sábado, 15 de febrero de 2020

YAYO DAPORTA E ROBERTO FILGUEIRA DAN UNHA VOLTA A FOLLOA DE LESTEDO - BOQUEIXÓN

YAYO DAPORTA E ROBERTO FILGUEIRA
DAN UNHA VOLTA A FILLOA
LESTEDO
LESTEDO
BOQUEIXÓN
SANTIAGO DE COMPOSTELA


Yayo Daporta e Roberto Filgueira dan unha volta a filloa tradicional cos recheos máis orixinais


Unha filloeira elabora o produto en directo durante todo o día para a súa degustación no mercado de Boanerges


     A Asociación Cultural da Filloa e o mercado Boanerges organizan en colaboración co concello de Boqueixón a xornada A Filloa de Lestedo en Boanerges. Dende as 12:00 ata as 20:00 horas unha filloeira tradicional elaborou en directo este produto típico da gastronomía galega para a súa degustación por parte de todos os visitantes ao Mercado de Boanerges. Se ben, o prato forte estaba reservado para a hora da cea, cando os chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira entraron en acción para elaborar catro exclusivas tapas coa filloa como protagonista.

     Yayo Daporta elaborou un novo concepto de taco de cocido galego cunha filloa, ofrecendo así unha versión moi galega dun produto típico da gastronomía mexicana. Por outra banda, quixo tamén dar presenza aos produtos de mar cunha filloa rechea de xurelo a brasa con pan de millo.

     As propostas de Roberto Filgueira tamén tiveron en conta os produtos do mar e da terra, así unha das súas tapas era unha filloa rechea de grelo e porco celta, e a outra unha filloa rechea de alga codium e polvo.



     Pola súa parte, a filloeira que chegou ás 12:00 horas ao Mercado de Boanerges, dispuxo un total de 50 litros de preparado para elaborar preto de 2.000 filloas ao longo de toda a xornada.

     Ao evento gastronómico asistiron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canaval, o Delegado Territorial da Xunta para provincia de Coruña, Ovidio Rodeiro Tato e o director do Mercado de Boanerges, Manuel López. O rexedor destacou “a importancia deste tipo de eventos para dar a coñecer o potencial da filloa tradicional de Lestedo” e agradeceu a colaboración ao Mercado compostelán, pois “este tipo de sinerxias son moi beneficiosas para todas as partes”, e salientou “a boa disposición que en todo momento amosaron para desenvolver esta xornada de posta en valor da Filloa de Lestedo”. 



     “A filloa incítame tradición, é un prato tan simple como mesturar fariña e auga pero é un estandarte da tradición gastronómica de Galicia. E por iso dende o Mercado Boanerges sentímonos moi orgullosos de poder acoller a presentación da Filloa de Lestedo”, sinalou Manuel López.



     Esta iniciativa de posta en valor da Filloa de Lestedo está cofinanciada polo GDR Terras de Compostela. O presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal Vázquez, agradeceu o apoio desta entidade para dar a coñecer a valía dos produtos tradicionais do municipio. A acción está encadrada dentro da Medida Leader Galicia 2014-2020-Submedida 19.4 Promoción Territorial, no proxecto Sabores do Territorio. 


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Nós Comunicación
XOAN ARCO DA VELLA

EXPOSICIÓN ÁLEX VÁZQUEZ - MUSEO M. TORRES - MARÍN

EXPOSICIÓN ÁLEX VÁZQUEZ
MUSEO M. TORRES
MARÍN


     Ata o domingo 23 de febreiro, as persoas afeccionadas á arte e ás flores teñen a oportunidade de achegarse ata o Museo Manuel Torres de Marín. Neste espazo atópase unha mostra pictórica do artista vigués Álex Vázquez.


     Esta semana inaugurábase esta exposición coa presenza da alcaldesa María Ramallo; da presidente da asociación cultural Amigos do Camiño Portugués a Santiago, Tino Lores; a expresidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.


     A mostra nacía como continuidade da III Mostra Camelias e Mar que se realizaba en Marín na que tamén se podían contemplar obras do veterano pintor paisaxista.


ALEX VÁZQUEZ
     Álex Vázquez - Palacios Gómez (Vigo, 1946) nace no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego onde, dende moi temprana idade, mostra claras aptitudes cara ao mundo da cultura e a arte.



     O seu pai, Isidro Vázquez Palacios, pioneiro da actividade creativa a nivel publicitario dentro de Galicia, e o seu tío, Antonio Palacios Ramilo, afamado arquitecto porriñés, estimularon en Álex a profunda vocación artística que marcou toda a súa traxectoria profesional.



     En paralelo vai trazando a súa traxectoria pictórica partindo do realismo dos seus comezos e queimando distintas etapas con notable valentía: figura, retrato, mariñas, paisaxe urbana, ata o informalismo das súas actuais creacións.



       Álex Vázquez conta cunha ampla traxectoria. O seu innegable talento abriulle as portas de moi distintas galerías e centros de prestixio en España e Portugal, onde a súa obra vénse expoñendo con regularidad. Cabe destacar tamén as súas importantes achegas ao campo do deseño gráfico e conceptual.



Museo Municipal Manuel Torres
     Dirección: 3, Avenida de Ourense, 36900 Marín, PO

     Teléfono: 986 89 11 86


  SABER MÁIS DE ÁLEX V.  PICA EL ENLACE
SABER MÁIS DE ÁLEX V.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Pontevedra Viva
Fotos de la Expo: Pilar Gómez Buhigas

viernes, 14 de febrero de 2020

PONTE DE CONCELIÑAS - RÍO MAO - FORCAS - PARADA DE SIL

PONTE DE CONCELIÑAS
RÍO MAO
FORCAS
PARADA DE SIL


     É esta unha ponte medieval, e de posible orixe romana, xa que se atopa nun camiño de entrada á Ribeira Sacra dende a zona de Caldelas.



      Hai quen sostén que por aí pasaba a Vereda Maiore romana que enlazaba coa Vía XVIII.



      Esta ponte permitíu, xunto con outros elementos xerar unhas sinerxias no terriotorio que explican a aparición de vías totalmente empedradas. Hoxe forma parte da ruta PRG-177.


     A ponte conta cun panel explicativo sobre o método de construcción.


      Dende a ponte poden observarse importantes fenómenos xeolóxicos.



Acceso
      Dende Parada de Sil, debe continuarse o percorrido pola estrada OU-0604, Parada de Sil–Vilariño frío, e a 8,5 kilómetros tomamos unha estrada municipal a esquerda dirección Verengo-Forcas.


     Unha vez chegamos a Forcas, continuamos pola única estrada existente e a 300 metros vemos un camiño que descende a Conceliñas e está sinalizado.



Forcas
     San Mamede de Forcas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 74 habitantes, deles 35 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2000.


     Nesta parroquia atopouse a espada de Forcas, unha espada da idade de bronce conservada no museo arqueolóxico de Ourense. Sobre o río Mao hai unha ponte románica con marcas de canteiro.


Lugares de Forcas
     As Cerdeiras, Cortiñas, Forcas, A Miranda, O Pombar, A Senra, Vilar

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Xunta de Galicia
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 13 de febrero de 2020

MUIÑO NO CAMPO DA CHAN - REGO DE CAMPO DA CHAN - - BUCHABADE - SANTA ANA - PONTE CALDELAS

 MUIÑO NO CAMPO DA CHAN
REGO DA CAMPO DA CHAN
SANTA ANA
BUCHABADE
PONTE CALDELAS


Buchabade
     Buchabade é un lugar da parroquia de Tourón, no noroeste do concello pontevedrés de Ponte Caldelas, lindando cos lugares de Tourón, Vilarchán e Parada.


     O barrio é máis coñecido polo nome de Santa Ana, debido á situación no lugar da capela de Santa Ana.


     Buchabade atópase comunicada con Pontevedra e Ponte Caldelas a través da estrada autonómica PO-532.


Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


     Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.


Xeografía e patrimonio
     Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.


     Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.


     Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. 



      O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.


Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón. A Reigosa, Tourón, Vilarchán


Parroquias de Ponte Caldelas    
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

37ª FESTA DA FILLOA DE LESTEDO - BOQUEIXÓN

37ª FESTA DA FILLOA
LESTEDO
BOQUEIXÓN


Boqueixón presenta o programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo
     Dúas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia celébranse de forma paralela nunha única xornada no mesmo espazo


     O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández  Munín, o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal presentaron no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o programa da 37ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o 1 de marzo.

     O alcalde de Boqueixón destacou nesta presentación que a Festa da Filloa é “unha das celebracións da nosa vila das que nos sentimos máis orgullosos” despois de 37 edicións. Como explicaron de novo a Festa da Filloa compartirá protagonismo cos Xenerais da Ulla, o que fai que esta data sexa única, posto que na mesma xornada coinciden dúas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Pola súa parte, Ovidio Rodeiro destacou que aínda que “as administracións, como a Xunta e o Concello, procuramos aportar un soporte institucional e material, pero todo o mérito desta historia de éxito é exclusivamente dos veciños e veciñas de Lestedo”, e ademais sinalou que é importante ver cada ano como o relevo xeracional esta garantizado.


     A partir de hoxe, comezan intensas semanas de promoción da Festa da Filloa. O vindeiro xoves 13 de febreiro, o mercado de Boanerges en Santiago de Compostela acollerá un evento gastronómico cos chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira, que elaborarán entre as 21:00h. e as 22:30h. en directo catro tapas coa filloa como protagonista, que se venderán a un prezo de 3 euros, ó longo da xornada unha filloeira tamén elaborará filloas no mercado cun custe de 4 filloas a 1€. E a partir do 20 de febreiro e ata o 29 unha filloeira elaborará de xeito tradicional as filloas de Lestedo na cafetería do Centro Comercial El  Corte Inglés.

     O 15 de febreiro no Local Social de Lestedo terá lugar un taller de cociña infantil e xuvenil para que as novas xeracións aprendan a elaborar a filloa tradicional. O prazo para inscribirse a este obradoiro estará aberto ata o 14 de febreiro.

     Dende o 24 de febreiro ata o día 29, desenvolveranse as V Xornadas Gastronómicas da Filloa en diferentes establecementos hostaleiros de Boqueixón, onde se ofrecerán innovadoras e creativas tapas con base na filloa e os máis innovadores recheos. Os establecemento participantes son: Bar- Restaurante "O Imprevisto", Restaurante "Vía da Prata", Casa de Xantar "Casa Castro", Cervexería "O Vikingo", Restaurante "Vente Vindo", Café Bar "O 26" e o Bar "O Tapeo".


Programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo
      “Un ano máis presentamos un programa moi completo para festexar as grandezas da gastronomía galega e a nosa tradición”, sinalou Manuel Fernández Munin durante a súa intervención. O programa da Festa da Filloa o 1 de marzo inclúe degustación de filloas –doces e salgadas- dende media mañá e parranda de entroido ás 12:00 no campo da Festa, para despois dar paso a un intenso programa con moitas actividades das dúas festas de Interese Turístico de Galicia.

     O V Gran Desfile dos Xenerais do Ulla terá lugar ás 12:30 horas, os Xenerais, correos e soldados farán un percorrido para rematar no Campo da Festa, onde lles esperará  a actriz María Mera para presentar o pregón do xornalista de Radio Voz, Pablo Portabales. E como broche final á unha intensa mañá, Tania Veiras e O Recobio amenizará a sesión vermú.

     Ás 17:30 presentaranse ós famosos Altos dos Xenerais da Ulla,  que mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor falarán de política e temas de actualidade. E xa a partir das 18:30 dará comezo a verbena a cargo das orquestras París de Noia e Gran Parada, que prolongarán as súas actuación ata as 00:00 horas da noite.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente y fotos: Nós Comunicación

XOAN ARCO DA VELLA