jueves, 11 de diciembre de 2025

SARTEGO DOBLE DE ALBÁ - SANTIAGO DE ALBÁ - PALAS DE REI

 SARTEGO DOBLE DE ALBÁ

SANTIAGO DE ALBÁ

PALAS DE REI

     Tumba antropomorfa de orixe sueva, de arredor do século VI, conforme recolle o cartel explicativo que a acompaña. 

     Atópase na aldea de Albá usada como pía para darlle de beber aos animais. 

     Ten a particularidade de amosar na pía espazo para albergar dous corpos, como se deduce do rebaixe dobre da parte superior do elemento que correspondería coas cabezas. 

     O sartego atópase moi preto da entrada da Igrexa de Santiago de Albá, e está nunha praciña ao lado dunha fonte e un cruceiro, e próxima a un peto de ánimas. 

      Decidiron deixala alí para ese uso despois dunha pequena remodelación da praza, pois era a súa función acostumada dende tempo inmemorial.  

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SANTIAGO DE CARRACEDO - CARRACEDO - A PEROXA

 IGREXA DE SANTIAGO

CARRACEDO

A PEROXA

     Igrexa de estilo barroco do século XVII con remodelacións posteriores.

      Localizada sobre un pequeno promontorio, con cemiterio e casa reitoral. 

     Posúe escudos pétreos, cornixa, pináculos e espadana, ademais dunha planta de cruz latina que ten os brazos do cruceiro circulares, rematados por unha lanterna. 

Carracedo
      Santiago de Carracedo é unha das parroquias máis grandes do concello ourensán da Peroxa. 

      Segundo o INE en 2008 tiña 206 habitantes (91 homes e 115 mulleres), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 275 habitantes.

Festas
      A primeira fin de semana de febreiro celébrase San Brais. A segunda fin de semana de setembro celébrase a festa na honra de Nosa Señora do Amparo. 

      Tamén hai outras festas durante o ano, como o Amparo pequeno en maio, a festa do emigrante no verán ou o magosto en novembro.

      En xullo de 2008 celebrouse o primeiro festival Amparock, con catro grupos de rock, un dos Peares, un de Coles, e dous de Ourense.

     O campo do Amparo, é unha carballeira que dispón de mesas e bancos de pedra, fonte, baños, e grella.

Lugares de Carracedo
      Areas, As Barras, Barrio, Carracedo, O Coto, Diarada, Outeiro de Carracedo, Pacio, Pedreir,| A Recheda, Reza, Ribas, San Martiño, San Paio, Sandamiro, Solleira, Vilaboa, Vilamaior, Vilar de Carracedo 

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

      Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PEDRA DA AUGA OU CHAN DO MARCO - LUNEDA - A PORTELIÑA - A CAÑIZA - AS NEVES

 PEDRA DA AUGA

CHAN DO MARCO 

LUNEDA

A PORTELIÑA 

A CAÑIZA - AS NEVES

     Este conxunto de pedras conforman o denominado Chan do Marco, que marcan as extremas dos concellos de As Neves e A Cañiza. 

     Trátase dun conxunto de esteos entre os que destacan dous deles de forma piramidal; un de pequeno tamaño cunha cruz gravada, e outra de maior tamaño con tres cruces gravadas en tres das súas caras.

      Este marco ten propiedades milagreiras relacionadas cos ritos de fecundidade, sobre todo coas rogativas da choiva ou do sol.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 


miércoles, 10 de diciembre de 2025

CRUZ DA COSTA DO CARBALLO - RUBILLÓN - BAÍSTE - AVIÓN

 CRUZ DA COSTA DO CARBALLO

RUBILLÓN

BAÍSTE

AVIÓN

 Rubillón
      Rubillón é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión, na comarca do Ribeiro. 

      Segundo o INE e do IGE en 2011 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), dous menos ca en 2010 (33 homes e 33 mulleres). Segundo o IGE en 2009 tiña 67 habitantes (35 homes e 32 mulleres), 27 menos ca en 1999.

      A aldea ten numerosas vivendas de construción recente, propiedade de emigrantes retornados de México. A súa arquitectura contrasta coas casas vellas de construción popular, moitas delas en situación de abandono.

       Neste lugar e mais no de Baíste rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción en 1984.

Baíste
      Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

     Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Poboación
     Segundo o IGE en 2017 tiña 160 habitantes, 86 menos ca en 2010 (116 homes e 130 mulleres) e 166 menos ca en 2000.

Cultura
      Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares. Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.

     No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.

     Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984). 

Lugares de Baíste
     Acevedo, Baíste, Liñares, Rubillón  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CRUZ NA FONTE SANTA - A FONTE SANTA - BARCIA DE MERA - COVELO

 CRUZ NA FONTE SANTA

A FONTE SANTA

BARCIA DE MERA

COVELO

      San Xoan de Mosteiro e o seu ámbito, esconde a historia máis antiga da parroquia de Barciademera, no concello de Covelo. 

     Neste lugar, no máis profundo do canón polo que discorre o Rio Alén (afluente do Tea) encontramos unha paraxe esquecida durante anos na que nos trasladamos a outra época, pode que a outra dimension, ao mais alla, todo parece estar rodeado de misterio, nótase cada paso que se dá.

 "A Fonte Santa".
      É de aparencia moi similar á que existe detras da capela de San Xoan, e nas súas inmediacións aprécianse restos de distintos muros que supostamente pertenceron a un antigo mosteiro benedectino que daría o nome a San Xoan de Mosteiro. 

     Sería ademais outra das causas que orixinarían o gran desgaste do camiño empedrado que estamos a percorrer. Impresionante empredrado que nos fai transladar a tempos pasados.

     A tradición popular conta que neste apartado lugar se realizaban as execucións por parte da Inquisición, e que esa é a causa de que se amoreen sobre esta fonte unha enorme cantidade de cruces, tanto de pedra coma de madeira, en recordo á gran cantidade de victimas aqui xerada. 

     Cóntase que este lugar quedou sepultado por un corremento de terra e que foi redescuberto polo párroco alá por 1900, e que se rescatou a súa historia do esquecemento porque algúns veciños aínda recordaban os relatos dos seus antepasados acerca da Fonte Santa de San Xoan de Mosteiro

A impresionante Fonte Santa
     Esta lugar "A Fonte Santa" impresiona, segue estando enchido de cruzamentos, segue sendo lugar de culto ao que se achegan multitude de persoas, e segue sendo un lugar misterioso no que se reciben moi estrañas sensacións, en especial polas noites. 

     Os paisanos seguen contando que existía algunha estraña cova usada a xeito de foxa común e mesmo de minas que xeraban riqueza para o antigo mosteiro, pero todo isto non é certo.... ou si?…. Nunca se puido demostrar nin o un nin o outro.

     San Xoan de Mosteiro segue sendo un lugar realmente intrigante.

     Debemos saber tamén que podemos continuar o paseo despois da Fonte Santa, xa que a paraxe segue sendo unha natureza case virxe de extrema beleza, se podria perder un embriagado pola beleza do lugar.

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA