sábado, 4 de octubre de 2025

CRUCEIRO EN BESEXOS - BESEXOS - VILA DE CRUCES

 CRUCEIRO EN BESEXOS

BESEXOS

VILA DE CRUCES

 Besexos
     San Fiz de Besexos é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 128 habitantes (71 mulleres e 57 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 88 habitantes, sendo 42 homes e 46 mulleres.

Lugares de Besexos
     Barrio, Castro, Esmoriz, A Fervenza, Pazos, A Pena, O Souto 

Comarca de Deza
      A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.  

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

      Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PONTE ROMANO DE CANGAS DE ONÍS - RÍO SELLA - CANGAS DE ONÍS

 PONTE ROMANA DE CANGAS DE ONÍS

RÍO SELLA

CANGAS DE ONÍS

      A pesar que é coñecido co nome de Ponte Romana, construíuse no século XIII.  

     Nos seus cimentos podemos atopar os restos dunha antiga ponte, este se probablemente romano. 

    Por este lugar pasaba a vía romana que comunicaba Lucus Asturum (preto de Oviedo) e Portus Victoriae (Santander). 

     É precisamente a existencia desta calzada romana e a ponte, que permitía cruzar o río Sella, este e probablemente o nacemento de Cangas de Onís.

     Orixinariamente foi construído con sete arcos, lixeiramente apuntados. 

    Ao longo dos séculos sufriu numerosas modificacións, as máis importantes foron efectuadas en 1876 e tras a Guerra Civil, momento en que sufriu graves danos. 

     Entre 1940 e 1943 restaurouse, dotándoo do aspecto actual.

     No arco central hai colgada unha réplica, de grandes dimensións, da Cruz da Vitoria. 

     Esta construíuse en 1939, cando a imaxe da Virxe de Covadonga foi novamente entronizada no santuario, tras sufrir un exilio temporal en París, para evitar que fose destruída durante a Guerra Civil. 

      Durante o camiño de regreso da Santina, esta cruzou a ponte, onde se instalou un arco de triunfo coroado pola cruz. 

MAPA

 

Fuente: www.artmedieval.net

XOAN ARCO DA VELLA 


MÁMOA DE XIRAZGA - SANTO DOMINGO - XIRAZGA - BEARIZ

 MÁMOA DE XIRAZGA

SANTO DOMINGO

XIRAZGA

BEARIZ

 Mámoa de Xirazga.
     A mámoa de Xirazga é un monumento megalítico situado na carballeira de Santo Domingo, na parroquia de Xirazga do concello de Beariz, pertencente á provincia galega de Ourense.

     Considerada como a mámoa mellor coidada da Comarca do Carballiño, sinalizouse e limpouse no ano 2003.

Descrición
     Túmulo de pedras e terra con cráteres de violación duns 7 metros de diámetro e uns 150 centímetros de profundidade que pode chegar ao paleochan da mámoa.

     Presenta dous cantos in situ e dous desprazados.

     Podería ter tamén unha posible cámara poligonal cun corredor para o seu acceso.

     Ten unha superficie de 269 metros cadrados e unha altura de 195 centímetros. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 3 de octubre de 2025

CRUCEIRO DE CASTRO DE ORTO - CASTRO DE ORTO - COUSO - CAMPO LAMEIRO

 CRUCEIRO DE CASTRO DE ORTO

CASTRO DE ORTO

COUSO

CAMPO LAMEIRO

O Couso
       San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro.  

       Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) 71 menos que en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Festas
    Festas patronais de San Cristovo do Couso o 27, 28 e 29 de xullo.
    Festa do Santísimo Sacramento o 22 de xuño.

Lugares do Couso
      O Castriño, Castro, Cimadevila, O Couso, Fafiz, Liñares, Padín, Rozas 

Comarca de Pontevedra
      A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DA VIRXE DA FECHA - REQUIÁS - MUIÑOS

 CAPELA DA VIRXE DA FECHA

REQUIÁS

MUIÑOS

 Requiás
      Santiago de Requiás é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. 

      No ano 2020 tiña 185 habitantes, dos cales 85 eran homes e 100 mulleres.

Lugares de Requiás
     Guntumil, Requiás 

Muíños
     Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. 

      Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios.  

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes.

Xeografía
       O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

      O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.

      Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


jueves, 2 de octubre de 2025

CAPELA DE CASTRO DE ORTO - CASTRO DE ORTO - COUSO - CAMPO LAMEIRO

 CAPELA DE CASTRO DE ORTO

CASTRO DE ORTO

COUSO

CAMPO LAMEIRO

 Capela de Castro de Orto
      Capela de pequenas dimensións situada preto da aldea de Castro de Orto, e do castro no mesmo nome. 

       Como curiosidade atópase parcialmente construída sobre un outeiro granítico.

O Couso
       San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. 
 

       Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) 71 menos que en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Festas
    Festas patronais de San Cristovo do Couso o 27, 28 e 29 de xullo.
    Festa do Santísimo Sacramento o 22 de xuño.

Lugares do Couso
      O Castriño, Castro, Cimadevila, O Couso, Fafiz, Liñares, Padín, Rozas 

Comarca de Pontevedra
      A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA