domingo, 8 de marzo de 2026

PETROGLIFO DOS COUTOS - LAXOSA - GURGUEIRO - AGOLADA

 PETROGLIFO DOS COUTOS

LAXOSA

GURGUEIRO

 AGOLADA

 Laxosa
      Laxosa é un lugar da parroquia de Gurgueiro, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 

      Segundo o INE, no 2008 tiña 14 habitantes (5 homes e 9 mulleres), o que supón unha diminución de 4 habitantes con respecto ao ano 2000.

Gurgueiro
     San Miguel de Gurgueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada.  

Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (19 mulleres e 14 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 76 habitantes.

Lugares de Gurgueiro
     Gurgueiro, Laxosa, San Miguel

Comarca de Deza
       A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

VIDEO

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 6 de marzo de 2026

ERMIDA DE SAN LOURENZO - RODÍS DO MEDIO - RODÍS - LALÍN

 ERMIDA DE SAN LOURENZO

RODÍS DO MEDIO

RODÍS

LALÍN

Rodís do Medio
     Rodís do Medio é un lugar da parroquia de Rodís, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. 

      Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 26 habitantes (12 homes e 14 mulleres).

Rodís
     San Xiao de Rodís é unha parroquia do concello de Lalín. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 113 habitantes (58 mulleres e 55 homes), 27 menos que en 1999.Ten catro entidades de poboación,

      Está situada na confluencia dos ríos Cello e Arnego, linda con Cangas, parroquia da que antes formaba parte.

Xentilicio
     O seu xentilicio é rodiseiro.

Historia
      Rodís foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando pasou a ser anexo de Santa Mariña de Cangas.


Patrimonio

     A igrexa de San Xiao de Rodís
     Antigua papeleira de Rodís
     O castro de Palio de Riba

Lugares de Rodís
      Os Chaos, O Muíño, Palio de Abaixo, Palio de Arriba, Raña, Rodís da Igrexa, Rodís do Cabo, Rodís do Medio

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DA VIRXE DAS DORES - SIRVES - OLVEIRA - RIBEIRA

 CAPELA DA VIRXE DAS DORES

SIRVES

OLVEIRA

RIBEIRA

 CAPELA DA VIRXE DAS DORES
      Esta capela construída a principios do s. XX, está formada por unha planta cadrada á que se lle une unha capela coa planta case cadrada tamén e de menores dimensións. 

       Os seus muros son de cadeirado de granito con cuberta a dúas augas de tella plana, substituíndo á cuberta orixinal que probablemente sería de tella curva do país. 

      A fachada é dunha composición moi simple, con cornixas a dúas augas interrompidas no vértice por unha pequena peaña sobre a que descansa un arco de medio punto que sostén a campá. 

      Nela ábrese unha sinxela porta de forma rectangular. 

       No interior podemos ver un púlpito en esquina pegado ao arco de acceso ao presbiterio.

Acceso
     Dende Ribeira, tomaremos a estrada xeral C-550 en dirección a Porto do Son e Noia. 

     A uns 5 km chegamos ao cruzamento de Oleiros. 

       Tomaremos a pista da esquerda que indica Corrubedo. Pasado o lugar de Bretal (2 km), a uns 150 m aparecerá un cruzamento cunha pista á esquerda cun indicador a Sirves, lugar onde se atopa a capela. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑOS NO RÍO ASNEIRO - LOUSADO - LOEDA - PIÑOR

 MUIÑOS NO RÍO ASNEIRO

RÍO ASNEIRO

LOUSADO

LOEDA

PIÑOR

 Río Asneiro
      O río Asneiro ou Arneiro nace en Dozón e xúntase co Deza na parroquia de Cristimil, no concello de Lalín.

Historia
       Na Idade Media o actual río Asneiro era chamado Dezón (hoxe Dozón). 

      Na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán, do século XIX, aparece rotulado como Río Deza. 

        Este erro na denominación pasou a moita cartografía posterior e á rotulación viaria.

Lousado
      Lousado é un lugar da parroquia de Loeda, no concello ourensán de Piñor na comarca do Carballiño. 

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 33 habitantes (17 homes e 16 mulleres).

      En Lousado existe unha antiga fábrica de papel inaugurada en 1840.

Lugares de Loeda
   Carpaceiras, Casandulfe, Lousado, Outeiro, Ovenza, A Seca, Torguedo, A Torre, Vilanfesta

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 5 de marzo de 2026

PENA TARTARUGA - ALVIDRÓN - ANTAS DE ULLA

 PENA TARTARUGA

ALVIDRÓN

ANTAS DE ULLA

     Lugar de lenda asociado a dous grandes volumes formados por varias rocas, están separadas por un corredor central a través do cal se accede ao sua parte alta. 

     Na cara sur do volume situado ao oeste aparecen varios signos gravados na superficie vertical da roca inferior. 

      Poderían estar raspadas recentemente, distínguense claramente 9 cruces, aínda que o deseño e aspecto dunha delas parece indicar que podamos estar ante un gravado antigo, quizá medieval. 

       Na parte alta, e bastante chaira, do volume do oeste, existen dúas zonas nas que a falta de pedra mostra os efectos da erosión.

      A lenda cóntanos que estas rocas levounas unha Moura na cabeza ata alí, os ocos de arriba eran empregados pola Moura. 

     O nome, Pena Tartaruga, débese á súa forma, actualmente está bastante oculta por vexetación no seu flanco oeste, no leste existe nunha leira próxima un piñeiral, en resumo, resulta difícil percibir de lonxe a súa forma, como si ocorrera hai anos. 

      De lonxe os veciños deberon de asimilar as súas formas redondeadas ao caparazón dunha tartaruga. 

      Unha xoia situada nunha das zonas de Galicia menos habitada e coñecida

VIDEO 

MAPA

 

 Fuente: Josiño Souto

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

martes, 3 de marzo de 2026

CRUCEIRO DA IGREXA DE TOURÓN - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DA IGREXA DE TOURÓN

TOURÓN

PONTE CALDELAS

     Fronte á igrexa de Santa María de Tourón podemos ver este cruceiro do ano 1670 que nae sobre dou chanzos de sección cadrada.

      A súa base cúbica coas arestas superiores molduradas posúe caveira con tibias cruzadas nunha das súas caras.

 Nas outras caras podemos ler varias inscricións:

“HIZOME
AÑO 1670”
“JUAN MARTI
NEZASV
COSTA”

        O varal, de sección octogonal, ten unha imaxe na súa parte media, co hábito de fraile, rama de alma e libro nas mans e apoiado sobre unha peaña.

      A continuación o capitel decorado co volutas e anxos nos catro lados.

      O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.

      Por debaixo da imaxe de Cristo aparece a seguinte inscrición:

“ESTE
AÑO
LO ICE”

        Antigamente este cruceiro se atopaba ao carón da estada. No ano 1949 trasladouse ao lugar onde o podemos ver hoxe.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

      Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

     Texto: Oscar Franco

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA