domingo, 9 de junio de 2024

CAPELA DE SAN PEDRO - MURADÁS - BEARIZ

 CAPELA DE SAN PEDRO

MURADÁS

BEARIZ

 Muradás
     Muradás é un lugar da parroquia de Beariz, no concello de Beariz, na provincia de Ourense. 

     No ano 2008 tiña 98 habitantes, 51 homes e 47 mulleres; o que supón un aumento no número de efectivos.

Lugares de Beariz
      Alvite, Beariz, A Bouza, Garfián, Magros, Muradás

Beariz
       Santa María de Beariz é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2016 tiña 602 habitantes, dos cales 275 eran homes e 327 mulleres.

      Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 801.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
      No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN CAETANO - A CAPELA - QUINTELA - CRECENTE

 IGREXA DE SAN CAETANO

A CAPELA

QUINTELA

CRECENTE

Igrexa de San Caetano
     O nome do lugar da súa localización "A Capilla", fai referencia á antiga capela ligada á Colexiata de Crecente atendida por un racioneiro que existía no lugar que se sitúa o actual templo.

     Referente a este dato, consérvase nun lintel dunha casa da parroquia a inscrición: "D.M.A. y P" e a calidade deste personaxe "racioneiro".

     Do século XIX, presenta planta rectangular e fachada con porta alintelada, dúas ventás rectangulares e espadana central de dobre van.

     A ábsida destacada en altura presenta unha cuberta a catro augas, mentres que o resto do edificio posúe cuberta a dúas augas.

Quintela
      San Caetano de Quintela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 225 habitantes (109 homes e 116 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 334 habitantes.

Lugares de Quintela
     A Bazoca, Borbote, O Cabo de Aldea, O Cancelo, A Capela, Os Coedros, A Fonte Rastrada, A Frieira, As Laxas, A Leira, A Rectoral, A Sabanle, A Xeixeira

Comarca da Paradanta
       A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

       A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 


     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN MIGUEL - A ARNOIA - CARTELLE

CAPELA DE SAN MIGUEL

A ARNOIA

CARTELLE

 Capela de San Miguel

     Pequena capela situada cerca do coto Novelle feita a base de perpiaño e cachotería granítica, con planta rectangular e cuberta a dúas augas con tella curva do país.

     A fachada principal presenta unha zona porticada na que podemos ver un altar.

     A porta de aceso lintelada aparece flanqueada por dúas fiestras laterais.

     O conxunto remata cunha espadana dun so oco con cruz pétrea de remate.

Comarca da Terra de Celenova
      A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

        A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN SEBASTIÁN - RÚA SAN SEBASTIÁN - O PORRIÑO

 CAPELA DE SAN SEBASTIÁN

RÚA DE SAN SEBASTIÁN

O PORRIÑO

        Templo de 60 m2, de planta rectangular alongada con bóveda de canón rebaixado con dous arcos faxóns que morren no muro sen ningún tipo de remate.

     A súa fachada ten entrada única baixo un arco de medio punto rebaixado.

        Sobre a porta ábrese un óculo semicircular decorado cara ao exterior con elementos realizados en ferro. Remata a fachada nun frontón triangular partido na súa parte central e aos lados decorado con pináculos.

         A cuberta foi substituída hai pouco tempo cunha cubrición de cobre. Anteriormente tiña unha teitume pétrea e de sección semicircular, probablemente non orixinal e froito dunha reconstrucción posterior, quizais do 1552, data que aparece na fachada do edificio e que non se correspondería coa primeira etapa constructiva do edificio, moito máis distante no tempo.

       De feito esta reconstrucción ou ampliación posterior do primitivo edificio pode observarse claramente no seu lado occidental, co cambio no corte, tamaño e disposición dos paramentos do muro.

        A capela ten un valor histórico enorme en tanto que se atopa xustamente no lugar que foi xerme do Porriño, ó carón das xa derrubadas casas do Picollo, edificadas segundo a tradición por Xan Porro, que daría orixe ó nome de “O Porriño”. 

     Tamén ten valor histórico polo feito de que foi construída polos propios veciños co propósito de oír misa diaria sen ter que desprazarse ata a Parroquia de Atios para facelo.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

PEDRO DE SAN PEDRO DE BATALLÁNS - LOUSADELA - BATALLÁNS - AS NEVES

 PEDRO DE SAN PEDRO DE BATALLÁNS

LOUSADELA

BATALLÁNS

AS NEVES

 Lousadela
    Lousadela é un lugar da parroquia de San Pedro de Batalláns, no concello pontevedrés das Neves, na comarca do Condado.

Lugares de San Pedro de Batalláns
     A Abelleira, Ansarigo, Barcelo, A Batalla, A Canliña, A Capela, A Cividá, A Costeira, O Coto, Ferral, Guimaráns, Lousadela, As Maceiras, A Moutada, O Outeiro, A Pousa, O Pousiño, Souto

San Pedro de Batalláns, As Neves
     San Pedro de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado.

       Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 164 habitantes (85 mulleres e 79 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 161 habitantes.

As Neves
     As Neves é un concello do sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado, limítrofe con Portugal e bañado polo río Miño que exerce de fronteira natural.

     Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores.

     O seu xentilicio é nevense.

Xeografía
         O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte de San Nomedio, de 690 metros de altitude.

Val do Xuliana
      O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.

Val do Miño
     O río máis longo de Galiza baña o concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. A orografía máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes
      O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara ao nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta
      A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme.

       No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza.

       Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA