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1059 habitantes (524 homes e 535 mulleres). A parroquia ten 12 entidades de poboación.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro. Ten planta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal. Na súa capela maior ten un retablo barroco de marcada influencia portuguesa.

     A cabeceira poligonal aséntase sobre tres rebancos que leva en cada un dos catro vértices unha grosa columna sobre podio que chega até o beirado con capiteis case cúbicos e de basta labra de entrelazos. Esta estrutura columnaria define cinco panos. Nos tres centrais ábrese un ventanal de medio punto adoelado pero de arestas vivas que acolle unha seteira. Unha imposta de dupla moldura percorre os tres primeiros panos á altura dos peitorís das fiestras. Os canzorros son de proa de nave.

     O interior ten un elegante arco triunfal, con dúas arquivoltas apuntadas de rosetas, a interior de aresta viva e a exterior de mediacana combinada con escocia e tetrapétalas trasdosada por chambrana xadrezada. Outro arco faixón apuntado axuda a soster a bóveda de canón. Os catro capiteis que sosteñen estes arcos son variados: un de entrelazos, outro de follasrematadas en espiral e os outros dous teñen esculpidos cadrúpedos alternados con homes ou anxos.

     Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.

Cultura
     A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro. Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.

Lugares de San Tomé de Piñeiro
     Allariz, Cadrelo, Cernello, A Esperela, Fixón, O Igrexario, Miñán, O Pereiro, O Pozo, Silvestre, A Troncosa


Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.


     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico. É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia).


     Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²). É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.


     A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.


     O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino.

     Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA