lunes, 22 de julio de 2024

PETO ESMOLEIRO EN SESTELO - SESTELO - ISORNA - RIANXO

 PETO ESMOLEIRO EN SESTELO

SESTELO

ISORNA

RIANXO

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN PAIO DE RABAL- SANPAIO - CELANOVA

 CAPELA DE SANPAIO DE RABAL

SANPAIO

RABAL

CELANOVA

 Rabal
     San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Historia
      Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara a unha orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres.

     De todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino.

      Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova, Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela San Rosendo e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia). 

      Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martín) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental.

     No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio : Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e os investigadores cren que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción.

       Nun documento que recolle a venda que fan Egilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do século X e de que o mosteiro de Celanova se converte nun terratenente, apoiarase no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.

Lugares de Rabal
     A Abelleira, A Armada, Ponte Fechas, Rabal da Eirexa, Rabal de Arriba, San Paio

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


BALDAQUINO DE XENDIVE - IGREXA DE XENDIVE - BOBORÁS

BALDAQUINO DE XENDIVE

IGREXA DE XENDIVE

BOBORÁS

 Igrexa de San Mamede de Xendive

      O orixen moi posiblemente románico, sufreu o longo da sua vida numerosas transformacions, a última de elas en 1819, cando o Mestro de Arquitectura José Nieto, fillo, desfixo a primitiva portada da Iglesia, ampliando e abovedando a nave y levantando unha sinxela y hermosa Torre.

      O edificio depara un gran interés artístico na ala dereita do crucero, onde se conserva embutido no propio muro un relieve da última Cena de Xesús cos Apóstoles, procedente posiblemente de un antigo baldaquino, posiblemente do mesmo taller que os  baldaquinos de Xurenzás e de Loureiro, do Mestro de Ventosa.

Xendive

     San Mamede de Xendive é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Sitúase na confluencia do río de Froufe e o río Viñao. Segundo o INE en 2021 tiña 85 habitantes (39 homes e 46 mulleres), 56 menos que en 2011 e 118 menos que en 2001 cando contaba con 203 veciños, polo que veu reducida a súa poboación case un 60% en dúas décadas.

      A parroquia está conformada por catro núcleos de poboación: 

     Meixe, Nogueira, Pereiras, Porto Pereiras e Xendive, atopándose neste último a igrexa de San Mamede, a única da parroquia. 

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

CRUCEIRO DA PRAZA - SESTELO - ISORNA - RIANXO

 CRUCEIRO DA PRAZA

SESTELO

ISORNA

RIANXO

      En Sestelo, na Praza de Faustino Rey Romero, álzase sobre unha pedra tosca sen labrar este cruceiro de pedestal cuadrangular recadrado, fuste octogonal, capitel cúbico co astrágalo octogonal liso e decorado con volutas, follas e cabezas de anxo con ás.

     A cruz é de sección cuadrangular, está recrucetada e decorada con remates florenzados con botón central.

        O Cristo crucificado ten a cabeza ergueita e carente de coroa e no reverso está representada a Piedade.

       Na pedra deste cruceiro hai petróglifos en forma de coviñas, que segundo conta a xente do lugar, eran usadas para poñer as candeas.

       O Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna localizábase neste lugar, antes de ser trasladado ao cemiterio parroquial.

MAPA

 

Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA


 

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ISORNA - SESTELO - ISORNA - RIANXO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE ISORNA

SESTELO

ISORNA

RIANXO

 Sestelo
      Sestelo é un lugar da parroquia de Isorna no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 78 habitantes (44 homes e 34 mulleres).

Topónimo
      O topónimo galego Sestelo é a variante vulgar de Sextullus, diminutivo do antropónimo latino Sextus.

Isorna
       Santa María de Isorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo.

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes.

Historia
      O 12 de xuño de 1906 tivo lugar o naufraxio de Quintáns, fronte ao cabo dese nome. Ás 4 da mañá naufragou unha gamela na que ían cinco mulleres e mais o patrón da embarcación. 

      No suceso morreron as mulleres, unha delas unha nena de once anos que acompañaba á súa nai. O patrón conseguiu salvarse.

Lugares de Isorna
      Isorna, Quintáns, O Regueiro, Sestelo, A Vacariza

Comarca de Barbanza
     A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia.

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

      Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

domingo, 21 de julio de 2024

CRUCEIRO DO CEMITERIO DE ISORNA - SESTELO - ISORNA - RIANXO

 CRUCEIRO DO CEMITERIO DE ISORNA

SESTELO

ISORNA

RIANXO

Sestelo
      Sestelo é un lugar da parroquia de Isorna no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 78 habitantes (44 homes e 34 mulleres).

Topónimo
      O topónimo galego Sestelo é a variante vulgar de Sextullus, diminutivo do antropónimo latino Sextus.

Isorna
       Santa María de Isorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo.

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes.

Historia
      O 12 de xuño de 1906 tivo lugar o naufraxio de Quintáns, fronte ao cabo dese nome. Ás 4 da mañá naufragou unha gamela na que ían cinco mulleres e mais o patrón da embarcación. No suceso morreron as mulleres, unha delas unha nena de once anos que acompañaba á súa nai. O patrón conseguiu salvarse.

Lugares de Isorna
      Isorna, Quintáns, O Regueiro, Sestelo, A Vacariza

Comarca de Barbanza
     A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia.

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. 

      Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA