viernes, 1 de mayo de 2026

PONTE DE RIBADISO - RIBADISO - RÍO ISO - ARZUA

 PONTE DE RIBADISO

RIBADISO

RÍO ISO

ARZUA

      A piques de chegar a Arzúa, o Camiño Francés e o Camiño Primitivo coinciden. 

     A quilómetro e medio do final da etapa, cruzamos o río Iso para chegar a un dos lugares máis bucólicos do Camiño. 

        Para entrar en Ribadiso da Baixo (a aldea das beiras do Iso), temos que cruzar unha ponte medieval que nos leva a esta aldea de casas de lousa.

Unha ponte cara á Idade Media
     A ponte de Ribadiso foi construída no século XII, e está plenamente acorde coa arquitectura románica da época. Está formado por un único arco de medio punto, e está construído con cachotería granítica e xisto de peor calidade. 

       O propio camiño da ponte foi rehabilitado para facilitar o paso dos peregrinos, aínda que non encaixa coa estética do románico: nótase que é actual. Dado o fluxo de peregrinos que pasan por alí, garántese así unha maior durabilidade.

      A ponte sufriu reconstrucións posteriores, non se sabe con certeza se no século XIII ou xa no XIV. Coincide coa construción do antigo hospital de peregrinos de Ribadiso. 

        Agora está rehabilitado como albergue, e está considerado un dos máis fermosos do Camiño Francés. Dado que está a escasos quilómetro e medio de Arzúa, moitos peregrinos optan por pasar a noite neste enclave.

       Preto da ponte atopamos unha praia fluvial moi accesible, perfecta para mollar os pés despois dos case trinta quilómetros que levamos ás costas dende Palas. 

       Se non te atreves a meter os pés na auga, que vai estar fría en calquera época do ano, non pasa nada. Goza dun entorno tan privilexiado antes de chegar ao bullicio de Compostela.

MAPA

  

 Fuente: Web vivecamino.com

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 14 de abril de 2026

6.000.000 DE VISITAS, SEIS MILLÓNS DE GRAZAS

 6.000.000 DE VISITAS

SEIS MILLÓNS DE GRAZAS 

      "¡Seis millóns de grazas!" No blog XOAN ARCO DA VELLA.

      Nunca pensei que chegaríamos tan lonxe, pero con sentidiño e o voso apoio e axuda, aquí estamos. 

     Grazas por acompañarme nesta aventura. ¡A seguir mostrando Galiza!

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 9 de abril de 2026

CRUCEIRO DA CAPELA DA RENDA - XUVIÑO - COMBARRO - POIO

 CRUCEIRO DA CAPELA DA RENDA

XUVIÑO

COMBARRO

POIO

 Cruceiro da Capela da Renda
      Cruceiro de plataforma de planta cadrada de tres chanzos cubertos parcialmente pola ampliación e asfaltado da estrada. 

     O baseamento é cúbico coas arestas superiores rebaixadas e unha inscrición no anverso:

SE I. I P. PICINO ALA
LLO I SU ERMANO
AÑO 1797

      O varal e cilíndrico e de anchura uniforme rematado nun capitel de collarino circular e voluta angulares con querubíns entre elas excepto no anverso, beira na que atopamos unha caveira sobre tibias.

     A cruz é de corte circular con espiñas ou nos. No anverso, Cristo baixo cartela de INRI de labra polo miúdo e ben proporcionada, brazos paralelos aos da cruz, cabeza erguida mirando a súa dereita e coroa de espiña un pouco desmesurada. 

      Pano de pureza moi curto amarrado a dereita. No reverso, a Virxe das angustias ou piedade sobre a cabeza dun querubín. 

      A virxe viste hábito cunha ampla túnica que cubre ata os pés. O corpo de Cristo, proporcionalmente máis pequeno, descansa no seu colo mentres ela sostén a súa man dereita e a súa cabeza. 

       A man esquerda do Cristo colga esmorecida. 

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Pablo Eirín  

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 8 de abril de 2026

CRUCEIRO DO CEMITERIO DE LÉREZ - A PIOLLA - LÉREZ - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DO CEMITERIO DE LÉREZ

A PIOLLA

LÉREZ

PONTEVEDRA 

 Cruceiro no cemiterio de Lérez
       Cruceiro situado no cemiterio parroquial de Lérez e integrado nun monumento adicado ao médico Enrique López de la Ballina realizado en con posterioridade ao cruceiro en 1930.

      O cruceiro carece actualmente de plataforma. O baseamento e cúbico coas arestas superiores rebaixadas.

        O varal e oitavado coas a faces lixeiramente acanaladas. 

       No anverso amosa catro santiños: O primeiro por abaixo leva tonsura, viste de hábito franciscano e porta un libro e unha cruz; o segundo viste casulla e porta unha parrilla e un libro (San Lorenzo); o terceiro leva tonsura, viste de hábito e porta un libro e a palma do martirio; o cuarto e superior é unha muller con manto cubríndolle a cabeza e os brazos cruzados sobre o peito (Anunciación).

     O capitel é composto, formado por collarino, motivos vexetais, volutas angulares e equino de lados curvos. As cabezas dos querubíns sitúanse sobre o equino e non entre as volutas como ven sendo habitual nestes capiteles. 

     Polo reverso, no lado da Virxe, temos unha caveira en lugar dun querubín polo que sabemos que o cruceiro foi desmontando nalgún momento, posiblemente para desprazalo ao cemiterio dende a súa ubicación orixinal.

       A cruz e nudosa e amosa un Cristo exento, de tres cravos, coas costas separadas da cruz, baixo cartela de INRI. 

      No reverso, inda que é difícil velo por mor de estar tan preto a estrutura do monumento pódese apreciar un conxunto moito máis elaborado formado por unha Virxe María, na súa advocación de Gloriosa, coroada por dous anxos e co neno Xesús no colo; e un diaño con aspecto de cabrito aos seus pés.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Pablo Eirín 

XOAN ARCO DA VELLA 

SARTEGOS DE SAN VICENZO OUBIÑA - OUBIÑA - CAMBADOS

 SARTEGOS DE SAN VICENZO OUBIÑA

OUBIÑA

CAMBADOS

     Os sartegos de San Vicenzo de Oubiña son un conxunto de sepulcros antropomorfos situados no concello de Cambados, na parroquia de Oubiña.  

     Estes elementos forman parte dunha necrópole medieval de gran valor histórico para a comarca do Salnés.

    Localización: Atópanse xusto diante da fachada da Igrexa de San Vicenzo de Oubiña.

    Orixe: Algúns historiadores atribúenlles unha posible orixe sueva (Alta Idade Media).

    Tipoloxía: Son sartegos (sarcófagos) de pedra con forma antropomorfa, é dicir, tallados seguindo a silueta do corpo humano.

    Contorno: Na mesma parroquia tamén destaca o castro de Sete Pías, o que indica unha ocupación humana moi antiga na zona.

        Este enclave é menos coñecido que outros puntos de Cambados, como as famosas ruínas de Santa Mariña de Dozo, pero ofrece unha visión única da arqueoloxía medieval galega.

 MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO EN LUSQUIÑOS - LUSQUIÑOS - TOMEZA - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO EN LUSQUIÑOS

LUSQUIÑOS

TOMEZA

PONTEVEDRA

      Cruceiro de recente factura (ano 2013) que nace directamente da rocha. 

     O seu varal comeza en sección cadrada e segue en octogonal.

      O capitel, que posúe decoración vexetal e remate plano, da paso a unha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas. 

     Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe Peregina con caxato e co Neno no colo.

      Na parte cadrada do varal aparece unha inscrición co nome do canteiro que o fixo: “E. Martínez”

     Ao carón do cruceiro podemos ver unha fonte lavadorio 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE BESOMAÑO - BESOMAÑO - RIBADUMIA

 CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE BESOMAÑO

BESOMAÑO

RIBADUMIA

 Besomaño
        Santa María de Besomaño é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia.
 

      Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 147 habitantes (68 mulleres e 79 homes), 26 menos ca en 2010 e 50 menos ca en 2005. Ten sete entidades de poboación.

        Nesta parroquia están os restos do poboado castrexo de Monte do Castro, habitado entre o século III ANE e o século I.

Lugares de Besomaño
   
   A Aldea da Bouza, Barral, A Costa, Lamosa, A Revolta, A Revoltiña, O Rial

Comarca do Salnés
     A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa, á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

      Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. 

       Está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

        Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. 

        No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. 

       Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA