miércoles, 12 de abril de 2023

ESTACIÓN DE PUEBLA DE SANABRIA - PUEBLA DE SANABRIA - ZAMORA

ESTACIÓN DE PUEBLA DE SANABRIA

PUEBLA DE SANABRIA

ZAMORA

Estación de Puebla de Sanabria

       Puebla de Sanabria é unha estación de tren de Adif situada na vila de Puebla de Sanabria, provincia de Zamora. 

       Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

      A estación atópase no punto quilométrico 106,871 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 950 metros de altitude, entre as estacións de Linarejos-Pedroso e Pedralba.

     O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

      A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864.

     Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".

     É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.


A estación

      O edificio para viaxeiros é unha clara mostra da arquitectura propia da zona con estruturas realizadas con grandes bloques de pedra e amplos tellados de lousa de varias vertentes. Un arco central e varios pináculos de pedra serven como decoración.

     Aínda que posúe dous pisos, o edificio non se caracteriza pola súa altura. Dispón dunha plataforma lateral e outra central de boa anchura aínda que sen protección ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

     Debido á súa situación estratéxica entre Ourense e Zamora está dotada dunha extensa praia de vías dunha rotonda xiratoria, dun depósito de locomotoras, de varios peiraos de carga, guindastres, augadas e edificio anexos.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 11 de abril de 2023

ESTACIÓN DE REQUEJO - REQUEJO DE SANABRIA - ZAMORA

 ESTACIÓN DE REQUEJO

REQUEJO DE SANABRIA

ZAMORA

Estación de Requejo

      A Estación de Requejo é unha estación ferroviaria abandonada situada no municipio español de Requejo de Sanabria na provincia de Zamora, comunidade autónoma de Castela e León.

     Non presta ningún servizo ferroviario.


Historia

      A vontade de unir Madrid, vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864.

      Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".​

     É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 2 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Zamora – Puebla de Sanabria da liña Zamora-A Coruña vía Ourense.

     A súa explotación inicial quedou a cargo de RENFE cuxo nacemento se produciu en 1941.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

ESTACIÓN DE PEDRALBA - PEDRALBA DE LA PRADERÍA - ZAMORA

 ESTACIÓN DE PEDRALBA

PEDRALBA DE LA PRADERÍA

ZAMORA

Estación de Pedralba

      Pedralba é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pedralba de la Pradería, provincia de Zamora.

     Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria

      A estación atópase no punto quilométrico 113,77 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 992 metros de altitude, entre as estacións de Puebla de Sanabria e Lubián. O tramo é de vía única e está sen electrificar.


Historia

       A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. 

     Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".

      É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

      Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

     Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os servizos de Media distancia entre Ourense Puebla de Sanabria.

A estación

       O edificio para viaxeiros é unha un sinxelo edificio de dúas plantas construído en pedra. O seu tellado de catro vertentes é de tella. 

      Na planta baixa posúe unha galería cuberta. Dispón de dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central, ás que acceden só dúas vías xa que unha das vías que daba servizo á plataforma central foi levantada.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 4 de abril de 2023

ERMIDA DE SANTA LUCIA - VILAMEÁ - CASTRO DE LAZA - LAZA

 ERMIDA DE SANTA LUCIA

VILAMEÁ

CASTRO DE LAZA

LAZA

 Vilameá

       Vilameá é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín.

      Tiña 39 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 21 eran homes e 18 mulleres.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 38 habitantes (21 homes e 27 mulleres), o que supón a diminución de 1 habitante con respecto ao ano 2009 cando tiña 39 habitantes.


Toponimia

     A orixe do topónimo é o latín Villam Medianam, que é a vila situada no medio.

Lugares do Castro de Laza

     O Castro, Correchouso, O Navallo, Naveaus, Soutelo Verde, Tamicelas, Vilameá


O Castro de Laza

     San Pedro do Castro de Laza é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. 

     No ano 2007 tiña 280 habitantes (133 homes e 147 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano 2000.


Comarca de Verín

       A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
      Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

       Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

Particularidades

       Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

      Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DE MATAMÁ - MATAMÁ - RÍO TÁMEGA - LAZA

PONTE DE MATAMÁ

MATAMÁ

RÍO TÁMEGA

LAZA


Matamá

      Santa María de Matamá é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 191 habitantes.

     O río Támega ao seu paso por Matamá, era unha das veiras máis salientábeis do val de Laza, onde xeracións enteiras de veciños foron á bañarse. 

     Foi substituída no ano 2003 por unha escollera. O río crúzao unha ponte con bases románicas.

 
 Topónimo

     O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.


Lugares de Matamá

      Matamá

Río Támega

      O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km.

     É o único río principal galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.

Percorrido
    O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da parroquia da Alberguería, no concello ourensán de Laza. Atravesa logo o val de Monterrei ata entrar por Chaves en Portugal.

     Desde alí cruza o resto do distrito de Vila Real, formando linde entre este e o de Braga, para finalmente entrar no de Porto, onde rende as súas augas ao Douro na localidade de Entre-os-Rios.

     Entre as localidades máis importantes que atravesa están Laza, Castrelo do Val, Verín e Oímbra en Galiza, e mais Chaves e Amarante no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o río Búbal, que o é pola dereita.

Protección
      A cunca e ribeiras galegas do río Támega teñen a cualificación de zona especial de conservación e que se denomina río Támega.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA