lunes, 1 de abril de 2024

PETO DE LEIRADO - LEIRADO - SALVATERRA DE MIÑO

 PETO DE LEIRADO

LEIRADO

SALVATERRA DE MIÑO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

LUZ PRADO - "REENCÁIXAME" - MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

DISEÑADORA LUZ PRADO

"REENCÁIXAME" 

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

       “ReEncáixame” contou coa presenza da diseñadora Luz Prado

     A edición número trinta e tres da Mostra do Encaixe de Camariñas trouxo consigo varias novidades.

        Unha das máis destacadas na pasarela “ReEncáixame”, na que e Luz Prado, que participou nesta edición re interpretando as súas coleccións coas que participaron no seu día no concurso de Noveis Deseñadores.

     Pola súa banda, Luz Prado participou na edición de 2018 do concurso de Noveis Deseñadores. Para este “ReEncáixame”, reeditou a súa colección “Ascalapta”, realizada en polipel, un material sostible “que axuda a reducir ou impacto ambiental e frea ou sacrificio de animais”

      A nova colección terá o nome de “Espertar” e será a fusión da colección presentada en Camariñas en 2018 e unha reedición anterior, “Ardora”. 

      “Sempre confecciono encaixe a man, xa que é un produto feito artesanalmente, con moito mimo e esmero”, recoñece Luz Prado.

      “ReEncáixame” busca incentivar aos deseñadores a re interpretar unha colección pasada volvendo usar tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas, mostrando o proceso nunha nova cun enfoque de reutilización de materiais e redución de desperdicio.


     Participan persoas que pasasen polo concurso de Noveis Deseñadores. 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Diario de Bergantiños

XOAN ARCO DA VELLA

ALMIÑAS DO PIUDAL - A FRAGA PETÁN - CORZÁNS - SALVATERRA DE MIÑO

 ALMIÑAS DO PIUDAL

A FRAGA - PETÁN

CORZÁNS

SALVATERRA DE MIÑO

     Trátase dunha curiosa modalidade de peto de ánimas a xeito de retábulo pétreo.

      De feito, é posible que as pezas fosen reaproveitadas dun retábulo.

       Así pois, esta singular construcción amósase coma un paramento de dez pezas ou sillares.

       Composto de tres rexistros horizontais, sete dos dez sillares aparecen historiados.

      Neles aparecen en relevo diferentes representacións relixiosas sen aparente conexión temática entre elas, ademáis de abundantes restos de policromía.

     Se facemos unha lectura de esquerda a dereite e de arriba a baixo podemos atopar as seguintes representacións: figura masculina portando unha espada, pomba do Espírito Santo, virxe co neno, pedra baleira, a Verónica, pedra sen identificar, a Piedade, pedra baleira e as ánimas no purgatorio.

      A composición remátase cun pequeno altar na súa parte inferior.

      Ademáis, recentemente foi dotado de muros e cuberta para a súa protección.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 15 de marzo de 2024

LUZ PRADO - MODA SOSTIBLE NA MOSTRA DO ENCAIXE - CAMARIÑAS

 LUZ PRADO DESEÑADORA

COLECCIÓN ¨ ESPERTAR¨

MOSTRA DO ENCAIXE 

CAMARIÑAS - 2024

MODA SOSTIBLE DE VILLAGARCIA A CAMARIÑAS
      A deseñadora Luz Prado presentará o 28. 29 e 30 de marzo na "Mostra do encaixe de Camariñas" a súa colección de moda ESPERTAR.

      Espertar é unha colección de moda pensada no impacto ambiental que xera a día de hoxe a industria da moda. Nace da reciclaxe e a fusión entre as coleccións anterior da deseñadora, "Ascalapta" 2018 e "Ardora" 2023.

      Ascalapta está realizada en polipiel que do mesmo xeito que o yute é un material sostible e frea o sacrificio de animais, polo seu lado Ardora está realizada coa reutilización do encaixe de Camariñas que decoraba a colección Ascalapta e está confeccionada en tecido piquei (algodón) que é unha fibra biodegradable e seda que é unha fibra proteica fiada dos vermes de seda.

      Espertar conservará as pedras de Swaroski, xa que esta firma actualizou a súa estratexia de sustentabilidade e administración da auga.

     O nome Espertar, quere ademais facer consciencia do abuso que estamos a ter nas compras de roupa Baixo custo, que é unha das grandes causantes da contaminación da auga e do aire.

     Non hai que esquecer que a industria téxtil é a 2ª máis contaminante e que a pesar de que xa todas as empresas son conscientes e toman medidas respecto diso, tamén está en mans do consumidor reducir o impacto ambiental.

 

 MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 13 de marzo de 2024

CAPELA DE SAN FELIPE - AS SEARAS - MOURENTÁN - ARBO

 CAPELA DE SAN FELIPE

AS SEARAS

MOURENTÁN

ARBO

As Searas
       As Searas é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 estaba deshabitado.

Mourentán
       San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo.

        Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 571 habitantes (282 homes e 289 mulleres) distribuídos en 63 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 738 habitantes.

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 


      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

REGO DOS LADRÓS - DEVESA DE ARRIBA - PRESQUEIRAS - FORCAREI

 REGO DOS LADRÓS

DEVESA DE ARRIBA

PRESQUEIRAS

FORCAREI

 Devesa de Arriba
     Devesa de Arriba é un lugar da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, no concello pontevedrés de Forcarei.

     Segundo o IGE en 2008 tiña 33 habitantes (12 homes e 21 mulleres), menos ca en 2007.

Santa Mariña de Presqueiras
      Santa Mariña de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 125 habitantes (52 homes e 73 mulleres).

      En 2004 tiña 195 habitantes (120 mulleres e 75 homes), 27 menos ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

Topónimo
     Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, referido a un lugar onde abundan as pedras.

Lugares de Santa Mariña de Presqueiras
      Alfonsín, Cernadelo, Devesa de Abaixo, Devesa de Arriba, Fontegrande, Penalba, Ratel, Regotraveso

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

       A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Situación
       Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

Historia
      A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia.

       En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA