miércoles, 7 de mayo de 2025

CRUCEIRO DA PEROXA - A PEROXA - SEIRA - ROIS

 CRUCEIRO DA PEROXA

A PEROXA

SEIRA

ROIS

 A Peroxa
      A Peroxa é un lugar da parroquia de Seira no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 37 habitantes (18 homes e 19 mulleres).

Seira
     San Lourenzo de Seira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rois.

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 426 habitantes (198 homes e 228 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 436 habitantes.

     A parroquia ten unha superficie de 3,42 Km2.

Lugares de Seira
      O Casal, O Cruceiro, A Eirexa, Lamego, A Meana, A Peroxa, A Peruca, Seira

Comarca do Sar
     A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón.

     A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois.  

MAPA


XOAN ARCO DA VELLA

LENDA DA NOSA SEÑORA DA PENEDA - ARCOS DE VALDEVEZ

 LENDA DA SEÑORA DA PENEDA

ARCOS DE VALDEVEZ

P.N. PEDEDA GERES

Santuario da nosa Señora da Peneda
      O Santuario da nosa Señora da Peneda (en portugués : Santuário de Nossa Senhora dá Peneda ) é un santuario católico situado na parroquia de Gavieira , municipio de Arcos de Valdevez , distrito de Viana do Castelo , en Portugal , camiño da localidade de Melgaço , moi preto da fronteira con Galicia . 

     Está situado en pleno Parque Nacional de Peneda-Gerês .

     A Festa da Señora de Peneda é anual, ten unha duración dunha semana, entre o 31 de agosto e o 8 de setembro.

     No santuario celébrase unha gran romaría popular .

Historia e lenda
     A data probable de construción do templo actual é de finais do século XVIII , a xulgar pola inscrición da columna situada no alto da escaleira de acceso. 

      Crese que no lugar existiu unha pequena ermida previa , construída para conmemorar a aparición da Señora de Peneda, cuxo culto creceu e motivou a construción do actual santuario entre finais do século XVIII e o terceiro cuarto do século XIX . 

     A igrexa actual foi terminada en 1875.

     Conta a lenda da Peneda que a Virxe se apareceu o 5 de agosto de 1220 a unha rapariga que gardaba unhas cabras. 

 Aldea de Roussas

     A Señora apareceuse en forma de pomba branca e pediu aos habitantes da Gavieira que construísen unha ermida nese lugar. 

Aldea de Roussas

     A pastora contoullo aos seus pais, pero eles non creron a historia. 

Aldea de Roussas

      Ao día seguinte, mentres coidaba as cabras no mesmo lugar, a Señora apareceu novamente, pero na forma da imaxe que existe hoxe, e ordenou á rapariga ir ao lugar de Roussas en busca dunha muller que fora enfeitizada dezaoito anos antes, chamada Domingas Gregório, quen, ao chegar preto da imaxe, recuperou a saúde. 

Aldea de Roussas

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA ORBÁN - ORBÁN - VILAMARÍN

 IGREXA DE SANTA MARIÑA DE ORBÁN

ORBÁN

VILAMARÍN

Igrexa de Santa Mariña de Orbán
       A súa igrexa, de tradición medieval, conserva desta época tres canzorros (exterior, lado esquerdo) e o arco triunfal de acceso á capela maior, gótico, con columnas que levan capitéis de tipo vexetal. 

        Un miliario, custodiado na Casa Rectoral, fala da súa poboación na época romana, ó igual que os moi romanizados castros de Marcelle e Frameán, en Toldavía.

      A igrexa parroquial actual, en pedra, ten nave e capela maior. 

      A súa fachada é moi sinxela, con espadana de dous corpos, rematado o segundo cunha cruz de ferro. 

        Está cuberta a dúas augas. O seu retablo maior, en estilo neoclásico, século XIX, contén interesantes imaxes da patroa e de San Roque. 

      Ademáis, no ático deste retablo locen unhas pequenas imaxes de San Bieito e San Xoán Bautista. 

       A antiga imaxe de Santa Mariña, pisando o dragón infernal, consérvase sobre unha peaña, na nave. A parroquia dispón de tres petos esmoleiros de arte popular (de San Antón, das Ánimas e do Santísimo). 

       Na capela maior, pía de auga bendita de tradición medieval, posiblemente a orixinal da época da igrexa medieval. 

MAPA 

 

 Fuente: Concello de Vilamarín

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 6 de mayo de 2025

IGREXA DE SAN SALVADOR DE BÚBAL - BÚBAL - CARBALLEDO

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE BÚBAL

BÚBAL

CARBALLEDO

Igrexa de San Salvador de Búbal
     Igrexa construída a principios do século XVIII, de planta rectangular e con ábsida tamén rectangular. Ten muros de cadeirado de granito e a cuberta é a dúas augas con tellado de tella.

     A fachada principal ten porta alintelada, ao igual que a situada no muro sur, cunha espadana de dous vans que a remata.

     No interior, os retablos están enmarcados por molduras con arco de medio punto formando fornelas; o maior e o esquerdo son de estilo neoclásico e o dereito do século XVIII.

San Salvador de Búbal
      San Salvador de Búbal é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1990 cando tiña 37 habitantes.

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 

     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. 

MAPA

 

 Fuente: Web Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO EN REBORBELO - REBORDELO - CERDEDO COROBADE

 CRUCEIRO EN REBORDELO

IGREXA DE SAN MARTIÑO

REBORDELO

CERDEDO-COTOBADE

 

 Rebordelo
       San Martiño de Rebordelo é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. 

      Segundo o IGE, en 2015 tiña 145 habitantes (66 homes e 79 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ó 2005 cando tiña 167. 

      Segundo o IGE, en 2023 tiña 133 habitantes (67 homes e 66 mulleres).

Patrimonio
     Casa da asociación de veciños de Rebordelo.

     A igrexa de San Martiño de Rebordelo conserva a antiga ábsida románica, reutilizada como sancristía do actual templo.

      Na parroquia está instalado un dos observatorios de MeteoGalicia. 

      Situada a unha altitude de 367 m, a estación meteorolóxica foi dada de alta o 10 de xuño de 2005.

Lugares de Rebordelo  
     O Cancelo, O Cotiño, O Facho, As Lagoas, Os Lourenzos, Os Martices, A Porteliña, O Pozo Negro, O Quinteiro de Abaixo, O Quinteiro de Arriba, O Sabugueiro, O Salgueiro, Soutolongo 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO XIRONDO - RÍO XABRIÑA - PARAÑOS - COVELO

 MUIÑO XIRONDO

RÍO XABRIÑA

PARAÑOS

COVELO

 Paraños
       Santa María de Paraños é unha parroquia que se localiza no Sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

       Segundo o IGE en 2014 tiña 233 habitantes (117 homes e 116 mulleres), 49 menos ca en 2004 (142 mulleres e 140 homes segundo o padrón municipal) e 35 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Lugares de Paraños
      Os Condes, Cotarel, As Laxas, A Margarida, As Medelas, Moeiros, Picoto, Portocortiñas, O Quinteiro, O Roupeiro

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA