sábado, 14 de marzo de 2026

CASTRO PENEDO DOS MOUROS - LOURIDO - SALVATERRA DO MIÑO

 CASTRO PENEDO DOS MOUROS

LOURIDO

SALVATERRA DO MIÑO

 Castro formado por grandes pedras e covas
      Un dos castros máis singulares de toda Galicia atopámolo en Salvaterra de Miño, é o coñecido como Castro Penedo dos Mouros ou Castro de Lourido, pola parroquia na que se sitúa.

A monumentalidade das rocas
      O que máis chama a atención da zona cando imos visitar o castro de Lourido son as grandes formacións rochosas que forman o conxunto, a esencia pura deste lugar e que o diferencia de calquera outros castros da provincia. 

      As covas, as cavidades rochosas e a croa deste lugar de Salvaterra fano especial e convérteno nun lugar tamén envolvido por un halo mitolóxico.

       A poboación castrexa adaptouse ás características xeográficas do lugar, un espazo que presenta sinais de vida desde a prehistoria cos petróglifos próximos, ata a propia civilización romana da que se conservan restos ata dunha vila con hipocausto.

     Unha visita ao Penedo dous Mouros é un repaso á historia de Galicia, empezando polo que se considera unha posible mámoa ata os restos pouco investigados da vila romana. 

      O castro en si está datado na Idade de Ferro e estímaselle unha extensión de 40 hectáreas con estrutura defensiva a base de fosos e terrapléns. 

      Entre a vexetación do lugar distínguense aínda a planta dalgunha vivenda castrexa.

 Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

VIDEO

MAPA 

 

 

Fuente: Web Paxinas Galegas 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CRUCEIRO DE SAN CIBRÁN - LUSQUIÑOS - TOMEZA - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DE SAN CIBRÁN

CAPELA DE SAN CIBRÁN

LUSQUIÑOS

TOMEZA

PONTEVEDRA

 Lusquiños
     Lusquiños é un lugar da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 413 habitantes (191 homes e 222 mulleres).

Tomeza
      San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. 

Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), 104 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Xeografía
       Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu. 

       A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.

Historia
      No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e Romarías
       A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

       As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.

       A parroquia é terra de canteiros. O mestre Daniel, célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra.

      O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. 

Lugares de Tomeza
     O Alcouce, A Carballa, O Casal do Río, Lusquiños, O Marco, O Pobo, O Pombal, Pumariño, San Pedro, A Valadiña

MAPA 

 

XOAN ACO DA VELLA 

viernes, 13 de marzo de 2026

CRUCEIRO DO CEMITERIO DE TOUTÓN - TOUTÓN - MONDARIZ

CRUCEIRO DO CEMITERIO

TOUTÓN

MONDARIZ

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz.  

       Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).

      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A fachada principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

       É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

       Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CRUCEIRO DO CEMITERIO - SANTO ANDRÉ DE VEA - A ESTRADA

 CRUCEIRO DO CEMITERIO

SANTO ANDRÉ DE VEA

A ESTRADA

Santo André de Vea
     Santo André de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 384 habitantes (215 mulleres e 169 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.

Patrimonio
    Igrexa de Santo André de Vea, conserva do románico dous canzorros e un gran contraforte.
    No cemiterio hai un antigo cruceiro, datado en 1625.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.  

     A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Situación
     Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur. 

 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

LENDA DA PEDRA DA SERPE - TIRÁN - MOAÑA

 LENDA DA PEDRA DA SERPE

TIRÁN

MOAÑA

     O Monte dos Remedios, probablemente un castro, está en San Xoán de Tirán, Moaña (Pontevedra), hai unha pedra co debuxo dunha serpe. 

     Na noite de San Xoán, despois de apagarse as fogueiras aparecía alí unha muller vella cunha caiada na man, sentada na pedra que hai diante da capela de Virxe do Castro. 

     Se alguén se achega, a muller desaparece. Quen quixo saber dela e foi ver ó día seguinte atopou unha serpe dando voltas arredor da ermida. Disque foi esta muller a que matou a serpe que se ve na pedra.

     Tamén se di que a serpe se convirte en bruxa, e que desaparece cando se achega alguén, e que a noite de San Xoán son bruxas, ¿ou mouras?, as que andan arredor da ermida pero ó amencer xa non están.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Galicia encantada

XOAN ARCO DA VELLA 

COTO DE SOUTOLOBRE - OS CASTROS - O EIDO VELLO - SOUTOLOBRE - SALVATERRA DE MIÑO

COTO DE SOUTOLOBRE

OS CASTROS - O EIDO VELLO

SOUTOLOBRE

SALVATERRA DO MIÑO

     Neste lugar atópase unha fortificación duns 40.000 m2 cun foxo perimetral. 

      O lugar, oculto pola maleza na súa maior parte, foi obxecto dunha escavación arqueolóxica no pasado ano 2023 baixo a dirección do arqueólogo Francisco Herves. 

      Nesa área saíu á luz unha cabana de planta circular no que apareceu un gran batolito granítico cun gravado que o arqueólogo interpreta cunha estela da Idade de Bronce.

       Arredor da cabana apareceron tamén un número significativo de crisois de fundición datados na Idade do Ferro. 

Comarca do Condado
        A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.  

VIDEO

MAPA

 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA