martes, 6 de mayo de 2025

IGREXA DE SAN SALVADOR DE BÚBAL - BÚBAL - CARBALLEDO

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE BÚBAL

BÚBAL

CARBALLEDO

Igrexa de San Salvador de Búbal
     Igrexa construída a principios do século XVIII, de planta rectangular e con ábsida tamén rectangular. Ten muros de cadeirado de granito e a cuberta é a dúas augas con tellado de tella.

     A fachada principal ten porta alintelada, ao igual que a situada no muro sur, cunha espadana de dous vans que a remata.

     No interior, os retablos están enmarcados por molduras con arco de medio punto formando fornelas; o maior e o esquerdo son de estilo neoclásico e o dereito do século XVIII.

San Salvador de Búbal
      San Salvador de Búbal é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1990 cando tiña 37 habitantes.

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 

     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. 

MAPA

 

 Fuente: Web Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO EN REBORBELO - REBORDELO - CERDEDO COROBADE

 CRUCEIRO EN REBORDELO

IGREXA DE SAN MARTIÑO

REBORDELO

CERDEDO-COTOBADE

 

 Rebordelo
       San Martiño de Rebordelo é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. 

      Segundo o IGE, en 2015 tiña 145 habitantes (66 homes e 79 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ó 2005 cando tiña 167. 

      Segundo o IGE, en 2023 tiña 133 habitantes (67 homes e 66 mulleres).

Patrimonio
     Casa da asociación de veciños de Rebordelo.

     A igrexa de San Martiño de Rebordelo conserva a antiga ábsida románica, reutilizada como sancristía do actual templo.

      Na parroquia está instalado un dos observatorios de MeteoGalicia. 

      Situada a unha altitude de 367 m, a estación meteorolóxica foi dada de alta o 10 de xuño de 2005.

Lugares de Rebordelo  
     O Cancelo, O Cotiño, O Facho, As Lagoas, Os Lourenzos, Os Martices, A Porteliña, O Pozo Negro, O Quinteiro de Abaixo, O Quinteiro de Arriba, O Sabugueiro, O Salgueiro, Soutolongo 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO XIRONDO - RÍO XABRIÑA - PARAÑOS - COVELO

 MUIÑO XIRONDO

RÍO XABRIÑA

PARAÑOS

COVELO

 Paraños
       Santa María de Paraños é unha parroquia que se localiza no Sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

       Segundo o IGE en 2014 tiña 233 habitantes (117 homes e 116 mulleres), 49 menos ca en 2004 (142 mulleres e 140 homes segundo o padrón municipal) e 35 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Lugares de Paraños
      Os Condes, Cotarel, As Laxas, A Margarida, As Medelas, Moeiros, Picoto, Portocortiñas, O Quinteiro, O Roupeiro

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 5 de mayo de 2025

PETO DE CORTIÑAS - PREXIGUEIRO - PEREIRO DE AGUIAR

 PETO DE CORTIÑAS

CORTIÑAS

PREXIGUEIRO

PEREIRO DE AGUIAR

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

 

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 4 de mayo de 2025

CRUCEIRO DA XESTEIRA - A XESTEIRA- ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

 CRUCEIRO DA XESTEIRA

A XESTEIRA

ALMOFREI

CERDEDO-COTOBADE

A Xesteira
      A Xesteira é unha aldea da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, se ben unha parte do seu núcleo (Rascadería), pertence á parroquia de Tenorio. 

      Segundo o IGE en 2010 tiña 67 habitantes (32 homes e 35 mulleres), os mesmos ca en 2007. Xunto coa Rascadería, as outras entidades de poboación son A Xesteira e as Cachopeiras.

      Neste lugar atópase o cruceiro da Xesteira, de 1701.

Almofrei
      San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.

      Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos que en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

      O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. 

     O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 3 de mayo de 2025

IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE SEGUÍN - SEGUÍN - PANTÓN

 IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE SEGUÍN

SEGUÍN

PANTÓN

Igrexa de Santo André de Seguin

       Igrexa feita en cadeirado granítico irregular encintada. Posúe planta rectangular, con teitume a dúas augas.

       Na súa fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e unha espadana en posición central con dous vans con arcos de medio punto.

     Coróase cunha cruz pétrea no centro e pináculos no extremos.

Següín
    Santo André de Següín é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. 

      No ano 2007 tiña 51 habitantes, deles 29 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía
      Limita coas parroquias pantonesas de Eiré e Ferreira de Pantón polo norte; Deade polo leste; San Fiz de Cangas e Pombeiro polo sur e Atán polo oeste.

Lugares de Següín
     Següín, Vilafiz 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA