miércoles, 10 de diciembre de 2025

CRUZ NA FONTE SANTA - A FONTE SANTA - BARCIA DE MERA - COVELO

 CRUZ NA FONTE SANTA

A FONTE SANTA

BARCIA DE MERA

COVELO

      San Xoan de Mosteiro e o seu ámbito, esconde a historia máis antiga da parroquia de Barciademera, no concello de Covelo. 

     Neste lugar, no máis profundo do canón polo que discorre o Rio Alén (afluente do Tea) encontramos unha paraxe esquecida durante anos na que nos trasladamos a outra época, pode que a outra dimension, ao mais alla, todo parece estar rodeado de misterio, nótase cada paso que se dá.

 "A Fonte Santa".
      É de aparencia moi similar á que existe detras da capela de San Xoan, e nas súas inmediacións aprécianse restos de distintos muros que supostamente pertenceron a un antigo mosteiro benedectino que daría o nome a San Xoan de Mosteiro. 

     Sería ademais outra das causas que orixinarían o gran desgaste do camiño empedrado que estamos a percorrer. Impresionante empredrado que nos fai transladar a tempos pasados.

     A tradición popular conta que neste apartado lugar se realizaban as execucións por parte da Inquisición, e que esa é a causa de que se amoreen sobre esta fonte unha enorme cantidade de cruces, tanto de pedra coma de madeira, en recordo á gran cantidade de victimas aqui xerada. 

     Cóntase que este lugar quedou sepultado por un corremento de terra e que foi redescuberto polo párroco alá por 1900, e que se rescatou a súa historia do esquecemento porque algúns veciños aínda recordaban os relatos dos seus antepasados acerca da Fonte Santa de San Xoan de Mosteiro

A impresionante Fonte Santa
     Esta lugar "A Fonte Santa" impresiona, segue estando enchido de cruzamentos, segue sendo lugar de culto ao que se achegan multitude de persoas, e segue sendo un lugar misterioso no que se reciben moi estrañas sensacións, en especial polas noites. 

     Os paisanos seguen contando que existía algunha estraña cova usada a xeito de foxa común e mesmo de minas que xeraban riqueza para o antigo mosteiro, pero todo isto non é certo.... ou si?…. Nunca se puido demostrar nin o un nin o outro.

     San Xoan de Mosteiro segue sendo un lugar realmente intrigante.

     Debemos saber tamén que podemos continuar o paseo despois da Fonte Santa, xa que a paraxe segue sendo unha natureza case virxe de extrema beleza, se podria perder un embriagado pola beleza do lugar.

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 9 de diciembre de 2025

PONTILLON DE MOURISCADOS - REGO DE RIOBÓ - MOURISCADOS - AVIÓN

PONTILLON DE MOURISCADOS

REGO DE RIOBÓ

MOURISCADOS

AVIÓN

 Mouriscados
      Mouriscados é un lugar da parroquia de Abelenda no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. 

     Tiña 81 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 39 eran homes e 42 mulleres. 

      Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 84 habitantes (41 homes e 43 mulleres). 

Abelenda 
     Santa Mariña de Abelenda é unha parroquia do concello de Avión. 

     Segundo o IGE en 2017 tiña 483 habitantes, 160 menos ca en 2010 e 234 menos ca en 2005.

Lugares de Abelenda
     Abelenda, Boeixos, A Carixa, Casar do Nabo, Mangoeiro, Mouriscados, Pordelapa, Rodeiro 

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). 

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. 

      O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


lunes, 8 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DA CAPELA DE SAN MIGUEL - CORZÓS - A LAMOSA - COVELO

 CRUCEIRO DA CAPELA SAN MIGUEL

CORZÓS

A LAMOSA

COVELO

     Ao carón da capela de San Miguel de Corzós podemos ver este cruceiro do ano 2002 que nace sobre un so chanzo de sección cadrada.

      A súa base en escocia da paso a un varal coa primeira metade en sección cadrada e a segunda en octogonal.

     O capitel de estilo corintio da paso a unha cuz latina na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que da de beber vinagre a Cristo.

      Segundo recolle Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez no seu libro, “o cruceiro foi ofrecido por Domingos Conde Lamela a San Miguel”.

      “A vella cruz rompeuna un camión no ano 1992, cando daba marcha atrás. 

      Dende aquela houbo varios intentos dos vecios por arranxar a cruz ou substituíla por unha nova; como non prosperaban aquelas iniciativas o señor Conde Lamela ofreceu este cruceiro ó santo”. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 

CASTELO DE FRAIÃO CASTELO DA FURNA - BOIVÃO - VALENÇA DO MINHO

CASTELO DE FRAIÃO OU DA FURNA

 BOIVÃO

VALENÇA DO MINHO  

      Castelo de Fraião, tamén coñecido como Castelo da Furna ou Castelo de Boivão, é un xacemento arqueolóxico e un poboado fortificado (castro) situado no Monte do Castelo, na fregresía de Boivão, no concello de Valença do Minho, Portugal. 

      Trátase dos restos dun asentamento que data principalmente da Idade do Bronce, con ocupacións que se estenden dende a Idade do Bronce Inicial ata o final da mesma. 

Características principais:
 
  Localización: Encóntrase nun monte, dende onde se pode observar unha ampla extensión do val do Miño e do sur de Galicia.
 
  Nomeclatura: Os nomes "da Furna" e "de Fraião" refírense ao mesmo lugar, e ás veces tamén se lle chama "Castelo de Boivão", a freguesía á que pertence.

    Tipo de construción: É un castelo roqueiro, formado a partir de grandes formacións graníticas naturais (batólitos) onde se incrustaban as estruturas do poboado.
    Arqueoloxía: Realizáronse diversas intervencións arqueolóxicas no xacemento, que revelaron materiais da Idade do Bronce, como fragmentos de cerámica.
 
  Accesibilidade: A zona do castelo pode estar valada e o acceso ao punto máis alto pode ser difícil, segundo algunhas rutas de sendeirismo. Non obstante, é un punto de interese para rutas de sendeirismo e xeolóxicas na rexión. 

     O xacemento está inventariado como patrimonio municipal e forma parte dos puntos de interese arqueolóxico do municipio de Valença. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 7 de diciembre de 2025

CASTRO DE GARFIÁN - GARFIÁN - BEARIZ

 CASTRO DE GARFIÁN

GARFIÁN

BEARIZ

     O Castro de Garfián é un antigo asentamento fortificado (castro) prerromano na aldea de Garfián, no municipio de Beariz (Ourense, Galicia).  

     Famoso polas suas defensas, un alxibe de pedra con gravados de cabalos e petróglifos, sendo un punto crave no Roteiro de Garfián. 

     Un roteiro de sendeirismo que atravesa a zona, ideal para coñecer a natureza, a historia local e vistas panorámicas desde zonas elevadas. 

Que é e que atopar:
 
  Historia e Estrutura: É un poboado fortificado típico galaico, con murallas defensivas e estruturas de vivendas, aínda que moitas pedras reutilizáronse en construcións posteriores.

    Alxibe e Petróglifos: Destaca un alxibe escavado na roca con gravados rupestres, incluíndo figuras de cabalos, e petróglifos que enriquecen o xacemento.

    Natureza: A zona está rodeada de robledales e castiñeiros, ofrecendo unha contorna natural agradable. 

O Roteiro de Garfián:
   
Percorrido: É un roteiro circular dun 8 km que pasa polo centro e sur de Beariz, incluíndo a aldea de Garfián.

    Características: Combina subidas e baixadas, zonas asolladas con vistas e tramos sombreados preto de regatos, ideal para sendeirismo, BTT ou quad.
 
  Puntos de Interese: Permite descubrir pequenos núcleos rurais e vestixios megalíticos, ademais do propio Castro de Garfián. 

Como chegar e gozalo:
    A aldea de Garfián serve como punto de partida ou referencia para o roteiro.

    É recomendable seguir a sinalización para gozar do itinerario completo e explorar estes importantes restos arqueolóxicos e paisaxísticos. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


CRUCEIRO NA IGREXA DE SANTA BAIA - CALDELAS - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DA IGREXA DE SANTA BAIA

CALDELAS

PONTE CALDELAS 

      Este cruceiro é o primeiro das cruces que forman o Vía Crucis que remata na ermida do Sagrado Corazón (O Casteliño). 

      Plataforma de dous banzos rodeada dun seto de buxo, enriba deles pedestal cúbico de 50 cm. cunha ancha moldura circular na cara superior. 

     Figuran unhas letras non todas lexibles: MM/S ME, FECIT AN e unha data, pode ser 1692, non sendo seguro o 9.

      Fuste cilíndrico estreitándose no seu remate.

      Capitel composto, clásico, tallado no mesmo bloque co fuste.

      Cruz nodosa con carteleira de INRI sobresaíndo polos lados.

     Cristo, despegado da cruz, ten coroa con espiñas de ferro. Leva melena, cara con barba e boca entreaberta.

      Os brazos están case en horizontal, rematan en mans pechadas. Cravos da mesma feitura ca dos pes.

     Nótase que este cruceiro estivo policromado polo restos de pintura que aínda perduran. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA