TORRE PAZO DE PENAS
SAN MIGUEL DE PENAS
MONTERROSO
PazoTorre de Penas
Este pazo dátase no século XVI, con reformas no XVII e XVIII, aínda que se comezou a construir na alta idade media alá polo século VIII.
Aínda hoxe, o lugar conserva a impronta arquitectónica do que foi o señorío histórico, coa igrexa, a torre e o pazo, cada un deles de diferentes etapas.
Ten escudos armeiros dos Arias, dos Taboada e dos Ribadeneira. A planta ten forma de “L”, a partir da torre cadrada á que se lle adosa o pazo barroco, construido sobre dependencias anteriores. Os muros son de cachotería e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas e catro augas.
A torre ten tres plantas e semisoto ademais de varias fiestras con arcos treboados. Dícese que estaba comunicada por medio de sinais coas torres do castro de Amarante.
A casa consta dunha planta con patín e cheminea. O conxunto está pechado por un muro con portalón adintelado de acceso, con un escudo a cada lado da porta.
Neste Pazo – Torre aloxáronse a raíña Doña Urraca e o seu marido Alfonso I, o batallador, conta a crónica que o rei executou ao alcalde do Castelo de Monterroso como represalia pola rebelión dos señores monterrosinos contra os monarcas.
O poeta Ramón Cabanillas recolleu esta historia no poema “A noite do Castelar”.
Na actualidade o pazo pertence, trala compra do marquesado de Camarasa, á actual casa ducal dos Medinaceli.
Penas
San Miguel de Penas é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 169 habitantes, deles 114 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Penas
Esteba, Ludeiro, San Miguel, Toxide, A Uceira, A Vacaloura, O Vilar
MAPA
Fuente: Concello de Monterroso
XOAN ARCO DA VELLA