IGREXA DE SANTA MARIA DE VILARIÑO
A EIREXE
VILARIÑO
AGOLADA
A Eirexe
A Eirexe é un lugar da parroquia de Vilariño, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza.
Segundo o IGE en 2011 tiña nove habitantes (catro homes e cinco mulleres), cinco menos ca en 2000.
Toponimia
O topónimo A Eirexe (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de Santa María de Vilariño.
Lugares de Vilariño
A Eirexe, A Lagoa, A Ponte Vilariño, Velpellós, Vilariño
Vilariño
Santa María de Vilariño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada.
Segundo o IGE en 2013 tiña 120 habitantes (65 mulleres e 55 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 201 habitantes.
Patrimonio
Hai unha fonte de augas termais, que en tempos deu lugar a un pequeno balneario, hoxe abandonado.
A Ponte Vilariño (hoxe reformada) foi iniciada en 814.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA