domingo, 5 de mayo de 2024

PETO DE SAN PEDRO DE BATALLÁNS - LOUSADELA - AS NEVES

 PETO DE DE SAN PEDRO

SAN PEDRO DE BATALLÁNS

LOUSADELA

AS NEVES

    Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN SALVADOR DE SOUTO - SOUTO - SAN CRISTOVO DE CEA

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE SOUTO

SOUTO

SAN CRISTOVO DE CEA

 Souto
          San Salvador de Souto é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

       Segundo o IGE en 2013 tiña 61 habitantes, deles 28 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes.

Lugares de Souto
   Fatón, Peago, Souto, Zarza

San Cristovo de Cea
      San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

       Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
        O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

       O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m).

     O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito,

       O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

Patrimonio
      Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
         No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Parroquias de San Cristovo de Cea    
      Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel), Viña (San Román)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 4 de mayo de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LOUREDO - LOUREDO - MASIDE

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE LOUREDO

LOUREDO

MASIDE

Igrexa de Santa María de Louredo 

     Iglesia románica do século XIII feita a base de perpiaño granítico labrada e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás na Sancristía (obra do século XVIII) que é a tres augas.

     Posúe ábsida semicircular con tres vans enmarcados por arcos de medio punto decorados. O conxunto posúe cornixa de bolas sobre canzorros figurativos, cruz antefixa no vértice da nave, e pináculos de bóla.

       A fachada principal destaca polos dous contrafortes. A porta principal de acceso destaca polas dúas arquivoltas tóricas lixeiramente apuntadas con moldura axedrezada. O tímpano é liso.

       Máis arriba un pequeno van rectangular con derrame interno.

O conxunto remata nunha espadana de factura máis recente, de dous corpos con arcos de medio punto e pináculos de bóla nos extremos.

         No muro sur existe outra porta de acceso moi semellante á principal.

     No interior da igrexa podemos ver restos de decoración mural de época medieval. Tamén destacan as imaxes de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e a Virxe co Neno.

       No adro da igrexa existe unha pía bautismal policromada, decorada con figuras en relevo.

 Louredo
      Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.

Etimoloxía
      O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.

Patrimonio
       Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal.

      No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.

Festas
     As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.

Lugares de Louredo
     A Carreira, Espiñeiros, Louredo. Manzós, Martín de Louredo, O Outeiro. Ribadal, Sante

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


 

ESMOLEIROS DE SAN ROQUE E SAN ANTONIO - CAPELA DE SAN ROQUE - LEIRADO SALVATERRA DE MIÑO

 ESMOLEIROS 

DE

SAN ROQUE E SAN ANTONIO

CAPELA DE SAN ROQUE

LEIRADO

SALVATERRA DE MIÑO

 Capela de San Roque
      Capela exenta de reducidas dimensións que celebra a súa festa o 16 de agosto. A construcción data de 1792, aínda que foi recentemente restaurada polos veciños.

     Presenta un pórtico de arco apuntado torre de espadana xunto con dous petos de ánimas adosados e dando paso a un amplo atrio onde se encontra a porta adintelada.

     Nos laterais da fachada atopamos dous petos de ánimas, de rico valor arquitectónico, que representan a San Roque e San Antonio en azulexos policromados.

San Roque
     San Roque é un lugar da parroquia de Leirado, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na comarca do Condado. Segundo o IGE, en 2022 tiña 300 habitantes (151 homes e 149 mulleres).

Leirado
     San Salvador de Leirado é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 649 habitantes (340 mulleres e 309 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 739 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 620 habitantes, sendo 304 homes e 316 mulleres.

Lugares de Leirado
      A Barca, O Barral, Betote, O Cabo da Viña, O Casco, Cazán, A Chan, A Coutada, Currás, Frades, O Freixoeiro, A Igrexa, A Lameira, A Lombeira, Os Medóns, O Outeiro, O Pontillón, A Porteliña, Pousada, Queimadiña, A Regueira, Sampríns, San Roque, Santa Cristina, O Tellado, Toucedos, A Vesadiña

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA