domingo, 11 de enero de 2026

CRUCEIRO DA IGREXA DE CARITEL - O COTO - CARITEL - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DA IGREXA DE CARITEL

O COTO

CARITEL

PONTE CALDELAS

     Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados, o superior coas arestas rebaixadas.

     A súa base tamén cadrada da paso a un varal de sección circular que remata nun colariño e un capitel cuns relevos, moi desgastados, a modo de volutas.

      O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada, coas arestas rebaixadas e os brazos potentados, no que aparece unha imaxe que semella a Virxe sobre unha peaña, con coroa e levando ao Neno no colo. 

      Na outra cara da cruz existe unha cartela de INRI sen imaxe.

      O cruceiro, que aparece acompañado dun repousadoiro apoiado sobre dúas semicolumnas, foi trasladado dende a fachada principal da igrexa ata a súa ubicación actual entre os anos 1946 e 1947.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

sábado, 10 de enero de 2026

CRUCEIRO PINTADO - TOUTÓN - MONDARIZ

 CRUCEIRO PINTADO

TOUTÓN

MONDARIZ

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz.  

       Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).

      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A fachada principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

       É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

       Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

RESTOS DA ALDEA DE PUNXEIRO OU AS CORTES - DONÓN - O HÍO - CANGAS

 RESTOS DA ALDEA DE PUNXEIRO

DONÓN

O HÍO

CANGAS

      Na ladeira este de o Monte do Facho, á beira do camiño que une Donón e Vilanova, atópanse os restos da aldea de Punxeiro, ou As Cortes como tamén se lle coñece.

      Son un conxunto de oito humildes edificacións que serviron tanto para uso doméstico, como para almacenaxe ou uso de animais.

     Hai indicios que fan crer que a aldea ten a súa orixe na Idade Media. 

      Pero sábese que foi abandonada no século XVIII, cando a aldea quedou sen auga por secarse o río próximo. 

      En épocas máis recentes os seus restos foron utilizados como cuadras para o gando, dando así o nome de As Cortes.

Donón
     Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famosa polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. 

      Segundo o IGE, en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).

Etimoloxía
      Donón é un termo derivado do celta "dunium", relaciónase co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte (era un dos fillos de Mil na saga irlandesa), consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa derradeira viaxe.

O Santuario do Facho
     Está coroado polo "Facho", un antigo santuario romano dedicado ao deus lar Berobreo. A escavación no Monte do Facho forma parte dun proxecto de investigación adicado ao estudo da romanización dos santuarios indíxenas no occidente hispánico. 

      A primeira campaña levou ao achado do santuario de Berobreo ata agora descoñecido. Atopáronse máis de 180 aras, moitas delas in situ, e observouse a existencia dos lugares da súa colocación exacta. Algunhas localizacións forman parte dun recinto maior. 

      O santuario dátase entre os séculos III-IV d.C. e construíuse enriba dun castro anteriormente abandonado. 

     O primeiro asentamento parece datar da Idade de Bronce e ter un gran tamaño, o segundo xa pertencente á segunda metade do primeiro milenio é un castro da mediano tamaño. 

      Foi abandonado pola grande influencia romana aínda que seguiu existindo como santuario de peregrinación sobre as ruínas do poboado.

Praias
     Posúe dúas praias principais, a de Melide e a de Barra, esta última unha das praias nudistas máis coñecidas de Galiza. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

ERMIDA DA MECÉ - A PONTE MERCÉ - PIDRE - PALAS DE REI

 ERMIDA DA PONTE MERCÉ

A PONTE MERCÉ

PIDRE

PALAS DE REI

 A Ponte Mercé
      A Ponte Mercé é un lugar da parroquia de Pidre no concello lugués de Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

      Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2021 tiña tres habitantes (un home e dúas mulleres). 

     Forma un único núcleo xunto coa aldea da da Ponte Mercé (Barreiro, Antas de Ulla), do outro lado do río Ulla.

Toponimia
      O topónimo A Ponte Mercé débese á presenza dunha ponte xunto a unha ermida baixo a advocación da Virxe da Mercede.

Lugares de Pidre
     Chorexe, Frádegas, Laxe, Outeiro, Pidre, A Ponte Mercé 

Pidre
     Santa María de Pidre é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 99 habitantes, deles 55 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2007.

Patrimonio
       A igrexa de Santa María de Pidre é de estilo románico, a portada con arco de medio punto e dúas arquivoltas. 

       Na Ponte Mercé está a capela da Mercede, e unha ponte medieval sobre o río Ulla con dous arcos: un oxival e outro de medio punto. No recinto do pazo de Chorexe, a capela de Pardo de Chorexe.

Festas
      Celébrase a festa de San Ramón o 31 de agosto. 

Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.  

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

       O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 9 de enero de 2026

CAPELA DO SEÑOR DO BONFIM - GANDRA - VALENÇA DO MINHO

CAPELA DO SEÑOR DO BONFIM

GANDRA

VALENÇA DO MINHO  

Gandra
      Gandra era unha fregresia portuguesa do municipio de Valença, distrito de Viana do Castelo.

Historia
       Foi suprimida o 28 de xaneiro do 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro do 2013 o xuntarse coa fregresia de Taião, formando a nueva fregresia de Gandra e Taião. 

Valença do Minho
     Ciudade fronteiriza entre Portugal e España situada xunto ao Río Miño, Valença do Minho destaca polas murallas e vestixios propios dunha cidade fortificada dos s. XVII-XVIII (ao estilo do arquitecto francés Sébastien Lle Pestre, Señor de Vauban), que forman o centro histórico hoxe en día coñecido como A Fortaleza, desde o que se pode divisar a ponte fronteiriza construída por Eiffel en 1885.

      O seu primeiro nome foi "Contrasta", que significa poboación oposta a outra, debido á súa localización fronte á cidade galega de Tui na outra abeira del Río Miño.

      Hoxe en día é unha pequena cidade (3,500 habitantes) cun comercio florecente, entre os que destacan, por encima de todos, os produtos téxtiles. É dicir, as toallas que todos os que vivimos preto de Portugal fomos a comprar algunha vez...

     A fortificación conserva catro portas: Santiago ou do Sol, de Gaviana (arco gótico), de la Fuente da Vila e da Coroada, así como doce baluartes, construídos en diferentes épocas, formando o conxunto unha planta en forma de coroa.

     Perfecto exemplo de arquitectura militar gótica e barroca portuguesa (xunto coas fortificacións de Almeida e Elvas), no seu día tivo que defenderse de invasións árabes e outras ofensivas, resultando un enclave dun alto valor estratéxico pola súa localización fronteiriza.

     Actualmente as murallas atópanse en moi bo estado así como as rúas e edificios do seu interior, ofrecendo un ir e vir constante de turistas, sobre todo españois. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA