miércoles, 4 de octubre de 2023

MUIÑO DE MURADAS - REGO DE PONTE PEDRIÑA - BEARIZ

 MUIÑO DE MURADAS

REGO DE PONTE PEDRIÑA

BEARIZ

  Beariz
      Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

      Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003).

     Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio é bearizao ou bearicense.

Xeografía
     O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra).

     Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol.

     Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía
     No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

      Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

     Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

     Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México.

      Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia.

Parroquias de Beariz     
     Beariz (Santa María), Lebozán (Santa Cruz), Xirazga (San Salvador)

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



PETO DO CAMIÑO DA COSTA - CUBALHAO - MELGAÇO

 PETO DO CAMIÑO DA COSTA

CUBALHAO

MELGAÇO

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

PANTANO DE OLELAS - OLELAS - A ILLA - ENTRIMO

 PANTANO DE OLELAS

OLELAS

A ILLA

ENTRIMO

Pantano de Olelas
       O pantano de Olelas e os picos escarpados de fondo da serra do Quinxo forman unha das fotos máis belas do Parque Natural do Xurés.

      A presa do pantano foi construída a principios do s.XX para  abastecer de auga de regadío ó lugar de Olelas.

        Para chegar dende A Terrachán, (capitalidade do Concello de Entrimo), é necesario tomar a estrada OU-1209, dirección ao lugar de Olelas. É unha vía estreita e con bastantes curvas.

      Aínda así, paga a pena achegarse ata esta contorna e gozar da espectacular paisaxe, onde, ademais, é moi frecuente ver vacas cachenas (raza autóctona de Entrimo), singulares polo seu pequeno tamaño e a súa gran cornamenta.

Olelas
       Olelas é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.

Tiña 62 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 37 mulleres.

Lugares da Illa
    
   A Illa, Lantemil, Olelas, Reloeira

A Illa
        San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

        Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.

Comarca de Baixa Limia
      A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

      Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 3 de octubre de 2023

CRUCEIRO DO SEÑAL - A SEÑAL - CANGAS

 CRUCEIRO DO SEÑAL

A SEÑAL

CANGAS

     Cruceiro que estaba ao pé da ponte gótica, hoxe desaparecida e soterrada baixo o asfalto, que salvaba o rego de Bouzós, que separa as parroquias de Santiago de Cangas de san Salvador de Coiro. Está datado no ano 1721.

       Consta dunha plataforma de tres chanzos, con pedestal cúbico, cos bordes superiores biselados. Na cara frontal, ten inscripción coa data: AÑO 1721. O varal é de sección octogonal.

       O capitel aséntase sobre un anelete cilíndrico moi desenvolvido, acotado por toros, e está decorado con volutas nos cantos e caras de anxos en tres dos lados, mentres que na cara frontal, o anxo é sustituído pola caveira de Adán. 

         Os brazos da cruz son de sección cadrada, e neles está cravado un Cristo algo desporporcionado de membros, pero de talla expresiva, morto, coa cara ladeada á dereita, e cartela sobre a cabeza co INRI. 

        No reverso da cruz, represéntase á Virxe das Angurias, en actitude orante e co manto sobre a cabeza.

       Na base do varal colgan varios farois onde aínda é costume popular acender candeas e palmatorias.

       O topónimo non ten que ver con sinal algún, senón que é deturpación de Aceñal, (pronúnciese aseñal) por haber en tempos no río Bouzós aceñas ou muíños de auga.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

ACIÑEIRA CENTENARIA DE COVAS - COVAS -RUBIÁ

 ACIÑEIRA CENTENARIA DE COVAS

COVAS

RUBIÁ

 Aciñeira de Covas.
      A aciñeira de Covas é unha aciñeira (Quercus ilex L. subsp. ballota) recoñecida legalmente como árbore senlleira pola Xunta de Galicia.

O exemplar, de propiedade privada, localízase na Serra da Enciña da Lastra, na estrada de acceso ao lugar de Covas no concello de Rubiá, a súa altura é de 1 800 centímetros, o toro ten un perímetro na base de 650 cm e del saen tres pólas grosas, estímase a súa idade en 500 anos.

Covas

      San Salvador de Covas é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Rubiá.

      Segundo o IGE en 2010 tiña 23 habitantes (16 mulleres e 7 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Xeografía
      Está situada na marxe do río Sil, xunto ao encoro de Penarrubia. Por Covas discorre o ferrocarril León - A Coruña (con parada na estación de Covas) e a estrada N-120.

      Na parroquia está a aciñeira de Covas, unha aciñeira declarada árbore senlleira pola Xunta de Galicia, situada na serra da Enciña da Lastra. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA