MUIÑO NO RÍO SARELA
RÍO SARELA
CARRAIS
HERBOGO
ROIS
O Enclave Etnográfico e o seu Contorno Carrais e Herbogo.
Carrais é un pequeno núcleo de poboación rural dividido tradicionalmente en Carrais de Arriba e Carrais de Abaixo, Herbogo, Rois.
Atópase integrado na parroquia de Herbogo, no Concello de Rois.
O río Sarela en Rois:
Aíache o río Sarela é moi coñecido polo seu paseo fluvial e pasado industrial en Santiago de Compostela , este continúa o seu curso cara ao sur de camiño ao río Sar.
No seu tramo por Rois, crea un ecosistema de ribeira frondoso e cheo de vexetación autóctona.
Muíño no Río Sarela (Carrais):
Coma moitos outros muíños da comarca do Sar, esta construción tradicional de pedra aproveitaba a forza da auga para a moenda do millo e do trigo locais.
Hoxe en día, este patrimonio etnográfico atópase integrado na paisaxe natural, testemuñando o pasado agrícola do concello.
A zona de Herbogo e as marxes do Sarela en Rois son moi estimadas por afeccionados ao sendeirismo que buscan espazos tranquilos e pouco masificados.
Ruta dos Muíños e Ribeiras:
O concello conta con camiños que conectan os cursos fluviais da zona (coma o río Sarela, o Sar ou o rego de Buxán) e que permiten descubrir igrexas parroquiais coma a de San Pedro de Herbogo e antigos muíños escondidos no bosque.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
























































