martes, 22 de octubre de 2019

MUIÑOS DE DAIÓN - A DEVESA - ARCADE - SOUTOMAIOR

 MUIÑOS DE DAIÓN
A DEVESA
ARCADE
SOUTOMAIOR


A Devesa
     A Devesa é un lugar da parroquia de Arcade, no concello pontevedres de Soutomaior na comarca de Vigo. 


     Tiña 638 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 322 eran homes e 316 eran mulleres.


Lugares de Arcade
     A Calle, A Devesa, A Xesteira, Arcade de Arriba



Arcade
     Santiago de Arcade é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior. 


     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 5.064 habitantes (2.540 homes e 2.524 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un grande aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.086 habitantes.


Comunicacións
     A localidade está atravesada pola N-550, que une Vigo e Tui e a fronteira portuguesa con Pontevedra, Santiago e A Coruña. 


     Conta cunha ligazón coa autoestrada AP-9 a poucos quilómetros e posúe un apeadoiro no que paran algúns trens rexionais e que forma parte do eixo atlántico ferroviario de alta velocidade.


Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. 


     Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio é «soutomaiorense».


Xeografía
     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.


     O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.



Economía
     Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.


     Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. 


     A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio minorista, empresas de transportes e restaurantes.


Historia
     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.


Patrimonio
     O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.


     No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. 
 

     Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. 
 

     Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.


      En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.


     A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. 


     Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).


     Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.


Parroquias de Soutomaior    
     Arcade (Santiago), Soutomaior (San Salvador)

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

IGLESIA DE SAN CIBRÁN DE PAREDES - O PICOUTO - PONTEAREAS

IGREXA DE SAN CIBRÁN DE PAREDES
O PICOUTO
PONTEAREAS 


Paredes
     San Cibrán de Paredes é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. 


     Segundo o INE en 2004 tiña 60 habitantes (33 mulleres e 27 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.


Lugares de Paredes
     O Picouto, O Ramallal, O Toucedo


Ponteareas
     Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.



Situación xeográfica
     Ponteareas ten unha superficie de 125,56 km². Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias. Sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda ó norte con Pazos de Borbén, ó leste con Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves, ó sur con Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e ó oeste con Mos e O Porriño e Mos.


     Dada a súa localización, conta con dúas vías de comunicación importantes como son a estrada N-120 e a autovía A-52, conectando a vila cos centros máis importantes do seu redor: Vigo a 25 km, Pontevedra a 45, Ourense a 75 e Portugal a 12.


Patrimonio
    Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas. Nunha das súas vivendas conserva un petróglifo que representa unha serpe enroscada a xeito heráldico, símbolo do castro coñecido de antigo que inspirou varias lendas.


    Sitio arqueolóxico do "Castro da Croa", sucesión de foxos á beira do río Tea insuficientemente estudados, aos que se lle asignou a función defensiva dun castro ou fortificación da idade de ferro, pero logo relacionouse cunha posible explotación aurífera, de confirmarse a hipótese, sería un bo representante das que se están a descubrir nesta década na conca do Miño.


    Ponte dos Remedios, ponte medieval mal chamada Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome á vila.


    Ponte das Partidas, ponte medieval ao sur da vila sobre o río Tea na parroquia de Moreira, de orixe romana.
 

    Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas.


    Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bólas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen apoio de ningún tipo.


Igrexas románicas:
        Igrexa de San Pedro de Angoares.
        Igrexa de Santo Estevo de Cumiar.
        Igrexa de San Salvador de Padróns.


    Castelo de Sobroso, situado no outeiro de Landín, dentro do distrito natural da Entidade Local Menor de Vilasobroso territorio orixinario do antigo Señorio de Sobroso, hoxe forma parte do veciño concello de Mondariz; dista sete quilómetros da Vila de Ponteareas, é unha propiedade mercada polo Concello de Ponteareas en Vilasobroso, no ano 1981 a Zita Teresa Carrera Ferreira, única herdeira de Alejo Carrera Muñoz,periodista veciño e natural de Vilasobroso, seu propietario dende 1923 a 1967 quen o restaurou -sen axuda do Estado- Destaca pola súa arquitectura medieval: ten muralla externa, estancias e torre da homenaxe. Foi escenario dos enfrontamentos entre Diego Sarmiento e Pedro Madruga ademais da revolta irmandiña no século XV.


     Ten unhas impresionantes vistas sobre o seu propio pobo -Vilasobroso- e máis de cincuenta pobos de Galicia ata a fronteira de Portugal. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de grande interese.


    O convento franciscano de San Diego de Canedo é un complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.


Festas e celebracións
     A festividade do Corpus Christi, o domingo seguinte ó xoves do Corpus, foi declarada en 2009 Festa de Interese Turístico Internacional.


Sendeirismo
     Ponteareas conta dende o 2009 cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 120 "Roteiro dos Penedos da Picaraña", apta para o turismo de natureza. Partindo do barrio da Serra, na parroquia de Arcos, ascende ata a Picaraña e retorna ata a Serra, percorrendo varios penedos: Pena do Equilibrio, Penedo da Chispa, Penedo da Fonte Santa etc.



 Parroquias de Ponteareas    
     Angoares (San Pedro), Arcos (San Breixo), Areas (Santa María), Arnoso (San Lourenzo), Bugarín (Santa Cristina), Celeiros (San Fins), Cristiñade (San Salvador), Cumiar (Santo Estevo), Fontenla (San Mamede), Fozara (San Bartolomeu), Guillade (San Miguel), Guláns (San Xulián), Moreira (San Martiño), Nogueira (San Salvador), Oliveira (Santiago), Padróns (San Salvador), Paredes (San Cibrán), Pías (Santa Mariña), Ponteareas (San Miguel), Prado (San Nicolao), Ribadetea (San Xurxo), San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo), San Mateo de Oliveira (San Mateo), Xinzo (Santa Mariña)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 21 de octubre de 2019

MAMOA DE MUNIXEITO - MAUS DE SALAS - MUIÑOS

 MAMOA DE MUNIXEITO
MAUS DE SALAS
MUIÑOS
OURENSE


     Os moitos ríos que surcan a zona propiciaron unha gran actividade muiñeira noutro tempo. Aínda hoxe nos recodos, medio ocultos entre a arboleda pódense contemplar os restos destas edificaciones típicas, lugar de encontro, de chismes e de lendas.


     Integrado no Parque Nacional do Xurés, Muiños ofrece unha paisaxe espectacular, un espléndido patrimonio e unha atractiva gastronomía.



     Por estas tres razoes, os turistas resérvanse o lugar dun ano para outro. O seu mar interior, o embalse das Conchas, propicia a práctica de deportes náuticos e a praia fluvial fai esquecer que Ourense é unha provincia do interior.



     Ermidas solitarias coas súas fontes de auga cristalina parecen gardar os recunchos sagrados que vixían o val. Como a Clamadoira, alá no alto desde onde se convocaba a loitar contra os mouros, segundo a tradición; ou a de Parada de Ventosa.



     Por este pobo pasaba a Vía Nova camiño da Limia polo Ponte Pedriña, que conservaba parte do seu aparello orixinal cando as augas do embalse o anegaron. En Santiago de Couso o inacabado santuario dos Milagres, empezado a construír no século XIX, é unha mostra do ambicioso proxecto.



      A Virxe da Aparecida é outra das ermidas que merecen unha visita. A súa fonte ten fama de milagrosa.



     Requiás era lugar de paso para os peregrinos que ían a Santiago de Compostela. A súa igrexa está dedicada o Apóstolo e no pobo hai unha casa que foi hospital de peregrinos. A parroquial de Mugueimes, coa súa orixinal torre hexagonal tamén merece unha visita.



     En Maus de Salas atópase o centro prehistórico máis importante da provincia de Ourense.



      Descubríronse máis de cincuenta mámoas con restos de cerámica do tipo campaniforme nas súas dúas modalidades, de casquete esférico e de fondo convexo e corpo cilíndrico con decoración de bandas en puntillado.



     Os dólmenes da Casiña dá Moura e a Casola do Foxo están situados á beira do embalse.



     No mesmo val pódense ver as mámoas de Outeiro de Cavaladre, todas elas en recintos protexidos dotados de paneles informativos.



     Segundo os expertos, Muiños é unha zona sen explorar á espera de que algunha comisión arqueológica dispóñase a desentrañar os segredos dos primeiros asentamientos humanos daquelas terras.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA