viernes, 5 de mayo de 2023

SANTOALLA - SANTOALLA DO MONTE - PETÍN

 SANTOALLA

SANTOALLA DO MONTE

PETÍN

Aldea de Santoalla
      A aldea de Santoalla é un pobo semiabandonado que se atopa no concello de Petín, provincia de Ourense.

     Neste lugar só vive actualmente unha persoa, cuxa historia vital foi levada ao cinema.

  
O pobo

      O de Santoalla é un pobo rodeado de ruínas na comarca de Valdeorras, pertence á parroquia de Santoalla do Monte.

      Todas as vivendas, excepto unha, están abandonadas e en estado de conservación moi malo.

      Antigamente era un pobo no que a xente se dedicaba as labores de campo e gandería como maneira de gañarse a vida.

     O éxodo cara ás cidades fixo que se fose quedando baleiro co paso dos anos.

      Entre ruínas sobrevive a vivenda dunha cidadá de orixe holandesa, coa súa casa de campo e os seus cultivos rodeados de ruínas. 

     Ela traballa esta terra e ten as chaves da pequena capela de Santoalla.

Mediático
      A pesar de ser un lugar que non recibe moitas visitas e teñen a moi poucas persoas vivindo nel, a aldea de Santoalla si se pode considerar como un lugar certamente mediático en Galicia.

      O motivo, desgraciadamente, escribiuse nas páxinas de sucesos dos xornais nacionais.

      O crime dun home holandés, Martin Verfondern, desaparecido no ano 2010 e cuxo cadáver non apareceu ata catro anos despois.

     O home residía xunto á súa muller nesta aldea desde o ano 1997 e tras aparecer os seus restos mortais foi detida unha persoa, veciño da aldea, que acabou confesando o crime.

     A viúva de Martín, Margo Pool, segue vivindo na aldea nunha vivenda rodeada de ruínas de casas abandonadas.

     A historia da parella holandesa residente en Santoalla foi levada á gran pantalla.

     Primeiro a través dun documental que leva o nome do pobo e despois a través da película As Bestas, film premiado con 9 Goyas  dirixido por Rodrigo Sorogoyen e estreado no ano 2022.

     A película está baseada no crime de Santoalla, aínda que non é un fiel reflexo do que alí ocorreu.

       Non é a única película que inspirou a paisaxe de Santoalla, pois a finais dos 80 filmouse nesta aldea unha das primeiras películas galegas da historia rodadas en 35mm, a historia Sempre Xonxa (Chano Piñeiro).  

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Paxinas Galegas

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DO CRISTO - A FENTOSA - SEIXIDO - A LAMA

 PETO DO CRISTO

A FENTOSA

SEIXIDO

A LAMA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


PETO DO MILIARIO - SOBRADO - A POBRA DE TRIVES

 PETO DO MILIARIO

SOBRADO

A POBRA DE TRIVES

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 4 de mayo de 2023

IGREXA DA NOSA SEÑORA DAS VEGAS - REQUIJADA - SANTIUSTE DE PEDRAZA - SEGOVIA

 IGREXA DA NOSA SEÑORA DAS VEGAS

SANTIUSTE DE PEDRAZA

REQUIJADA

SEGOVIA

Igrexa da nosa Señora de las Vegas
     A igrexa da nosa Señora das Vegas é un templo católico situado no municipio español de Santiuste de Pedraza, na provincia de Segovia.

Descrición
      O edificio atópase xunto á estrada SG-P-2322, próximo á localidade de Requijada, dentro do termo municipal segoviano de Santiuste de Pedraza, en Castela e León.

     Presenta na súa construción tres épocas ou fases, das cales a máis antiga, dos albores do século XI, constitúena o pórtico e a nave da epístola coa súa ábsida.

     A nave maior e a do evanxeo así como a portada principal ao mediodía están en clara relación co románico sepulvedano das postrimerías do século XI, en tanto que a parte inferior da torre pertence a un románico tardío característico das terras de Segovia entre os séculos XIII e XIV.

      Conta con tres naves separadas por arcos dobrados que se apoian en piares de planta rectangular con medias columnas encostadas, capiteis de estilización pseudocorintia de tipo sepulvedano, impostas moi sinxelas e teitume de madeira a dúas augas, con carreiras policromadas e pares de tirantes que se apoian en cans esculpidos.

      O interior do templo foi decorado con pinturas murais de diversas épocas, especialmente a mediados do século XVI, nas que destacan composicións en vermello, branco e negro que representan trofeos, grutescos, bustos de guerreiro, grilandas e outros temas similares.

     Foi declarada monumento histórico-artístico o 17 de xullo de 1969, mediante un decreto publicado o 19 de agosto de 1969 no Boletín Oficial do Estado, coa rúbrica do ditador Francisco Franco e do entón ministro de Educación e Ciencia José Luis Villar Palasi.

     Na actualidade conta co estatus de Ben de Interese Cultural.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 3 de mayo de 2023

MINA ROMANA DAS BORREAS - CALDESIÑOS - VIANA DO BOLO

 MINAS ROMANAS DAS BORREAS

CALDESIÑOS

VIANA DO BOLO

 As minas romanas das Borreas
      Un percorrido de apenas 3 km, en parte asfaltado, que nos levará a coñecer unha das minas que existiron no territorio da antiga Gallaecia explotadas de forma moi intensiva polos romanos a partir da súa conquista no século II a.C. 

      Acedemos dende a estrada da Gudiña a Viana do Bolo, collendo o desvío para Caldesiños.

     No arranque desta pista podemos deixar o noso vehículo onde o cartel turístico indicando as minas.

     Aquí podemos optar por ascender 1 km. pola estrada, con pouco tráfico ou subir ata o miradoiro norte atravesando o bosque entre árbores autóctonas como castiñeiros ou carballos, para continuar ata a estrada e descender ata o aparcadoiro, cunha pequena desviación ao miradoiro sur.

     En ambos puntos panorámicos dispoñemos de paneis explicativos que nos facilitan a interpretación da paisaxe inmediata, resultado da acción do home.

     Os romanos conseguiron extraer toneladas de ouro utilizando o sistema denominado “ruina montium”, unha técnica que combina a construción de pozos e galerías subterráneas co uso de auga para derrubar grandes masas de terreo aurífero.

       Dende eles albiscaremos tamén as montañas da contorna, como a serra Seca coa Cabeza Grande a máis de 1.200 m de altitude, ou a cola do encoro do Vao, no val do río Camba antes de xuntarse co Bibei en Viana do Bolo.

MAPA

 

Fuente: Turismo Gal.

XOAN ARCO DA VELLA