sábado, 17 de agosto de 2024

MUIÑOS EN EIXÁN - EIXÁN - ASTURESES - BOBORÁS

 MUIÑOS EN EIXÁN

EIXÁN

ASTURESES

BOBORÁS

Eixán
      Eixán é un lugar da parroquia de Astureses no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

     Tiña 10 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 6 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 12 habitantes (5 homes e 7 mulleres).

Astureses
       San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Segundo o IGE en 2011 tiña 212 habitantes (105 homes e 107 mulleres).

Xeografía
       A parroquia limita coas parroquias de Corneda (O Irixo), Madarnás e Longoseiros (O Carballiño), Moldes e Xuvencos (Boborás).

     A parroquia está cruzada polo oeste, de norte a sur, polo río Pedriña, un afluente do Arenteiro, e ten ao longo do seu percorrido varios muíños que hoxe en día é difícil visitar, aínda que en Fondo de Vila existe un muíño totalmente funcional. 

     Está formada por varios núcleos de poboación. O núcleo de Batallás está formado polos lugares de Batallás de Abaixo, Batallás do Medio e Batallás de Arriba, este pertencente ao Carballiño.

Patrimonio
     A igrexa de San Xulián de Astureses está situada en Outeiro e para chegar a ela pódese tanto ir por Fondo de Vila como pola Penela.

     Na ermida da Saleta celébrase unha romaría anual. Está rodeada por unha carballeira, e antigamente celebrábase unha competición automobilística de rallys, coñecida como Subida á Saleta.

Festas
     As tres festas principais son o San Bertolameu (24 de agosto), a Romaría da Saleta (19 de setembro), e o San Xulián, patrón da parroquia, que se celebra o 7 de xaneiro. As dúas primeiras son máis concorridas debido ás datas de verán e a que a festa patronal coincide co remate do Nadal.

Lugares de Astureses
    Astureses, Batallás, Cibreiro, Eixán, Fondo de Vila, O Outeiro, A Penela, Xoane.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 15 de agosto de 2024

PETO DA BARRELA - BARRELA - SETADOS - AS NEVES

 PETO DA BARRELA

BARRELA

SETADOS

AS NEVES

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
   
  "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO LAXE DAS CRUCES - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 PETRÓGLIFO LAXE DAS CRUCES

TOURÓN

PONTE CALDELAS

     Ponte Caldelas convídanos a descubrir o singular petróglifo de Laxe das Cruces

     Os expertos consideran este gravado rupestre un dos mellores de Galicia.

      Trátase dun petróglifo de gran tamaño que combina figuras xeométricas con escenas de caza.

       Un dos recursos turísticos menos coñecidos de Ponte Caldelas é, probablemente, o seu legado arqueolóxico, aínda que o concello conta no seu territorio cun parque rupestre de gran interese: a área Arqueolóxica de Tourón.

     Trátase dun xacemento de 150.000 metros cadrados que ofrece a posibilidade de visitar cinco estacións rupestres con gravados e que dispón, ademais, dun pequeno centro de interpretación.

       Do rico conxunto de gravados do parque, o máis importante é o petróglifo de Laxe das Cruces, cuxa contorna foi obxecto recentemente de labores de limpeza e roza para que luza en todo o seu esplendor.

      Afortunadamente, a zona apenas resultou afectada polos incendios.


      Os expertos consideran o petróglifo de Laxe das Cruces como un dos mellores e máis completos petróglifos de Galicia, fundamentalmente pola súa complexidade. 

        Nunha rocha de gran tamaño mestúranse figuras xeométricas moi elaboradas e variadas con escenas de caza, e todo iso cun gran cervo como figura central.

        A representación do animal é unha rareza na súa tipoloxía, xa que está gravado co corpo baleirado, no canto de estar unicamente definido polo trazo do perímetro.

      Tamén destaca o petróglifo Nabal de Martiño, que é de gran tamaño e reproduce escenas de caza. 

      Xunto aos dous que mencionamos, atópanse outros gravados rupestres de menor tamaño, todos eles sinalizados e identificados para a súa correcta comprensión e interpretación e ordenados en estacións rupestres.

      Desde Ponte Caldelas convidan a todas as persoas interesadas no mundo da arqueoloxía para descubrir a área de Tourón e estenden a invitación a todos os centros de ensino galegos.

MAPA 

 

Fuente: Web Turismo Rias Baixas

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 14 de agosto de 2024

CAPELA DO SANTO AMARO - O ALCAZAR - OLIVEIRA - PONTEAREAS

 CAPELA DO SANTO AMARO

O ALCAZAR

OLIVEIRA

PONTEAREAS

 O Alcázar
       O Alcázar é un lugar da parroquia de San Mateo de Oliveira, no concello pontevedrés de Ponteareas, na comarca do Condado. Sitúase xunto ao Alcázar (Lira, Salvaterra de Miño).

San Mateo de Oliveira,
      San Mateo de Oliveira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 575 habitantes (288 homes e 287 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 630 habitantes.

Lugares de San Mateo de Oliveira
        O Agrelo, O Alcázar, O Asperón, O Calandro, A Capela, O Carrascal, A Chan, A Cheira, O Cruceiro, A Cuña, As Godallas, A Manga, O Outeiro, A Pedreira, Penavella, O Piñeiro, Puzo, As Rozas, A Silva, O Val do Eido, Vera, Vilafría

Patrimonio

     Igrexa parroquial e Cruceiro do Torreiro.

Celebracións
     A Festa dos maios, e a da Virxe do Carme.

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 


     Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 13 de agosto de 2024

CASAS SINGULARES EN A CRUZ - A CRUZ - ANLLO - SAN AMARO

 CASAS SINGULARES EN A CRUZ

A CRUZ

ANLLO

SAN AMARO

A Cruz

     A Cruz é un lugar da parroquia de Anllo no concello ourensán de San Amaro, na comarca do Carballiño.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 28 habitantes (12 homes e 16 mulleres).

Lugares de Anllo
     Anllo, A Casanova, A Caseta, A Cruz, O Hospicio, Outeirás, Pazos, Quinteiro, San Sebastián, Vilar

Anllo
     Santiago de Anllo é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres).

San Amaro
      San Amaro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE en 2017 tiña 1.112 habitantes (1.141 en 2016). O seu xentilicio é «amarense».

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA