miércoles, 1 de octubre de 2025

PORTO DE TAPIA DE CASARIEGO - ASTURIAS

 PORTO DE TAPIA DE CASARIEGO

ASTURIAS

     O porto de Tapia de Casariego localízase nun enclave cuxa orografía lle dota dunha resgardada enseada, facendo do lugar un perfecto fondeadoiro natural. Doutra banda o río dos Corrigos desembocaba alí, o que proporcionaba un espazo perfecto para varar as embarcacións.

     Seguramente a configuración xeográfica alentou a empregar este espazo como porto e fondeadoiro desde a antigüidade. 

      Cando os romanos chegaron a estas terras posiblemente utilizáseno co fin de fondear as súas embarcacións para cargar ou descargar mercadorías ou ben para resgardalas dos temporais.

      Este porto natural melloraría durante a Idade Media ata converterse nun punto de relativa importancia na costa occidental asturiana. Aproximadamente entre os séculos XVII e XVIII a actividade incrementouse debido á caza da balea franca. Esta práctica foi traída polos baleeiros vascos procedentes de Orio. A partir deste intre o crecemento de Tapia concentraríase en torno ao porto.

      A finais deste intervalo de tempo hai que destacar unha certa importancia estratéxica do porto de Tapia. Disto dá conta a creación dun posto de artillería con dous canóns no promontorio costeiro que hoxe coñecemos como “Vos Cañois”. Con iso búscase evitar que o pobo fose saqueado por inimigos durante períodos de guerra.

        A desaparición da balea franca no mar Cantábrico e con ela o seu caza, ten como consecuencia que durante o século XVIII os tapiegos dedicásense á pesca. Esta actividade pronto cobrou importancia, chegando a existir un considerable número de embarcacións, así como de persoas, que se dedicasen a ela. Deste xeito Tapia convertíase nunha vila mariñeira.

     Hai que ter en conta que, dentro do percorrido histórico que fixemos, o aspecto do porto de Tapia distaba moito do que hoxe coñecemos. Tratábase dunha enseada natural con certas adaptacións para poder servir como porto. A configuración actual debémoslla a dous personaxes moi importantes na historia local; Fernando Fernández Casariego e Fernando Pérez Casariego.

      O primeiro personaxe fundou o concello de Tapia de Casariego en 1863, que ata entón pertencera a Castropol, e realizou obras de notable importancia para a vila como o murallón, o edificio que é actualmente o concello, os edificios que hoxe en día conforman o IES Marqués de Casariego, a rede de sumidoiros… 

        Entre as súas intencións estaba a de dotar a Tapia cun porto solvente, para o que elaborou un ambicioso proxecto que entón non se puido levar a cabo. Será Fernando Pérez Casariego, o seu sobriño, quen execute tal obra.

      Elabórase un primeiro proxecto que se verá sometido a recortes no seu orzamento dando lugar a un segundo proxecto, o cal levará a cabo. Nel aparecen reflectidos a maior parte dos elementos que o conforman hoxe en día; o peirao do Rocín, o Malecón (Rompeolas), o peirao de Fóra e o peirao de Terra.

      Finalmente, as obras terminan en 1880.  Estes cambios permitiron dispoñer dun porto adecuado para os buques mercantes de cabotaxe, incrementándose as atracadas e polo tanto cargas e descargas dos devanditos navíos.

      A pesca tamén se viu favorecida, novos barcos arribaron ao porto e as melloras permitiron facer un pouco máis fácil unha dura profesión como o é a de mariñeiro. 

     A industria conserveira beneficiouse moito desta situación incrementándose o número de empresas e empregados. 

     O porto converteuse no corazón do novo concello de Tapia.

      A partir de entón os novos elementos arquitectónicos veríanse sometidos a fortes temporais e reparacións, así como obras de mellora e dotación de equipamentos, algo que se prolongou ata os nosos días, como exemplo a incorporación dun novo guindastre este ano.

      O porto é unha importante parte de Tapia cunha dilatada historia que marcou e definiu as vidas de moitos tapiegos, configurou o crecemento do pobo e serviu como abrigo e refuxio a moitas embarcacións. Un elemento que a día de hoxe segue vivo.  

MAPA 

 

Fuente: Apartamentos Navalin 

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 11 de septiembre de 2025

IGREXA DE SAN MAMEDE DE AMIL - PUMAR DE TÁN - AMIL - MORAÑA

 IGREXA DE SAN MAMEDE DE AMIL

PUMAR DE TÁN

AMIL

MORAÑA

      Igrexa de planta de cruz latina coa sancristía adousada ó norte. 

       Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito con cuberta de tella a dúas e catro augas. 

      A fachada principal, flanqueada por pilastras laterais rematadas por pináculos con bóla, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, cunha portada rectangular alintelada con recercado de molduras acodadas sobre ela.  

      Sobre o ingreso un frontón semicircular partido con fornela interior. 

     Máis arriba unha xanela cadrada recercada de moldura plana acodada. 

     Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha torre-campanario. 

     Esta torre posúe dous corpos: o primeiro está ocupado polo corpo das campás e no segundo destaca unha cupuliña rematada nun pináculo.

     Esta igrexa de estilo barroco, construíuse no ano 1781, polo párroco Antonio Manuel Vega y Aguiar.

Comarca de Caldas
       A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

       Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DO CAMPO DA FESTA - SAN BARTOLOMEU DA FREIXA - BOBORÁS

 CRUCEIRO DO CAMPO DA FESTA

SAN BARTOLOMEU DA FREIXA

BOBORÁS

 Boborás
     O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.

Romaría S. Bartolomeu da Freixa
     A romaría de San Bartolomeu da Freixa celébrase tódolos anos o 24 de agosto.

     A celebración céntrase nunha misa na honra do santo cunha procesión polo pobo que logo da paso a unha comida ao aire libre, nas inmediacións do Río Avia amenizada por con música de charangas e bandas de gaitas. A noite a verbena faise a cargo dunha orquestra.

     Ten unha grande tradición en todo o municipio e resto da comarca, sobre todo entre a poboación máis nova.

A Comarca do carballiño
     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.

      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA IGREXA DE SANTA MARIÑA - REBOREDO - FRAGAS - CAMPO LAMEIRO

CRUCEIRO DA IGREXA 

 IGREXA DE SANTA MARIÑA

REBOREDO 

FRAGAS

CAMPO LAMEIRO

Fragas
       Santa Mariña de Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Campo Lameiro.  

       Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 605 habitantes (299 mulleres e 306 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 658 habitantes.

Patrimonio
       A igrexa parroquial de Santa Mariña de Fragas conserva a fachada románica (do século XII), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo tímpano no que se representa a un bispo bendicindo ós fieis, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos evanxeos.

       No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de petróglifos que existen en Campo Lameiro. Denomínase a Pedra da Boullosa e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.

Lugares de Fragas
     Cerdeiras, Fontenla, Gargallóns, A Laxe, Mullerboa, Reboredo, Redonde 

Comarca de Pontevedra
      A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.

MAPA 

  

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 


 

 

miércoles, 10 de septiembre de 2025

CRUCEIRO DA IGREXA - IGREXA DE SAN MARTIÑO - GARGANTÁNS - MORAÑA

 CRUCEIRO DA IGREXA

IGREXA DE SAN MARTIÑO

GARGANTÁNS

MORAÑA

 Gargantáns
        San Martiño de Gargantáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 225 habitantes (118 mulleres e 107 homes), nove menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.


 Patrimonio
      A Lapa de Gargantáns é un menhir de pouco menos dos dous metros de altura datado entre os anos 3000 e 2000 a.C. Orixinariamente era máis alto, xa que se comprobou que a base está cortada, polo que se supón que foi trasladado desde outro sitio ata a súa localización actual. Presenta a superficie labrada, aínda que actualmente só se aprecian varias cazoletas. Aparece representado como motivo principal do escudo de Moraña.

     A igrexa parroquial de San Martiño conserva a ábsida románica.

Lugares de Gargantáns
      A Espedregueira, O Muíño, Paraños, San Martiño 

 Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

       Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA