lunes, 25 de diciembre de 2017

IGLESIA DE SANTA MARÍA DE GOÓ - O INCIO

IGLESIA DE SANTA MARÍA DE GOÓ
GOÓ
O INCIO
LUGO


Goó
     Santa María de Goó é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 76 habitantes, deles 33 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón que non medraron nin se perderon habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
     Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María de Goó.



Lugares de Goó
     Goó, Lebaste, Mosteiró, A Pereira de Arriba



Igrexa de Santa María de Goó

     A igrexa de Santa María de Goó é o templo parroquial de Goó (O Incio). Mantén en bo estado a primitiva fábrica do románico tardío, agás na fachada, no acceso principal e no vello campanario, reconstruído a mediados do século XVIII.



Arquitectura
     O templo é de planta rectangular, con muros feitos de laxas de lousa e rematados por unha cornixa corrida sobre modillóns biselados. En cada lateral hai cadansúa ventá rematada en arco de medio punto con amplo derramo interior. Pódese admirar o arco triunfal que parte dunhas pilastras lisas e remata en arco de medio punto, mentres que a ábsida pola súa parte exterior atópase reforzada por seis contrafortes levantados ao longo do seu perímetro. A sancristía é moi posterior ao templo e constitúe un mero engadido ao mesmo.



     A pobreza dos materiais empregados e unha case total ausencia de motivos decorativos chocan notablemente coa riqueza artística e ornamental dos seus retablos. No interior, atopamos o retablo maior que ocupa toda a parte posterior da ábsida, á que se adapta totalmente. Consta de cinco fornelas separadas entre elas por seis columnas salomónicas. Caracterízao un puro estilo rococó, e posiblemente foi tallado cara aos primeiros anos do século XVIII.


     Atópase un interesante sagrario cunha portiña que ten unha representación do Agnus Dei e anxelotes.


     O retablo lateral esquerdo, ao igual que maior, foi realizado sobre a segunda metade do século XVIII, pero cunha decoración máis austera. Na parte inferior deste retablo atópase unha serie de pequenas escenas da Paixón do Señor.


O Incio
     O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1.797 habitantes (2.236 no 2006, 2.297 no 2005, 2.358 no 2004, 2.406 no 2003).



     Ten unha superficie de 143 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.
     No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.



Montes:
     Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
Ríos:
     Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoy, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.



Regatos:
     Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara) , San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freiseiro e Nogueirido.



Precipitacións:

     1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
Temperatura media anual:
     12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).



Patrimonio
     Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.
     Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.
    Toldaos en Santa María de Rendar
    A Medorra do Castro en Mao
    Castros de Lebon e O Castro (Reboiro)
    Castro de Belesar (Vilasouto)
    Pedra de San Mamede e Pena Escrita (Trascastro)
    Pena da Escrita (Rendar)
    Agro do Pepe, Penedo da Ferradura (Vilasouto)
    Castro de Santa Icía (Pacios)



     Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.



Festividades
    San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
    Santa Lucía, na Cervela.
    San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.



Comarca de Sarria
Poboación   
     23.720 hab. (2014)
Densidade   
     28,36 hab./km²
Concellos   
     O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela



     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.
     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.



Parroquias do Incio   
     Bardaos (San Xoán), Castelo de Somoza (San Tomé), A Cervela (San Cristovo), Covela (San Pedro), Eirexalba (Santo Estevo), Foilebar (Santa María), Goó (Santa María), O Hospital (San Pedro Fiz), O Incio (Santa Cruz), Laiosa (San Martiño), Noceda (San Xoán), Pacios (Santa María), Reboiro (Santa María), Rendar (Santa María), Rubián de Cima (San Vicenzo), San Pedro do Incio (San Pedro), San Román do Mao (San Román), San Salvador do Mao (San Salvador), Santa María do Mao (Santa María), Santa Mariña do Incio (Santa Mariña), Santalla de Bardaos (San Xulián), Sirgueiros (San Xoán), Toldaos (Santiago), Trascastro (Santalla), Vila de Mouros (San Miguel), Vilarxoán (San Lourenzo), Vilasouto (San Mamede), O Viso (Santa Cristina)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 24 de diciembre de 2017

FERVENZA DE A AIRELA - TRASCASTRO - O INCIO

FEVENZA DE A AIRELA
REGO TRAS DA DEVESA
SANTALLA DE TRASCASTRO
O INCIO


Santalla de Trascastro
     Santalla de Trascastro é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 87 habitantes, deles 46 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.



O Incio
     O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1.797 habitantes (2.236 no 2006, 2.297 no 2005, 2.358 no 2004, 2.406 no 2003).



     Ten unha superficie de 143 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.
     No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.



Montes:
     Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
Ríos:
     Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoy, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.



Regatos:
     Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara) , San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freiseiro e Nogueirido.



Precipitacións:

     1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
Temperatura media anual:
     12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).



Patrimonio
     Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.
     Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.



    Toldaos en Santa María de Rendar
    A Medorra do Castro en Mao
    Castros de Lebon e O Castro (Reboiro)
    Castro de Belesar (Vilasouto)
    Pedra de San Mamede e Pena Escrita (Trascastro)
    Pena da Escrita (Rendar)
    Agro do Pepe, Penedo da Ferradura (Vilasouto)
    Castro de Santa Icía (Pacios)



     Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.



Festividades
    San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
    Santa Lucía, na Cervela.
    San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.



Comarca de Sarria
Poboación   
     23.720 hab. (2014)
Densidade   
     28,36 hab./km²



Concellos   
     O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela



     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.



     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.



Lugares de Trascastro
     A Airela, A Ferrería, A Moura, A Raxoá, Trascastro



Parroquias do Incio   
     Bardaos (San Xoán), Castelo de Somoza (San Tomé), A Cervela (San Cristovo), Covela (San Pedro), Eirexalba (Santo Estevo), Foilebar (Santa María), Goó (Santa María), O Hospital (San Pedro Fiz), O Incio (Santa Cruz), Laiosa (San Martiño), Noceda (San Xoán), Pacios (Santa María), Reboiro (Santa María), Rendar (Santa María), Rubián de Cima (San Vicenzo), San Pedro do Incio (San Pedro), San Román do Mao (San Román), San Salvador do Mao (San Salvador), Santa María do Mao (Santa María), Santa Mariña do Incio (Santa Mariña), Santalla de Bardaos (San Xulián), Sirgueiros (San Xoán), Toldaos (Santiago), Trascastro (Santalla), Vila de Mouros (San Miguel), Vilarxoán (San Lourenzo), Vilasouto (San Mamede), O Viso (Santa Cristina)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO CUBO - MUIÑOS DE A ROCHA - ARBO

 MUIÑOS DO CUBO
MUIÑOS DA ROCHA
MOURENTÁN
ARBO


Muiños de Rocha
     Un percorrido no cal podemos visitar catro muíños excelentemente restaurados: o Muíño do Coto; o da Cuca; o do Medio e o do Cubo.



     Ademais, dous deles conservan todos os aparellos e mobiliario necesario para moer.


Mourentán
     San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo.



     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 571 habitantes (282 homes e 289 mulleres) distribuídos en 63 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 738 habitantes.



A Rocha
     A Rocha é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. 



     Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).


Lugares de Mourentán
     A Abelenda do Cuarto, Agroi, O Canaval, O Carballal, A Carballeira, A Casanova do Cuarto, A Cavada, As Cavadas, A Choia, A Corredoira, As Corvaceiras, O Coto de Barcia, O Coto de Covas, O Coto de Sande, Covas de Abaixo, Covas de Arriba, O Covelo, A Cruz, A Cuqueira, O Currillo, Os Doños, A Eira, O Eirado, A Ermida, Esmoriz, A Fenteira, Fontán, A Fraguiña, A Igrexa, A Ladeira, A Lomba, Louredo, O Mato, O Meixoeiro, As Negráns, A Nogueira, Novás, O Outeiro de Abelenda, Paravedra, O Pazo de Sande, A Pereira, O Pibidal, Pimende, O Pombeiro, A Portela, O Pozo | Rande, O Reguengo, Riás,  A Rocha, A Rotea, San Roque, As Searas, O Souto, O Toural, Trabazos, Valiño, A Valouta, A Ventana, O Vieiro, Vilariño, Xixáns, O Xumezo



Parroquias de Arbo
     Arbo (Santa María), Barcela (San Xoán), Cabeiras (San Sebastián), Cequeliños (San Miguel), Mourentán (San Cristovo), Sela (Santa María)



Montes da Paradanta
     Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza.



     Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.



     O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 21 de diciembre de 2017

FELICES FIESTAS, FELIZ 2018

FELIZ NAVIDAD
FELIZ 2018
FELICES FIESTAS


     Gracias por acompañarnos este año, ustedes son el motivo que nos impulsan a trabajar cada día más y si puede ser mejor



      Pero queríamos tener un detalle en este día tan especial con nuestros seguidores en las redes sociales y en el blog a lo largo de este año. 



     Y es que sois muchos los que nos acompañáis cada día, los que habéis estado con nosotros en todo momento a lo largo de este año, ha sido un año muy especial para nosotros y habéis estado a nuestro lado en los mejores y peores momentos, los que nos animáis cada día a hacer más cosas de nuestra Galicia y descubrir los miles de Paraísos que esconde.


Muchisimas gracias a los que nos acampañais en muchas de nuestras aventuras, gracias.


GRACIAS, FELIZ AÑO

     Para este año pedimos a todos y todas, intentar ser felices y ayudar a hacer felices a otros y otras, se puede... cuesta nada..... abrazos...


CARMEN LOPEZ

XOAN
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube