jueves, 10 de junio de 2021

PETO CRUCEIRO DE SANTA MARÍA - CASTELO - AIREXE - TABOADA

 CRUCEIRO PETO DE SANTA MARÍA

CASTELO

AIREXE

TABOADA


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

FERVENZA DE PARGA - RÍO PARGA - PARGA - GÁNDARA - ZAS

FERVENZA DE PARGA

RÍO PARGA

PARGA

GÁNDARA

ZAS

Parga
     Parga é un lugar da parroquia de Gándara no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira.

     Tiña 17 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 10 homes e 7 mulleres.

Gándara,
     Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.


Natureza
    Pico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira.
    Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo.


Lugares de Gándara
     Budián, Gándara, Parga, Quintáns, O Sisto, Sobreira, Vilaestévez, Vilar Ramilo


Parroquias de Zas

    O Allo (San Pedro) Baio (Santa María) Brandomil (San Pedro) Brandoñas (Santa María) Carreira (Santiago) Gándara (Santa María) Lamas (Santa María) Loroño (Santiago) Mira (Santa María) Muíño (San Tirso) San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo) San Martiño de Meanos (San Martiño) Santa Sía de Roma (Santa Sía) Santo Adrián de Castro (Santo Adrián) Vilar (San Pedro) Zas (Santo André)



Comarca da Terra de Soneira
     A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo.

     A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste.

     Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

O CAMIÑO PORTUGUÉS - ETAPA VILARINHO / BARCELOS - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

 O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA VILARINHO BARCELOS
AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS


     O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 30 tocou a etapa Vilarinho-Barcelos, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día.


     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que nos envia fotos de cada etapa e de diferentes momentos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion non puden asistir personalmente pero en proximas ocasions si estarei, aínda que sexa de grafico, xa iremos contando.

     O calendario previsto dá peregrinación contempla que para o domingo 30 de maio terá lugar a segunda etapa entre Vilarinho-Barcelos, o domingo 6 de xuño será a terceira etapa entre Barcelos e Ponte de Lima; a cuarta etapa está prevista para o domingo 13 de xuño entre Ponte de Lima e a localidade de Rubiaes.O domingo 20 de xuño esperase poder completar a quinta etapa: Rubiaes-Valença do Minho.

     A partir de Valença do Minho farase un descanso retomándose en setembro os sábados de tarde.


Camiño Portugués

      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés. Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; desde a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.


    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Amigas e Amigos do Camiño Portugués

Fotos: Pilar Amaro

XOAN ARCO DA VELLA


miércoles, 9 de junio de 2021

LAGOAS E MONTE NEME - CARBALLO - MALPICA DE BERGANTIÑOS

 LAGOAS E MONTE NEME 

CARBALLO

MALPICA DE BERGANTIÑOS


Monte Neme
     Monte Neme é un lugar situado como límite entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños. O monte ten 387 metros de altura. 

Preto do cumio había un crómlech que foi destruído nos anos 1960 na construción da estrada de acceso. Foi reconstruído preto de onde estaba.


Historia e lendas
     O monte xa estaba habitado no neolítico, moi posibelmente con asentamentos nas súas abas na Idade dos Metais. Crese tamén que existiu un castro, que puido perderse coas obras de minaría, xa que é deste lugar de onde procede a famosa "Arracada de Cances" (peza de ourivaría castrexa) atopada en 1950 no Rego de Bandeira durante os traballos na mina, e que hoxe se atopa no Museo de Pontevedra. 

     O crómlech demostra o uso sagrado do monte. Na zona existiu unha forte presenza de cultos pagáns, como demostra a tradición oral que chega aos nosos días coa crenza de fontes purificadoras. Crese que no lugar se adoraba a divindade precristián de nome Nemet, moi común en toda a Gallaecia. 

     Coa chegada do cristianismo á Gallaecia, estes lugares foron cristianizados, e ergueuse unha ermida baixo a advocación de Santa Cristina. Existen ademais outras capelas no monte.

     No lugar mestúranse lendas, que lle dan o monte un carácter sagrado ou telúrico, de feito a tradición oral asinoulle ao propio monte significados especialmente vencellados a un carácter pagán e demoníaco, cando menos no tocante ás tradicións ligadas á mística do círculo de pedra. 

     O nome de Eira das Meigas ou Circo dos Xogos, fai referencia á asociación do lugar con aquelarres e celebracións escuras, asociadas á noite de San Xoán ou aos solsticios. A construción de varias igrexas, como as de Santa María de Ardaña ou Santa Cristina, protexerían os veciños dos meigallos.


Crómlech
     Preto do cumio, na aba sueste, orientado ao nacente do monte, atópase un crómlech de pequeno tamaño, a "Eira das Meigas" ou "Circo dos Xogos", un conxunto lítico formado por laxes en círculo, un dos poucos exemplos destas estruturas que chegaron aos nosos días na actual Galicia. O crómlech xa fora descrito por autores como Manuel Murguía ou Luís Monteagudo.

     A lenda popular di que na noite de San Xoán as meigas subían ao monte, lavaban a cara na Fonte das Meigas, no lugar de Tordoia, ou noutras como a de San Paio da Devesa ou na fervenza de entrecruces; para despois reunírense no crómlech, sentando nas grandes cadeiras de pedra para discutiren que facer cos vivos.

     Hoxe en día a Eira das Meigas atópase practicamente destruída por mor da apertura de pistas para a actividade mineira na década de 1960. Era un dos escasos exemplos de círculo lítico situado no alto dun monte illado á beira do mar, un dos curiosos exemplos que lle confiren a un monte un carácter sagrado e que ata vai pouco tempo conservaba o Neme e con el as comarcas de Bergantiños e Costa da Morte.


Mina abandonada do monte Neme

     O monte salienta ademais por riqueza mineral, xa que, a diferenza de todo o occidente galego, predomina o gneis máis ca o granito.

     É moi posíbel que xa na época romana, grega ou fenicia, foran explotados os xacementos de estaño do monte, elemento moi apreciado daquela.

     Nos anos da primeira Guerra Mundial iniciouse a extracción de volframio (material de especial importancia a comezos do século XX polo seu uso na industria militar para o endurecemento do aceiro). 

     Segundo apuntan os documentos, a primeira concesión da mina para tirar volframio e caolín dataría de 1923, aínda que segundo semella, a orixe sería polo menos anterior á primeira gran guerra, prorrogándose en sucesivas ocasións ata o ano 2012, ano no que a mina se abandona.

     Dende entón gran parte do monte foi empregado como canteira e no seu cumio hai antenas de telefonía móbil, radio e televisión. 

     A zona outrora explotada ocupa unha superficie de 70.000 metros cadrados. Ademais dos danos ecolóxicos e da perda de patrimonio histórico, a explotación ten un forte impacto visual.

Recuperación
     En setembro de 2016, a Xunta de Galicia anunciou a súa intención de recuperar o monte. De tentar borrar as pegadas da actividade mineira, derrubando as construcións que ficaran abandonadas, limpando o monte e consolidando os pozos da canteira.

     No ano seguinte a Xunta de Galicia empregouno como reclamo turístico, rectificando posteriormente por ser isto inadecuado (toxicidade, desastre ambiental, perigosidade). Para facer fronte á súa turistificación constituíuse, non desde o plano institucional, a Plataforma en Defensa do Monte Neme. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA