miércoles, 2 de julio de 2025

CRUCEIRO DO ALBERGUE - SANTUARIO DO VAL - O VAL - GOMESENDE

 CRUCEIRO DO ALBERGUE

SANTUARIO DA NOSA SRA. DE O VAL

O VAL

GOMESENDE

      Ao carón do antigo albergue  podemos ver este cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.  

      A súa base cúbica, composta de dous bloques de pedra granítica, posúe varios rebaixes na parte superior posiblemente para a recollida de auga bendita ou para deixar candeas.

       O varal está dividido e tres tramos todas elas de sección cilíndrica. Nel podemos ver varios relevos:
* as letras M e A xunto a unha pequena cruz en baixorelevo
* varias frases que din o seguinte:
“D(ad)ME (li)MOS(nas) PARA OBRA(s)”.
* na parte superior o que semella ser “unha ánima solitaria metida entre as lapas”
* a imaxe da Virxe co Neno no colo.

      O capitel, decorado con grosas volutas, da paso a unha cruz de sección octogonal e remates dos brazos florenzados con botón central.  

      Nela vemos as imaxes de dous anxos apoiados no brazo horizontal sostendo unha coroa que gorece un corazón (Corazón de María).

      Aínda que non coñecemos a súa datación, a antiga construción ao seu carón posúe unha inscrición que di o seguinte:

“ESTAS OBRAS CRECIE CON LI
MOSNA. AÑO 1703”.

         Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

 

CRUCEIRO DE RUIBAL - RUIBAL - AMIL - MORAÑA

CRUCEIRO DE RUIBAL

RUIBAL

AMIL

MORAÑA

 Ruibal
    Ruibal é un lugar da parroquia de Amil no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas 

Amil
     San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico
      A igrexa parroquial foi construída en 1781.

      En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

      A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

De aí a cantiga popular:
    "Miña Virxe dos Milagres que fas milagres na terra, fixeches nace-la auga na fonte da Rozavella" .

     Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 1 de julio de 2025

CRUCEIRO DO SANTO - RÚA DA TORRE - LEREZ - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DO SANTO

RÚA DA TORRE

LEREZ

PONTEVEDRA

     O Cruceiro do Santo atópase na rúa da Torre, no lugar chamado Porta do Sol, no Camiño Vello de Lérez. 

      Sobre unha primeira pedra redondeada que sobresae da fachada da casa, hai unha segunda pedra mais cadrada e suxeita por ferros, onde está encastado o cruceiro sen vara. 

     O capitel é cúbico de caras cóncavas e volutas que saen das esquinas en chafrán do ábaco. 

     No centro das caras ten cariñas de anxo e na do lado do Cristo ten unha caveira moi desgastada con tibias. 

     No anverso da cruz vemos un Cristo cos brazos e a cabeza moi descolgados o que acentúa o patetismo. 

     No reverso, a Virxe do Carme, có Neno no brazo esquerdo e o escapulario colgando no lado dereito, está sendo coroada por dous anxos pousados sobre os brazos da cruz, e outros tres anxos facendo de peaña aos pes. 

     O Neno leva coroa e está a soster coa súa man esquerda o mundo: unha bola cun cruz. 

MAPA 

 

 Fuente-texto: VICTOR MARTINEZ 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DO SANTUARIO DO VAL - O VAL - GOMESENDE

CRUCEIRO DO SANTUARIO DO VAL

O VAL

GOMESENDE

     Este cruceiro nace sobre un pedestal cúbico feito en cantaría granítica con molduras.  

     A base cúbica de arestas rebaixadas posúe unha inscrición que reza así:

“”PAGOLO
DON RA
MON D C.
(1791?)

     A continuación o varal cunha primeira metade en sección cadrada e o resto en sección cilíndrica. Posúe unha pequena praca que reza o seguinte:

“DOADO POR A EXCMA
DEPUTACION DE OURENSE
O
SANTUARIO DA
NOSA SEÑORA DO VAL.
GOMESENDE 3 MAIO DO 1991”.

     O conxunto remata cun capitel tronco piramidal invertido e unha cruz de sección octogonal na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

     De todo o conxunto a única parte orixinal é a súa base.          

    

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE REGUENGO DE BAIXO - LONGOS VALES - MONÇAO

 PETO DE REGUENGO DE BAIXO

LONGOS VALES

MONÇAO 

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA  

 

PETO DE FATIMA - GRANJA DE BAIXO - MERUFE - MONÇAO

 PETO DE FATIMA

GRANJA DE BAIXO

MERUFE

 MONÇAO  

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA