viernes, 19 de julio de 2024

CRUCEIRO PETO DE COVELIÑO - O COVELIÑO - CESPÓN - BOIRO

CRUCEIRO PETO DE COVELIÑO

O COVELIÑO

CESPÓN

BOIRO

 Cruceiro Peto de Coveliño

      Cruceiro de Capela que nace sobre dous chanzos cadrados. O seu groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, dá paso a un pequeno capitel tronco-piramidal invertido decorado con caras de anxos con ás. 

      A capela posúe tellado a catro augas. No seu interior podemos ver a imaxe pétrea da Virxe de Loreto.

      O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado.

       Este cruceiro aparece debuxado por Castelao no seu libro “As Cruces de pedra na Galiza”

O Coveliño

          O Coveliño é un lugar da parroquia de Cespón no concello coruñés de Boiro, na comarca da Barbanza.

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres).

Comarca de Barbanza
        A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. 

 

         Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. 


     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

 XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 10 de junio de 2024

FESTA DE SAN BERNABÉ - A GRAÑA - COVELO

FESTA DE SAN BERNABÉ

A GRAÑA

COVELO

      O vindeiro sábado día 15 Xuño a parroquia da Graña celebra a festa do seu patrón San Bernabé e como ben sendo habitual dende o ano 2016 en que se puxo en valor a "abrigo" situado non Coto de San Bernabé nun dos puntos mais altos dá Serra do Suído no que conta a tradición gustaba de estar o Santo velando pola parroquia, este lugar e coñecido como " A CASA DE SAN BERNABE".

      O Sábado 15 e cando o Santo e levado o Coto  e alí celebrase unha misa onde esta o santo en pedra que foi colocado por os veciños no lugar e que preside a Serra do Suído.

      Ademais dá misa terá lugar unha comida campestre.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA




domingo, 9 de junio de 2024

CAPELA DE SAN SEBASTIAN - FORMARIGO - LIRA - SALVATERRA DE MIÑO

 CAPELA DE SAN SEBASTIAN

FORMARIGO

LIRA

SALVATERRA DE MIÑO


 Lira

       San Simón de Lira é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño.

        En 2004 tiña 327 habitantes, distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 378 habitantes.

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 291 habitantes, sendo 147 homes e 144 mulleres.

Xeografía
      Limita ao norte co concello de Ponteareas, ao sur coas parroquias de Soutolobre e Leirado, ao leste con Vilacova e pola parte occidental coa parroquia de Fornelos e o concello de Ponteareas.

     A altitude media é baixa, arredor duns 60 m sobre o nivel do mar. O relevo ten outeiros macíos, salientando o lombo de Santo Amaro. Non hai chairas agás na zona norte onde o río forma unha mediana extensión con algunhas insuas

        A freguesía ten boa cantidade de auga en parte por mor a súa escasa altitude. Atravésana gran cantidade de regueiros. Pola zona norte pasa o río Uma, outros cursos importantes son o Regueiro da Vila e o Rego da Lavandeira. Salientar os vellos sistemas de rega cos que contaba a parroquia para paliar as secas do estío, formados por pozas e canles.

       Parte das marxes do río Uma tamén se achan canalizadas con vellos muros de cachotería, para controlar ou modificar o curso ou levar auga aos muíños.

Comarca do Condado
        A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

        Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Toponimia
        O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.
 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LAMAS - LAMAS - SAN CRISTOVO DE CEA

 IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LAMAS

LAMAS

SAN CRISTOVO DE CEA

 Lamas
      Lamas é un lugar da parroquia de Lamas, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 46 habitantes (24 homes e 22 mulleres).

Toponimia
     O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.

Lugares de Lamas
     Lamas, San Martiño de Lamas, Santrós

San Cristovo de Cea
     San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. 

       Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
      O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

      O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

     O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
      No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


PONTILLÓN EN FONDO DE VILA -´ REGO DE PONTE PARDELLAS - PRADO - COVELO

PONTILLÓN EN FONDO DE VILA
REGO DE PONTE PARDELLAS

PRADO

COVELO

Fondo de Vila
      Fondo de Vila é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta.

Prado
      San Salvador de Prado é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

          Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 157 habitantes (90 mulleres e 67 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 98 habitantes, sendo 50 homes e 48 mulleres.

Lugares de Prado
      As Carballas, Carballeira, Cende, A Costiña, Coveliño, Fondo de Vila, A Fraga, Os Loureiros, Outeiro. A Presa, O Toxaliño, As Veigas do Chan

Covelo
       Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta.

       Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio  é «covelán/á» ou «covelense».

Patrimonio
       Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.

       Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Parroquias de Covelo    
        Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago). Santiago de Covelo (Santiago) 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA