sábado, 6 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DE CASEIRO - CASEIRO - NIEVA - AVIÓN

CRUCEIRO DE CASEIRO

CASEIRO

NIEVA

AVIÓN

     Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados. 

     A súa base é de forma octogonal e posúe diferentes relevos con forma de serpe e caveiras en alusións á morte e ao pecado. 

     Tamén conten a data da súa realización: 1789.

     O varal ten forma cadrada e nel podemos ver relevos dos elementos da Paixón de Cristo: os tres cravos, o martelo, as tenaces e a escaleira.

     O capitel de tipo xónico con follas de cacanto, da paso a unha cruz de brazos potentados no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e da Virxe do Rosario que se apoia nunha peañaa con cabezas aladas de querubíns.

     Na fronte do cruceiro podemos ver unha ara. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA RÚA DAS COBAS - A RUIBAL - SALCEDO

 CRUCEIRO DA RÚA DAS COBAS

RÚA DAS COBAS

A RUIBAL

SALCEDO

Salcedo
     San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. 

      Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.

Historia
      Nos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. 

      Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino.

      Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.

      En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra.

Patrimonio
      Amais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

      O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.

      As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 5 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DE FONTEFRIA - PRAZA DA CARTERIA - COUSO - CAMPO LAMEIRO

 CRUCEIRO DE FONTEFRIA

PRAZA DA CARTERIA

COUSO

CAMPO LAMEIRO

O Couso
     San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) 71 menos que en 1999. 

    Ten sete entidades de poboación.

Festas
    Festas patronais de San Cristovo do Couso o 27, 28 e 29 de xullo.
    Festa do Santísimo Sacramento o 22 de xuño.

Lugares do Couso
O Castriño, Castro, Cimadevila, O Couso, Fafiz, Liñares, Padín, Rozas 

Comarca de Pontevedra
     A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA  

CRUCEIRO DA CARBALLEIRA DE SANTA XUSTA - SANTA XUSTA - MORAÑA

CRUCEIRO DA CARBALLEIRA

CARBALLEIRA DE SANTA XUSTA 

SANTA XUSTA

MORAÑA 

Santa Xusta de Moraña
     Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 477 habitantes, sendo 220 homes e 257 mulleres.

Moraña na cultura popular galega
     No santuario de Santa Xusta de Moraña acoden os que se cren vítimas do mal de ollo para botar fóra o meigallo.

     Bouza Brey atribúe a iso a representación da Santa como muiñeira, cunha vasoira na man, coa que limpa o feitizo ou símbolo das mesmas bruxas causantes do mal.

Lugares de Santa Xusta de Moraña
    Alende, A Bouza, As Casiñas, A Igrexa, O Lameiro, A Laxe, Longás, As Pontellas, Rial, As Teixugueiras 

Comarca de Caldas
     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

    Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA IGREXA DE GODÓNS - GODÓNS COVELO

 CRUCEIRO DA IGREXA 

GODÓNS

COVELO

Godóns
      Santa María de Godóns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta.  

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 252 habitantes (146 mulleres e 106 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes.  

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 148 habitantes, sendo 71 homes e 77 mulleres.

Información
     Esta parroquia atópase a 10 quilómetros da capital do concello. 

     A gandaría unida á agricultura minifundista en desaparición considérase a súa principal actividade, mais agora a concentración parcelaria que posúe a zona aumentou as superficies cultivábeis. 

      Dende os seus cumios, sobre todo o monte Collado, pódese observar unha paisaxe da parroquia.

     Godóns posúe, amais, unhas antigas vías empedradas e unha ponte medieval que atravesa o río Tea.

Lugares de Godóns
      A Bugariña, Cardezana, Cernadela, Chan de Souto, Costa, As Covilloas, O Lomedro, Pardellas, O Petouto, A Portela, Sutibal, Vilar   

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 4 de diciembre de 2025

MONUMENTO A VALERIANO VALVERDE DA TORRE - RÍO TEA - MONDARIZ

MONUMENTO

VALERIANO VALVERDE DA TORRE

RÍO TEA

MONDARIZ

     No paseo que discorre pola beira do río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario ai unha lápida na que pode lerse: "Aquí faleceu Valeriano Valverde da Torre. 30-6-1962. Aos 9 anos. D.E.P." 

        No pobo teñen recordo do que sucedeu no 30 de xuño de 1962. 

       Un neno de nove anos afogouse ao verse sorprendido pola crecida do río mentres tentaba salvar as vacas e o carro ou iso contáse.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA