viernes, 4 de julio de 2025

IGREXA DE SAN CIBRAO - COVAS - PEREIRO DE AGUIAR

 IGREXA DE SAN CIBRAO

COVAS

PEREIRO DE AGUIAR

 Igrexa de San Cibrao de Covas
     Esta igrexa presenta un estilo barroco característico do SXVIII.

      Amosa unha grande austeridade decorativa exterior onde a portada aparece enmarcada por unha robusta moldura, ao igual que a fiestra que se atopa enriba dela.

     Posúe unha espadana que se desenvolve en dous corpos: o superior con dous arcos de medio punto separados entre si, onde se atopan as campás e, o superior conta cun só arco. 

      Posúe cinco pináculos dos cales un desapareceu.

     Nos ángulos da fachada, o pináculo acaba en bólas abertas que lle confiren unha aparencia vexetal. 

     Tanto a igrexa como a casa reitoral, están situadas no punto máis alto de Covas.

Covas
     San Cibrao de Covas é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 958 habitantes (475 homes e 483 mulleres). 

MAPA

 

 Fuente: Web Turismo de Pereiro de Aguiar

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 3 de julio de 2025

PETO CRUCEIRO DE TANGIL - SANTA MARINHA - MONÇAO

PETO CRUCEIRO DE TANGIL

SANTA MARINHA

 MONÇAO 

 Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA 

  

XOAN ARCO DA VELLA 


MUIÑO DO SOUTO - REGO DA BOCA - LOÑA DO MONTE - SOUTO - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 MUIÑO DO SOUTO

LOÑA DO MONTE 

REGO DA BOCA

SOUTO

NOGUEIRA DE RAMUÍN

 Souto
     Souto é un lugar da parroquia de Loña do Monte, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

Lugares de Loña do Monte   
     A Eirexa, Fondo de Vila, As Raposas, Requeixo, Souto, Vilouriz 

Loña do Monte
      San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 134 habitantes (65 homes e 69 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

      Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Gomariz (en Loña do Monte, Esgos), forma a parroquia eclesiástica de Loña do Monte.

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

      Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN TOMÉ - SORRIBAS - ROIS

 IGREXA DE SAN TOMÉ

SORRIBAS

ROIS

 Sorribas
      San Tomé de Sorribas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.

     Segundo o IGE, en 2017 tiña 388 habitantes (181 homes e 207 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

Lugares de Sorribas
    A Meana, Reibó, Seaxe, Sorribas, Tourís, Vilar de Abade 

Rois
     Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio é roisense.

Xeografía
      Está situado no suroeste da Provincia da Coruña. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur cos de Dodro e Rianxo, ao leste cos de Padrón e Teo, e ao oeste co de Lousame. Ten 92,8 km², divididos entre doce parroquias.

      A capital está no lugar de Samil (parroquia de Oín). A altitude máxima é de 609 m, no monte Pedregal, e a mínima de 6 m no río Sar, na parroquia de Seira. 

Comarca do Sar
       A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. 

      A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois. 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 2 de julio de 2025

CRUCEIRO DO ALBERGUE - SANTUARIO DO VAL - O VAL - GOMESENDE

 CRUCEIRO DO ALBERGUE

SANTUARIO DA NOSA SRA. DE O VAL

O VAL

GOMESENDE

      Ao carón do antigo albergue  podemos ver este cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.  

      A súa base cúbica, composta de dous bloques de pedra granítica, posúe varios rebaixes na parte superior posiblemente para a recollida de auga bendita ou para deixar candeas.

       O varal está dividido e tres tramos todas elas de sección cilíndrica. Nel podemos ver varios relevos:
* as letras M e A xunto a unha pequena cruz en baixorelevo
* varias frases que din o seguinte:
“D(ad)ME (li)MOS(nas) PARA OBRA(s)”.
* na parte superior o que semella ser “unha ánima solitaria metida entre as lapas”
* a imaxe da Virxe co Neno no colo.

      O capitel, decorado con grosas volutas, da paso a unha cruz de sección octogonal e remates dos brazos florenzados con botón central.  

      Nela vemos as imaxes de dous anxos apoiados no brazo horizontal sostendo unha coroa que gorece un corazón (Corazón de María).

      Aínda que non coñecemos a súa datación, a antiga construción ao seu carón posúe unha inscrición que di o seguinte:

“ESTAS OBRAS CRECIE CON LI
MOSNA. AÑO 1703”.

         Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

 

CRUCEIRO DE RUIBAL - RUIBAL - AMIL - MORAÑA

CRUCEIRO DE RUIBAL

RUIBAL

AMIL

MORAÑA

 Ruibal
    Ruibal é un lugar da parroquia de Amil no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas 

Amil
     San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico
      A igrexa parroquial foi construída en 1781.

      En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

      A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

De aí a cantiga popular:
    "Miña Virxe dos Milagres que fas milagres na terra, fixeches nace-la auga na fonte da Rozavella" .

     Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA