jueves, 7 de agosto de 2025

IGREXA DE SAN PAIO DE BAIS - BAIS - AGOLADA

 IGREXA DE SAN PAIO DE BAIS

BAIS

AGOLADA

San Paio de Bais
     San Paio de Bais é un lugar da parroquia de San Paio de Bais, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 

      Segundo o INE, no 2008 tiña 28 habitantes (11 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución de 5 habitantes con respecto ao ano 2000.

Lugares de San Paio de Bais
     Cacharenzo, As Casas Novas, Costela, San Paio de Bais 

Agolada
      Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza.  

     Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).

     O seu xentilicio é agoladés ou aqualatense.

Xeografía
     Agolada está situado no centro de Galicia, na punta nordeste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a serra do Farelo e o río Ulla. 

     O concello limita cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla (provincia de Lugo), Santiso (provincia da Coruña), Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces.

     O monte Farelo, con 952,6 metros, e situado na serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. 

     O río Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal curso fluvial. En Brocos úneselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros. O seu outro afluente principal é o río Deza.

     Ten clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1 290 mm.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN PEDRO DE GAXATE - A IGREXA - GAXATE - A LAMA

 IGREXA DE SAN PEDRO

A IGREXA

GAXATE

A LAMA

     Edificación relixiosa construída en cantaría granítca, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas, e con pináculos nos seus esquinais.

     A fachada principal presenta pilastras laterais. Posúe unha porta de aceso lintelada, enmarcada e con pináculos na súa parte superior.

     Por riba da porta ten unha xanela de sección rectangular e decorada con motivos que semella unha concha de vieira, e unha fornela coa imaxe do patrón.

     O conxunto remata cunha torre – campanario en posición central, con balaustrada e, de remate, unha sección con forma de cúpula.

     No adro da igrexa existe un cruceiro.  

      Tamén podemos ver o antigo cemiterio e un Vía Crucis.

     Na cornixa da porta principal vemos un reloxo de sol feito en pedra.

MAPA

  

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 



miércoles, 6 de agosto de 2025

CALVARIO DE SANTA MARIÑA DE CASTRO DE AMARANTE - ANTAS DE ULLA

 CALVARIO DE SANTA MARIÑA

SANTA MARIÑA DE CASTRO DE AMARANTE

ANTAS DE ULLA

Santa Mariña do Castro de Amarante
     Santa Mariña do Castro de Amarante é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 112 habitantes (58 mulleres e 54 homes), 27 menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.

Toponimia
      O topónimo Santa Mariña do Castro de Amarante ten tres elementos: Santa Mariña é un haxiónimo referido a Mariña de Antioquia; Castro fai referencia a un poboado castrexo; Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo Amaranti), relacionado coa herba do amaranto.

Historia
      Santa Mariña chegou a ostentar a capitalidade do concello de Antas de Ulla.

Patrimonio
    Balneario de Frádegas.
    Pazo de Santa Mariña.
    Cruceiro de Frádegas.

Festas
     As Festas do Cristo, que se celebran o primeiro domingo de agosto, teñen sona en toda a comarca.

Lugares de Santa Mariña do Castro de Amarante
    Augas de Frádegas, O Coto, Frádegas, Os Píos, Santa Mariña, Toande, Vilariño 

Comarca da Ulloa
    A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres

      O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DOS REMEDIOS - GRANJA - MONÇAO

 CAPELA DOS REMEDIOS

GRANJA

  MONÇAO

Monção
      Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
      Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.

      Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros   

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
      Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

      Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. 

      Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

lunes, 4 de agosto de 2025

CRUCEIRO DE CARDAMIL - AMIL - MORAÑA

 CRUCEIRO DE CARDAMIL

CARDAMIL

AMIL

MORAÑA

 Cartamil
     Cartamil é un lugar da parroquia de Amil no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas 

Amil
     San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico

      A igrexa parroquial foi construída en 1781.
     En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

      A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

      Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX,

Festas
     Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.

Lugares de Amil
     O Apedrado, Barro, Cartamil, O Castriño, A Chan, O Outeiro, A Picota, Piñeiro, Pumardatán, A Rozavella, Ruibal, Torre de Abaixo, Torre de Arriba, Vilacova  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA