martes, 18 de febrero de 2020

MUIÑOS EN AS TARAS - AS TARAS - RÍO LEREZ - POSMARCOS - A POBRA DO CARAMIÑAL

 MUIÑOS EN AS TARAS
RÍO LEREZ
AS TARAS
POSMARCOS
A POBRA DO CARAMIÑAL


As Taras
     As Taras é un lugar da parroquia de Posmarcos no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza.



     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 3 habitantes (2 homes e 1 muller).



 Posmarcos
     Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Pobra do Caramiñal.



     Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 2.040 habitantes (1.051 mulleres e 989 homes) distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.343 habitantes.



Lugares de Posmarcos

     A Angustia, Armental, A Barreira, O Batán, Cadreche, O Campo, Campomuíños, A Canliña, Os Casás, O Conchido, A Conga, A Crocha de Levante, A Crocha de Poñente, O Cruceiro Novo, Entrerríos, O Foxo, O Freixo, O Hórreo, O Inferniño, A Lomba, A Mercé, Ouxo, O Pinal do Rei, A Ponte Barbanza, As Pontes, Portocarro, Portofreixo, O Pumadiño, A Recosta, Rego de Horta, A Ribeiriña, O Río Lérez, Saborido, San Paio, O Sanguilexo, Santo Isidro, As Taras, Vilariño, Vilas



Comarca de Barbanza
     A comarca de Barbanza, ou comarca da Barbanza (ou máis simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza), é unha das comarcas oficiais de Galicia.



     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.



     Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.



Parroquias da Pobra do Caramiñal

     O Caramiñal (Santa María a Antiga), Lesón (Santa Cruz), Posmarcos (Santo Isidro), O Santiago do Deán ou Castelo (Santiago), O Xobre ou O Maño (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ DE CACHEIRO - A CANICOUVA

CRUZ DE CACHEIRO
CACHEIRO
CANICOUVA


     Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños.



      Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas recordan tráxicos sucesos ocurridos nese lugar.



     A que hoxe publicamos esta a beira do Camiño Portugués a Santiago no lugar de Cacheiro da parroquia da Canicouva.



     Esta cruz sirve de "marco" que divide as parroquias de A Canicouva do Concello de Pontevedra coa parroquia de San André de Figueirido do Concello de Vilaboa.



     A Cruz estibo desaparecida uns anos porque foi roubada e despois dun tempo  foi localizada e devolta o seu lugar.



Cacheiro
     Cacheiro é un lugar da parroquia da Canicouva, no concello de Pontevedra. Segundo o IGE no 2013 tiña 78 habitantes (33 homes e 45 mulleres), 7 menos ca no ano 2010 e 33 menos ca no 2004.



     Está situado ao suroeste da parroquia, xa lindando co lugar de Paredes (concello de Vilaboa). 


     En Cacheiro está a ermida de San Amaro. Por este lugar discorre o camiño portugués. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MANANTIAL BALNEARIO DE CABREIROÁ - VERÍN - OURENSE

MANANTIAL BALNEARIO DE CABREIROÁ
VERÍN
OURENSE


Aguas de Cabreiroá
     Aguas de Cabreiroá é unha empresa galega de bebidas con sede en Cabreiroá (Verín). 


     Foi fundada por José García Barbón en 1906. A empresa é propiedade de Hijos de Rivera.


Historia
Balneario
      A finais do século XIX as xentes do lugar ían a un manancial para curar as doenzas do aparato dixestivo, e o párroco acondicionou a zona, e promoveu a construción dunha fonte. 


      O empresario Xosé García Barbón encargou estudos químicos sobre as augas, e adquiriu a fonte e os terreos dos arredores, levantando unha construción de estilo modernista para acomodar ás xentes que visitaban a zona. 
 

     En 1906 creouse a empresa Aguas de Cabreiroá, cunha planta de embotellamento. En 1907, encargouse unha nova análise ao doutor Santiago Ramón y Cajal, que certificou as súas propiedades mineiro-medicinais. Nese mesmo ano iniciáronse as obras do hotel-balneario. 


     As instalacións incluían un parque de 5 hectáreas con 2000 árbores de 72 especies distintas.



Manancial
     Á morte de García-Barbón, o balneario pasou a mans do seu neto, Benigno Salgueiro García-Barbón, que á súa vez morreu en 1931, pasando entón á súa viúva, Cecilia de Espínola. 


     Entre novembro de 1936 e marzo de 1937, logo do inicio da guerra civil española, o hotel-balneario pasou a ser hospital de campaña, acollendo militares do bando nacional que combatían na fronte de Asturias. 
 

     O hospital contaba con material incautado ao médico Carlos Reino Caamaño, que fora elixido alcalde de Verín en xullo de 1936 por Izquierda Republicana.


     A actividade de envasado de auga proseguiu no tempo. Na década de 1990, entrou no accionariado Hijos de Rivera, que en 2006 tomou o control de toda a empresa.


     En 2008, déronse varios casos de intoxicación por auga adulterada en Ourense. A empresa considerou o acontecido como unha sabotaxe a súa marca. O sector respondeu trocando o peche das botellas, deixando os tapóns de presión con precinto de plástico por tapóns de rosca.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO EN PARAÑOS - PARAÑOS - CARBALLEDO - CERDEDO COTOBADE

MUIÑO EN PARAÑOS
PARAÑOS
CARBALLEDO
CERDEDO COTOBADE


Carballedo
     San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 


     Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.


     O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.


Patrimonio

     No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro, e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana.



     No lugar da Braña está situado o pazo da Braña, do século XVIII. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.


Lugares de Carballedo
   A Asperiña, O Berberote, A Braña, A Chan, O Comareiro, A Cuqueira, Doade, A Igrexa, A Lomba, Paraños, Pazos, Silvela, Sión, Trabazo.



Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.



     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².



     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.



Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.



Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras.



Cotobade
     En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.



    O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74)



Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.



Patrimonio arquitectónico

    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.



Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.



Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA