martes, 10 de marzo de 2026

IGREXA DE SAN ESTEVO DE CADRÓN - CADRÓN - LALÍN

 IGREXA DE SAN ESTEVO DE CADRÓN

CADRÓN

LALÍN

 Cadrón
     Santo Estevo de Cadrón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 155 habitantes (89 mulleres e 66 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes.

     Nesta parroquia naceu o escritor e político José Luis Sucasas.

Patrimonio
     Conserva varias mámoas. 

     O castro de Cadrón confórmase a partir dun único recinto de forma oval. O eixo maior ten orientación ONO-LSL e mide uns 90 m e o eixo NNO-SSL mide uns 50 m, tomados na zona máis ancha. Non se toman medidas no exterior polo mal estado de conservación das estruturas que impiden a súa perfecta delimitación. O recinto conserva terraplén por todo o seu perímetro, excepto no cuadrante NL. Presenta parapeto polo oeste e sur duns 4 m de anchura máxima e unha caída cara ao interior de 1 m. Na súa composición, ademais de terra había pedra de granito, a xulgar pola abundancia de restos pétreos na seu contorna, pero non se pode precisar se conformaba unha estrutura muraria.

     A igrexa parroquial, que foi reconstruída a finais do século XIX, está presidida por un campanario en forma de camarín de pedra. 

     Na arquitectura popular destaca a Casa do Fidalgo.

Lugares de Cadrón
 
 Cadrón, O Castelo, Lamas

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

lunes, 9 de marzo de 2026

CRUCEIRO EN O FOXO - O FOXO - RUBÍN - A ESTRADA

 CRUCEIRO EN O FOXO

O FOXO

RUBÍN

A ESTRADA

O Foxo
      O Foxo é un lugar da parroquia de Rubín no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. 

      Forma un único núcleo xunto co Foxo (San Pedro de Ancorados).

       Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 33 habitantes (16 homes e 17 mulleres)

Rubín
       Santa María de Rubín é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 404 habitantes (213 mulleres e 191 homes), distribuídos en 15 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 492 habitantes.

Lugares de Rubín
      Agrelo, Amarelle, Os Balseiros, O Barro, O Bede, A Bemposta, Berbigueira, O Foxo, A Igrexa, Pazos, A Pena de Abaixo, A Pena de Arriba, O Sol, A Veiga da Braña, Os Vilas  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DAS ANGUSTIAS - BRETAL - OLVEIRA - RIBEIRA

 CAPELA DAS ANGUSTIAS

BRETAL

OLVEIRA

RIBEIRA

     Capela construída a base de cadeirado irregular granítico, con planta rectangular dunha única nave. 

     A sancristía, tamén rectangular, atópase pegada no lateral norte. 

     O seu teitume é a dúas augas con tella curva do país.

     A fachada presenta porta de aceso rectangular, e sobre ela unha fornela con arco de medio punto no que podemos ver unha imaxe da Dolorosa. 

     Máis arriba unha pequena fiestra dá paso a unha pequena espadana dun so oco con remate en cruz pétrea.

     No interior podemos ver a cuberta con bóveda de canón apoiada en dous arcos faxóns de medio punto que descansan sobre pilastras pegadas aos muros. 

     Aos pés da nave sitúase unha tribuna de madeira á que se accede através dunha escaleira en forma de “L”. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DO CALVARIO - RÚA DO CALVARIO - ARCADE - SOUTOMAIOR

 CRUCEIRO DO CALVARIO

RÚA DO CALVARIO

ARCADE

SOUTOMAIOR

        Cruceiro con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico coas arestas rebaixadas. 

     O varal é octogonal. 

     O seu capitel e de tipo xónico con caras no centro dos seus catro lados. 

     A súa cruz é cuadrangular e polo seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos. 

     O seu pano de pureza vai anoado á dereita. 

     Polo reverso da cruz fica a Virxe suxeita a un Cristo, cunha proporcións moi pequenas.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 8 de marzo de 2026

SARTEGOS DO MOSTEIRO - LONGOS VALES - MONÇAO

 SARTEGOS DO MOSTEIRO

MOSTEIRO DE LONGOS VALES

LONGOS VALES

 MONÇAO

 Igrexa de Longos Vales
      A igrexa do Mosteiro Benedictino de Longos Vales atópase a uns dezaseis quilómetros ao SE de Melgaço, en terras do veciño concelho de Monçao.

     Hoxe en dia da construción orixinal apenas resta a ábsida.

     Foi un dos mosteiros medievais máis importantes da conca do Minho cuxa existencia esta xa documentada desde os tempos do reinado de Dom Afonso Henriques.

     Foi tal a súa importancia que un dos seus abades chegou a patrocinar a construción dunha torre na muralla de Melgaço.

     O edificio, de fundación románica aínda conserva desa época unha magnifica capela maior en excelente estado de conservación.

     Esta ábsida abovedada de planta semicircular conta con canecillos e capiteis que mostran un interesante traballo decorativo cun gran volume e diversidade de elementos escultóricos.

     Nos seus motivos abundan as formas humanas e animais, dunha gran habilidade técnica do autor, favorecido tamén pola gran calidade do granito de gran fino.

     As similitudes das esculturas de Longos Vales coa catedral de Tui e a igrexa de Tomiño,  na marxe Norte do Minho, achegan a súa datación cara ao último cuarto do século XII, ademais dos elementos protogóticos no arco triunfal da ábsida.

     A nave da igrexa foi realizada no século XVII cando o mosteiro xa dependía dos xesuítas de Coimbra.

     Atópase clasificado como Monumento Nacional desde 1974.

Longos Vales
     Longos Vales é unha freguesia portuguesa do concelho de Monção, con 12,04 km² de superficie e 1.101 habitantes (2001).

     A súa densidade de poboación é de 91,4 hab/km².

Monção
     Monção é unha vila portuguesa situada no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subregión de Minho-Lima.

     É sede dun municipio de 211,51 km² e 19.957 habitantes (2001), subdividido en 33 freguesías (parroquias).

     O municipio limita ao norte con Galicia, ao leste con Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

     O punto máis alto do relevo de Monção é o Alto de San Antonio, con 1114 metros sobre o nivel do mar, na freguesia de Riba de Mouro.


      É ese o motivo polo cal aínda hoxe aparece, no escudo de armas desta vila, unha muller sobre unha torre tendo un pan en cada man. Ao seu ao redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa desta vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: «Deus ou deu, Deus ou há dado». En Monçao viviu os seus últimos anos a escritora galega Amparo Alvajar. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA