lunes, 12 de junio de 2023

CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CAMIÑO - SOBREDO - QUEREÑO - RUBIÁ

 CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CAMIÑO

SOBREDO

QUEREÑO

RUBIÁ

 Sobredo
      Sobredo é un lugar da parroquia de Quereño, no concello ourensán de Rubiá.

     No ano 2008 tiña 12 habitantes (4 homes e 8 mulleres), o que supón un descenso en relación ao ano 2007.

Quereño
      San Cristovo de Quereño é unha parroquia que se localiza no sueste do concello ourensán de Rubiá. 

      Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 132 habitantes (67 homes e 65 mulleres), 56 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Xeografía e historia
      A parroquia está situada ao leste do concello de Rubiá, a carón da estrada N-536 que comunica a comarca de Valdeorras co Bierzo. Na parroquia está a estación de Quereño, da liña A Coruña-León.

     Nesta estación abriuse en setembro de 1885 un lazareto por mor da epidemia de cólera que asolaba España, dado que esta era a primeira parada existente en Galicia e o ferrocarril era un medio moi usado polos segadores galegos que ían en verán a Castela.

     O lazareto estaba dirixido polo médico pontevedrés Bernardo López Cobián. Do lazareto de Quereño fala Antón Ferreiro no periódico O Tio Marcos d'a Portela o 13 de setembro de 1885, na copla "Carta d'un segador á sua muller":

Lugares de Quereño
      Quereño, Sobredo, Vilar de Xeos

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN SIMÓN E SAN JUDAS TADEO AS MEDULAS - CARUCEDO

 IGREXA DE SAN SIMÓN 

SAN JUDAS TADEO

AS MEDULAS

CARUCEDO

LEÓN

 As Medulas
     As Medulas é unha pequena pedanía pertencente ao municipio de Carucedo, no Bierzo (provincia de León).

     Ten unha poboación de 101 habitantes segundo o INE. Está situado ao final da CV-191-2 xusto á beira das ruínas romanas das Medulas e Carucedo.

Demografía
     Ten 101 habitantes,2​ 61 homes e 40 mulleres censados no municipio.

Carucedo
     Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. 

     Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Xeografía
     Carucedo atopase no oeste da provincia de León, na comarca do Bierzo a 24 km de Ponferrada. Está situado a 594 metros de altitude. O concello ten unha superficie de 35,27 km² e ten unha densidade de poboación de 18,4 h/km².

     No concello atopase o lago de Carucedo, cun perímetro aproximado de 5 km e unha profundidade máxima de 9 m, que ten a súa orixe na explotación aurífera das Médulas.

Historia
     Os primeiros datos documentados de Carucedo remontanse ao foro outorgado polo rei galaico-leonés Afonso IX en 1213, polo cal cada habitante debería pagar catro soldos nas calendas de marzo, polo que a cambio quedaba exento de calquera outra exacción fiscal.

Patrimonio
    Lago de Carucedo: a súa orixe é consecuencia da explotación aurífera romana nas Médulas. 

     Ten un gran valor ecolóxico pola súa fauna e flora.

    As Médulas: paraxe formado pola antiga explotación mineira romana que extraía ouro na zona.

     En 1997 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

    Carucedo conta cunha igrexa románica que contén unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo datada no século XVIII.

Economía
      Actualmente, a agricultura e o turismo son as principais actividades económicas do concello.

As parroquias que compoñen Carucedo son:
    A Barosa
    A Campañá
    O Carril
    Carucedo
    Forcadas
    Lago de Carucedo
    As Médulas
    Penarrubia
    A Valouta
    Vilarrando

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 11 de junio de 2023

CALEIRA DE PARDOLLÁN - PARDOLLÁN - RUBIÁ

 CALEIRA DE PARDOLLÁN

PARDOLLÁN

RUBIÁ

Pardollán
     Santo Estevo de Pardollán é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rubiá.

     Segundo o IGE en 2010 tiña 42 habitantes (20 mulleres e 22 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 39 habitantes.

Lugares de Pardollán
      Pardollán, Vilardesilva

Rubiá
     Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras.

     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio é «rubiao».

Xeografía
     O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

       É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil.

      Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

Historia
       A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.

       Na idade media albergou varios mosteiros.[8] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.

     Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.

Parroquias de Rubiá    
     O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 10 de junio de 2023

IGREXA DE SAN MARTIÑO - CELEIROS - CHANDREXA DE QUEIXA

 IGREXA DE SAN MARTIÑO

CELEIROS

CHANDREXA DE QUEIXA

Celeiros
     San Martiño de Celeiros é unha parroquia, capital do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.

     No ano 2010 tiña 70 habitantes (38 homes e 32 mulleres), o que supón unha diminución en relación a anos anteriores.

     Nesta parroquia está a casa consistorial de Chandrexa de Queixa.

Lugares de Celeiros
     Celeiros, A Ventosa

Chandrexa de Queixa
     Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central.

     Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).

     É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

     Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir deste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.

Comarca da Terra de Trives
      A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Xeografía
     A comarca está bañada polo leste polo río Bibei.

     Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros.

     A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA