domingo, 12 de junio de 2022

FERVENZA DE ROSENDE - ROSENDE - CALVOS - TOURO

FERVENZA DE ROSENDE

REGO DE ROSENDE

CALVOS

TOURO

Calvos
     San Martiño de Calvos de Socamiño e unha parroquia que se atopa o Este do Concello de Touro. Según o padrón municipal de 2019 tiña 143 habitantes distribuidos en 9 entidades de poboación: Calvos, Carballido, Cezar, Merés, Rilo, Rosende, Sartes, Vilar y Xunqueira.

- PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO: Castro. Pena Furada e    Pena das Letras, en Vilar.
- ARQUITECTURA RELIXIOSA: Iglesia de San Martiño de Calvos y Casa Rectoral, en Xunqueira; Capilla y Crucero del Pazo de Rosende.
- ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Pazo de Rosende y Hórreo; Molinos de Merés, da Agra, do Muiñeiro de Abaixo, do Muiñeiro de Arriba, da Ponte y da Torre.
- RECURSOS NATURAIS: Fervenza de Rosende y el entorno del Ulla.

Touro
     Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.

     Segundo o IGE en 2020 tiña 3.516 habitantes. O seu xentilicio é tourense.

Xeografía
      Ten unha superficie de 114,9 km² (214.995 ferrados). A capital municipal está en Fonte Díaz, parroquia de Touro, aínda que no século pasado estivo en Soutullo, na parroquia de Fao.

Orografía
      O Concello de Touro presenta un perfil semellante ó resto das terras do Ulla; un relevo suave que se acentúa cara ó sur ata chegar ó val do Ulla. As maiores altitudes corresponden cos montes de Pena Cabreira, Xunqueira e o Coto de San Sebastián (parroquia de Loxo), rondando todos eles os 400 metros.

Hidrografía
     En canto á rede hidrográfica, á parte do mentado Ulla, atopamos os ríos Brandelos e Lañas, cos seus respectivos afluentes: Quintáns, Prevediños, Pucheiras, Rozas, Abelenda e Beseño.

Historia
     Hai restos antigos de presenza humana, aínda que moitos están sen catalogar. Na parroquia de Foxás hai varios topónimos que denotan a existencia de poboados castrexos. Da época da romanización de Galicia quedou un camiño real con dirección a Lugo.

     Na toponimia atopamos por exemplo coa aldea de Castelo, en Touro, o nome etimoloxicamente podería deberse a que alí se erguera algo semellante a un castelo, e na zona dos Torreis, en Loxo poderían imaxinarse unhas fortificacións. En Foxás hai varios lugares co nome de Castro.

     As terras do concello aparecen nomeadas no Códice Calixtino, promovido polo arcebispo Diego Xelmírez no século XII. As dezanove parroquias actuais estaban repartidas en cinco xurisdicións: Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha.

     Trala división territorial de España en 1833 foron creados os concellos de Touro e de San Miguel de Vilar (na actualidade integrado no primeiro), pertencentes ó partido xudicial de Sar. O municipio de Touro homenaxeou á raíña Isabel II, que reinaba nese momento, incluíndo no seu escudo un i grego e un dous en números romanos.

     No século XX o concello mantiña unha economía de autoconsumo, ligada ao sector primario, e un atraso tecnolóxico. Isto motivou unha grande emigración.

Patrimonio cultural
     Touro está atravesado polo Camiño de Santiago. Son algúns os peregrinos que collen a estrada comarcal AC240, que atravesa as parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo, Bama, Prevediños e Vilar.

Etnografía
     En Baiobre, un dos lugares máis elevados do concello, na parroquia de Beseño, celébrase unha romaría nunha carballeira xunto á capela de Santa Sabela. Segundo a tradición, as mulleres preñadas deben coller unha tella da capela que se garda baixo os carballos.

      En Brandelos, Prevediños hai unha fonte con augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira, onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira, en Noaio, na mesma parroquia.

Festas e celebracións
    Hai unha feira cada día 5 de todos os meses en Fonte Díaz, con especial mención a de agosto, dedicada aos emigrantes.
    Festa da Terceira Idade
    Día do Neno
    Tamén se celebra o Entroido, de especial mención o de Fao, como magostos e sardiñadas nas súas datas.

Festas parroquiais:
    O San Xoán do 24 ao 26 de xuño en Touro
    Festas de Santa Eulalia e San Marcos en Bama o 24 de abril
    San Breixo en Foxás o 1 de outubro
    Santa Mariña en Circes o 18 de xullo
    Festa do Coto de San Sebastián en Loxo
    San Ramón en Santiso, Cornado, o último venres e sábado de agosto.

Parroquias de Touro    
     Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)  

VIDEO

MAPA

Fuente: Concello de Touro

XOAN ARCO DA VELLA

MOSTERIO DE SAN PEDRO DE SOANDRES - SOANDRES - A LARACHA

 MOSTERIO DE SAN PEDRO

SOANDRES

A LARACHA

     Poucos son os datos que se conservan sobre este mosteiro, situación idéntica á sufrida por outros mosteiros situados no ámbito xeográfico da Costa da Morte, onde escasean as noticias referentes ao seu pasado medieval.

     Os datos conservados respecto da súa orixe parecen situar a súa fundación no primeiro cuarto do século X. Segundo o historiador López Ferreiro, consérvase nos índices do arquivo de San Martiño Pinario un documento sobre o mosteiro de Soandres, onde viviu o bispo Don Nuño, que fai referencia a unha sentenza dada no ano 922, estando en Soandres co conde Froilán Menéndez.
Lucas Álvarez atribúelles a fundación do mosteiro aos pais de Conde Pelayo, que realizan unha doazón a esta igrexa nun documento datado no ano 990.

      Desde a súa fundación este templo beneditino posúe unha notable importancia ao exercer influencia sobre gran parte do que hoxe coñecemos como Bergantiños.

      Ata o ano 1351, e durante catro séculos, o mosteiro de Soandres estaba baixo o padroado de san Salvador. Foi entón cando o rei de Castela, Pedro I, nunha demostración da protección que lle profesaba ao templo, decidiu eximilo de pagar os impostos de “yantare e colleita”. Os monxes, como mostra de agradecemento, cambiaron a dedicación do cenobio a san Pedro.

      Foi a finais do século XV e principios do XVI cando o mosteiro comeza a perder privilexios debido á reforma dos Reis Católicos. O templo convértese nesta época nun priorado dependente do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, unión confirmada polo papa Alexandre VI o 1 de outubro do ano 1500.
A vida monástica finaliza o 6 de decembro do ano 1835. O mosteiro perde as súas propiedades e a súa función limítase, desde entón, á de igrexa parroquial.

     Hoxe en día consérvase o conxunto arquitectónico que conforma a igrexa e a casa reitoral. As reformas realizadas, especialmente durante os séculos XVII e XVIII, dotárono de diferentes estilos arquitectónicos. O barroco das naves fusiónase con natural harmonía co gótico da cabeceira e cos restos románicos, en elementos do muro norte, do templo primitivo.

     Os altares das capelas absidais ao lado da Epístola e do Evanxeo atopáronse durante os traballos realizados para cambiar a pavimentación das capelas laterais, unha vez desmontados os sotobancos dos retablos. Son dúas mesas de altar con cinco soportes cada unha, catro en posición angular e un en posición central, que suxeitan a táboa da mesa de altar. 

     A atribución destas mesas como altares susténtase en que os soportes centrais que sosteñen a táboa conteñen uns depósitos relicarios, situados nos ocos existentes no interior do propio soporte central. Na mesa do lado do Evanxeo atopouse unha caixa de madeira de sección circular na que se custodiaban envolvidas nun pano vermello dúas lipsanotecas. Con todo, na da Epístola non apareceu ningún relicario senón que este espazo acubillaba unhas cinzas. Crese que estes altares serían obra da segunda metade do século XIV, e son unhas estruturas pétreas únicas en Galicia de cronoloxía gótica.

      Por último, cabe destacar a existencia no seu interior dunha imaxe de santa Marta en pedra policromada e de feitura rústica, procedente da antiga capela do mesmo nome, situada no couto de Santa Marta. Tamén existe outra imaxe das mesmas características que representa a santa Lucía. 

MAPA

Fuente: Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 10 de junio de 2022

MAMOA DE SAN CIBRAO "DOUS" - SERRA DO MONTE CALVO - PARDAVEDRA - A BOLA

 MAMOA DE SAN CIBRAO "DOUS"

SERRA DO MONTE CALVO

PARDAVEDRA

A BOLA

Pardavedra
     Santiago de Pardavedra é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 158 habitantes, deles 80 eran homes e 78 eran mulleres.

Lugares da parroquia de Pardavedra     
     Barrio, Casanova, Fondo de Vila, Pardavedra, O Pazo, Ponte Rubiás, O Rañadoiro, Rubiás, Vilar

A Bola
      A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Vilar de Santos, e ao oeste con Celanova.

      Está situado nunha zona de media montaña, preminentemente chá, nas estribacións da cara leste da serra do Leboreiro, ao pé dos cumios do Forriolo, Monte Calvo e San Cibrao. A altitude media está entre os 500 e 600 m. A altitude máxima é o monte do San Cibrao (914 m), e a mínima no regato de Fechiñas, no límite con Celanova e A Merca (300 m), ao noroeste.

      Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 °C e unha amplitude térmica de 13,4 °C. ,

     Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1038 mm, cunha acusada seca no verán.

     A hidrografía está determinada polo curso medio do río Arnoia e por varios afluentes, destacando entre eles o río Orille. Este curso, procedente de Verea, delimita boa parte dos límites occidentais do concello. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello, e con dirección leste-oeste. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.

      Cara ao leste está a zona máis accidentada, no Monte Calvo e no Forriolo, que dividen as cuncas do río Limia e do Miño.

Parroquias da Bola   
      Berredo (San Miguel), Pardavedra (Santiago), Podentes (Santa María), San Martiño de Berredo (San Martiño), Santa Baia de Berredo (Santa Baia), Sorga (San Mamede), Soutomel (Santa Locaia), Veiga (San Munio)

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.    

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 9 de junio de 2022

MAMOA DE SAN CIBRAO "UN" - SERRA DO MONTE CALVO - PARDAVEDRA - A BOLA

 MAMOA DE SAN CIBRAO "UN"

CAPELA DE SAN CIBRAO - SERRA DE MONTE CALVO - PARDAVEDRA - A BOLA

CAPELA DE SAN CIBRAO

SERRA DE MONTE CALVO