miércoles, 8 de octubre de 2025

IGREXA DE NOSA SEÑORA DE LODAIRO - CARBALLEDA DE AVIA

 IGREXA DE NOSA SEÑORA DE LODAIRO

CARBALLEDA DE AVIA

 Carballeda de Avia
     Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.  

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).

     O seu xentilicio é carballedés ou aviao. 

Xeografía
     O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Historia
     Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio
      A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

     A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SANTIAGO DE CERCIO - CERCIO - LALÍN

 IGREXA DE SANTIAGO

CERCIO

LALÍN

Igrexa de Santiago de Cercio
      Construída no ano 1700. Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro destacado en altura, e cuberta a catro augas, ao igual que as capelas e sancristía, mentres que a nave ten teito a dúas augas.

      A súa fachada é de pedra á vista, co resto dos muros exteriores revocados. 

      Na portada, de estilo barroco, destaca un gran escudo mariano e unha imaxe pétrea da Virxe do Carme sobre o eixo da porta, alintelada. 

      A espadana, sobre o eixo da igrexa, é de dous corpos separados por cornixas, o primeiro con dous arcos e o segundo cun só arco, rematado con frontón curvo e decoración de pináculos.

Cercio
     Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Patrimonio
      Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. 

      No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.

Festas
     O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor á Virxe dos Milagres. 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 7 de octubre de 2025

IGREXA DE SANTA CRUZ DE LAMAS - A IGREXA - LAMAS - MORAÑA

 IGREXA DE SANTA CRUZ

A IGREXA

LAMAS

MORAÑA

 A Igrexa
      A Igrexa é un lugar da parroquia de Lamas no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas

Toponimia
       O topónimo A Igrexa (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de Santa Cruz de Lamas.

Lugares de Lamas
     A Aldea da Fonte, Chaián de Abaixo, Grixó, A Igrexa, A Peroxa, Silvoso, O Souto 

Lamas
     Santa Cruz de Lamas é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 346 habitantes (176 homes e 170 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes. 

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 323 habitantes, sendo 154 homes e 169 mulleres.

Toponimia
     O topónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo. 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.  

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE CABALEIRO - CABALEIRO - CAMPAÑO - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DE CABALEIRO

CABALEIRO

CAMPAÑO

PONTEVEDRA

      Cruceiro sobre tres chanzos de pedra, sobre os que se asenta un cubo cos bordos superiores rebaixados. 

     No que esta situado un retablo con ata cinco figuras colocadas verticalmente e unha horizontal que parece ser un anxo voador que tende a man as que atopan por debaixo. 

     As dúas figuras centrais danse a man. 

     Fuste de planta octogonal, na metade da cal aparece a figura de San José. 

    Capitel ornamentado con follas e cabezas de anxos, agás pola parte dianteira, onde mostra unha caveira. 

     Cruz grosa, rematada en volutas, cun Cristo que ten abrazado á súa cintura un San Francisco de pequeno tamaño. 

     No reverso aparece a Virxe coroada por dous anxos. 

Cabaleiro
     Cabaleiro é un lugar da parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra, na comarca homónima

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 122 habitantes (54 homes e 68 mulleres). 

MAPA

  

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 



lunes, 6 de octubre de 2025

PONTELLA DA PICOTA - REGO DE CASTAÑOSA - A PICOTA - AMIL - MORAÑA

PONTELLA DA PICOTA 

REGO DE CASTAÑOSA
A PICOTA
AMIL
MORAÑA

Amil
      San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico
      A igrexa parroquial foi construída en 1781.

      En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

      A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

Festas
      Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.

Lugares de Amil
      O Apedrado, Barro, Cartamil, O Castriño, A Chan, O Outeiro, A Picota, Piñeiro, Pumardatán, A Rozavella, Ruibal, Torre de Abaixo, Torre de Arriba, Vilacova 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

      Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

domingo, 5 de octubre de 2025

CRUZ DE VILARIÑO - VILARIÑO - POIO

 CRUZ DE VILARIÑO

VILARIÑO

POIO

      Cruz sobre un penedo de 1,5 m. de altura do que destaca a presenza dunha cazoleta profundamente marcada sobre o lado norte do mesmo.

      Trátase dunha cruz latina con arestas rebaixadas excepto nos remates. 

      Na unión do pau cos brazos da cruz hai unha rodela labrada, posiblemente unha coroa de espiñas cunha cruz no seu centro.

Vilariño
      Vilariño é un lugar da parroquia de Poio (San Xoán) no concello pontevedrés de Poio na comarca de Pontevedra. 

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 158 habitantes (81 homes e 77 mulleres).  

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA