domingo, 12 de marzo de 2023

IGREXA DE SANTO ESTEVO DE NOALLA - NOALLA - SANXENXO

 IGREXA DE SAN ESTEVO

NOALLA

SANXENXO

 Igrexa de Santo Estevo de Noalla
     É a máis grande e monumental das igrexas de Sanxenxo que se alza no medio dunha densa vexetación verde. A súa privilexiada situación confírelle unhas magníficas vistas da Ría de Pontevedra.

     O edificio conserva restos románicos, na fachada principal presenta arquivoltas apuntadas e remodeladas. No tímpano hai un Calvario do século XVIII. 

     No seu lado esquerdo, un monumental campanario tamén do século XVIII asoma sobre o amplo horizonte da Lanzada.

Noalla
      Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. 

      Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa unha estabilidade demográfica respecto ós últimos anos.

     Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó leste coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. 


      A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa do concello. Consta de 17 entidades de poboación.

Xentilicio
     O seu xentilicio é noallino.

Patrimonio
     A igrexa parroquial, a máis grande do concello, foi orixinariamente de estilo románico, conservándose desa época dúas arquivoltas apuntadas na fachada.

     Consta dunha soa nave, dividida en tres tramos: os dous máis occidentais están cubertos por bóveda de cruzaría, e o terceiro, xunto coa capela, con bóveda de canón.

     Na fachada occidental, no tímpano figura un calvario do século XVIII. No lado esquerdo ten acaroada unha torre-campanario, rematada en cúpula, e ó pé unha pequena imaxe de Santo Estevo Mártir.

     Nesta parroquia atópase o castro da Lanzada, a carón da torre da Lanzada. Tamén posúe un bo número de restos megalíticos na zona de Monte Faro.

Lugares de Noalla
     Aios, O Casal, Os Caseiros, Codesal, Cova de Pazos, Fonte de Ons, A Igrexa, A Lanzada, Mourelos, O Pombal, Quintáns, A Revolta, Salgueiro do Mato, Soutullo, Telleiro, O Tombelo, Tramalleiro

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 11 de marzo de 2023

RUINAS DA TORRE DA LANZADA - PRAIA DA LANZADA - SANXENXO

RUINAS DA TORRE DA LANZADA

 PRAIA DA LANZADA

SANXENXO

 Torre da Lanzada
      A Torre da Lanzada, é o resto dunha torre-castelo de orixe medieval construída polos meiriños de Iria Flavia no Salnés para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Situación

     A torre érguese na marxe sur da praia da Lanzada, na parroquia de Noalla (Sanxenxo), á beira da ermida da Nosa Señora da Lanzada e do castro do mesmo nome.

Historia
      É o último vestixio dun castelo datado no século X (arredor do ano 960) construído sobre os restos dun antigo faro fenicio ou romano. Foi mandado construír por Sisnando II para defensa de Compostela contra os ataques viquingos e normandos. 

      Servía de avanzada defensiva ao lado doutras fortalezas da mitra compostelá e como primeiro contacto contra posíbeis inimigos, transmitindo sinais de perigo ás outras torres defensivas que marcaban a ría de Arousa, coma as torres de Cambados e as torres de Oeste en Catoira. O sistema defensivo consistía en facer fogueiras na torre que eran vistas dende a Torre de San Sadurniño (Cambados), que alertaban á súa vez á de Catoira, e así até Santiago de Compostela.

      No ano 1121, coincidindo co acordo de paz da raíña Dona Urraca co bispo Diego Xelmírez, decídese que ao segundo se lle deberán entregar a primeira das fortalezas do Castelo Honesto e o da Lanzada; pouco tempo despois sofre un ataque de piratas mouros que sucederan aos normandos como ameaza nas costas galegas. O castelo tamén aparece citado en documentos do século XIII.

     En 1467 é sitiada polos irmandiños, que a conquistan atacándoa dende o mar. Trala derrota dos principais xefes irmandiños, Afonso de Lanzós e Pedro Osorio, o castelo da Lanzada convértese no último bastión dos sublevados e nas mesmas ruínas da fortaleza destruída por eles mesmos, resistiron até que, esgotadas todas as posibilidades de defensa, foron capturados. Tras estes feitos o castelo ficou abandonado.

 Situación actual
        Do antigo castelo hoxe só quedan a ermida e unha das torres semiderruída. 

     A torre actual é de planta cuadrangular con muros de cachotaría-cantaría de pedra de gra non moi conformada, agás nos encontros dos muros.

     Hai algúns anos fixéronse obras neste recinto histórico que afectaron gravemente á súa integridade, perdéndose os vestixios que restaban da súa muralla e tapándose cunha nova a antiga ponte de comunicación co castelo que orixinalmente fora levadiza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

EXPOSICIÓN CAMINHOS "O DOCE NO CAMIÑO" - PONTE DE LIMA

  EXPOSICIÓN CAMINHOS 

"O DOCE NO CAMIÑO"

PONTE DE LIMA

     Ata o día 26 Abril podese visitar na torre da Cadea Velha en Ponte de Lima a Exposición CAMINHO " O DOCE NO CAMIÑO PORTUGUÉS"

     A asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago ea Camara Municipal de Ponte de Lima organizan esta exposicion a Exposición dentro dos Actos do 4 de Marzo.

Día de Ponte de Lima este 4 de marzo
      Celebra 898 anos da concesión da Carta titulo de Vila pola raíña D. Teresa


     O 4 de marzo Ponte de Lima celebra o 898 aniversario da concesión da Carta pola raíña D. Teresa. Os actos oficiais presididos pola Ministra de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, coa presenza de D. Jesús Gamallo Aller, director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, en representación do presidente da Xunta de Galicia, marcan o inicio do conmemoracións oficiais dos 900 anos da Foral concedidos a Ponte de Lima, que se celebrarán en 2025.


      O programa de celebracións do 898 aniversario é amplo e inclúe diversas actuacións, que se prolongan durante toda a fin de semana, os días 3, 4 e 5 de marzo.


     Así, o Día de Ponte de Lima, o 4 de marzo, mantén a tradición da exposición "Camiños: Doces no Camiño Portugués a Santiago", na Torre da Cadeia Velha, inaugurada ás 11:30 horas. 
 
 
     Promovido pola Asociación de Amigos e Amigos do Camiño Portugués a Santiago e o Concello de Ponte de Lima, que a través da fotografía e a pintura, pretende endulzar a mirada de quen o visita cos doces de Ponte de Lima, co Doce. 
 
 
      Castañas, as Limianas e a Torta Limiano, e de Pontevedra, coas Orellas de Entroido, as Filloas e a Tarta de Santiago.
 
 
    Meu agradecemento a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago e o Concello de Ponte de Lima, tamen a Luz Alonso por a axuda e poder participar nestra mostra con grandes da pintura e fotografía....Gracias 
 

VIDEO

VIDEO

VIDEO 

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 10 de marzo de 2023

HOMENAXE A ANTONIA MURADÁS - ASOCIACION DE VECIÑOS " A FONTE"

 HOMENAXE A ANTONIA MURADÁS 

ASOCIACION DE VECIÑOS " A FONTE"

Texto: Aldara Paz Portela

Fuente: Publicado Diario de Pontevedra

 Antonia Muradás, muller de mans salgadas

     A Asociación A Fonte renderá hoxe homenaxe a Antonia Muradás, A Chosquita, empacadora na postguerra, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora

     "Soñaba con ir á escola, pero non se podía. Había que traballar".

     Esa foi a dura realidade da postguerra. Antonia Muradás Muñiz, coñecida polo mote familiar "A Chosquita", foi unha das moitas mulleres –ou nenas naquel tempo– que tiveron que sacrificar a súa vida e os seus soños para que a súa familia puidese comer co pouco diñeiro que entón se gañaba nos traballos vinculados o mar.

     A pesar de todo iso, Antonia recoñece que tivo unha mocidade moi feliz. Unha época que este martes puido rememorar grazas a unha fotografía que lle entregaron as súas "veciñas de toda a vida" en Cantodarea Tesi Landín e Mari Tarrido, da Asociación A Fonte, que hoxe lle fará unha homenaxe con motivo do Día da Muller Traballadora.


     O acto terá lugar ás 18.00 horas enfronte do monumento da "Carrexadora", símbolo de loita e de todas as mulleres do mar.

     Alí entregaráselle un recordo a Antonia e despois celebrarase unha merenda no local da Comisión de Festas de San José situado en Concepción Arenal, á beira do Bar Apolo.

     "A Chosquita" era das máis altas do seu grupo de compañeiras, unhas dez. Da decena tan só permanecen vivas ela e a que saía ao seu lado, Elvirita "A Suela".

      Na foto, de 1951, tamén saía a sua avoa, Dores. "Acórdome perfectamente que a miña avoa pasaba por alí naquel momento e chamámola para que saíse connosco na foto", conta con añoranza.

     O traballo de Antonia e as súas compañeiras era o de empacadoras, no que case todas comezaron antes da maioría de idade.

     Dedicábanse a gardar e salgar o peixe, concretamente a carioca, para despois cargalo aos camións e distribuílos. "Era un traballo moi duro.

     Podías pasar toda a noite traballando e non ir a casa ata as doce do mediodía, porque dependía de se cho compraban ou non", relata a veciña de Cantodarea, que recorda que "o pouco que pagaban para o moito que faciamos". Por cada caixa, cinco pesetas.

     De feito, por descargar o sal dos coches "non nos pagaban". Tampouco tiñan nin vacacións nin seguro e só gañaban diñeiro se pescarbas pa manipular. 

     O oficio pasoulle factura, xa que nalgunha ocasión chegou a sufrir anemia.

     Pero xa aos 14 anos, as mans de Antonia sabían o que era estar en continuo contacto coa salitre e o sal máis puro. E é que pasaba horas no peirao secando bacallau.

     "Sempre intentaba acabar rápido para poder ir ao colexio. Logo cando se modernizou un pouco a técnica no peirao, tocábame ir a Cálaa do Sur, onde tamén se secaba, a vixiar que os gatos non llo comesen", recorda a homenaxeada, que aínda se cuestionou como puido aprender a ler e a escribir co pouco tempo que tiña para dedicarse a iso.

Aos 16 anos traballou na conserveira de Riestra e posteriormente, ata os 25, cando casou, foi empacadora. Pero Antonia seguiu traballando.

     Estivo polo menos 43 anos no emblemático Bar Lelé –que en 1952 colleron o seu marido e o seu cuñado– ata que se xubilou.

NOTA:

     Meu agrdecemento a AA.VV. A Fonte por convidarme o acto, moitas gracias.

VIDEO

Texto: Aldara Paz Portela

Fuente: Publicado Diario de Pontevedra

XOAN ARCO DA VELLA