miércoles, 19 de mayo de 2021

EIRA DE SENRREIRA - ANLLO - CASTRELO - SAN CRISTOVO DE CEA

 EIRA DE SENRREIRA

ANLLO

CASTRELO

SAN CRISTOVO DE CEA

 Castrelo
     San Cibrao de Castrelo é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 202 habitantes (106 homes e 96 mulleres), seis máis ca en 2006.

Lugares de Castrelo
     Anllo, A Casanova, Castrelo, Nogueira, Paramios, A Torre, Vilela

San Cristovo de Cea
     San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
     O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

     O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. 

     A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

     O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Historia
     Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

     En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. 

     As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

Patrimonio arquitectónico
     Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Facundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural

     No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Parroquias de San Cristovo de Cea
     Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel), Viña (San Román)

MAPA

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 XOAN ARCO DA VELLA

martes, 18 de mayo de 2021

CANASTROS NA ESTRADA DE PARADA - AMOEIRO

 CANASTROS NA ESTRADA DE PARADA

AMOEIRO

Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».

Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño.

     Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Parroquias de Amoeiro    

     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago), Rouzós (San Cibrao), Trasalba (San Pedro)  

MAPA 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CORNOCES - CORNOCES - AMOEIRO

 IGREXA DE SAN MARTIÑO

CORNOCES

AMOEIRO

Cornoces

     Cornoces é un lugar da parroquia de Cornoces no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense.

     Tiña 111 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 71 eran homes e 40 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 112 habitantes (70 homes e 42 mulleres).

Patrimonio
     A igrexa de San Martiño de Cornoces foi consagrada no ano 1200, sgundo consta nunha inscrición na fachada sur. 

     Foi construída sobre un primitivo poboado castrexo.

    Na fachada ten un tímpano historiado con figuras, probablemente de San Martiño. A porta sur é sinxela e estreita. Sobre a cornixa da nave principal e da ábsida hai canzorros simples. Sobre o testeiro da ábsida álzase unha cruz antefixa coa respresentación de Cristo crucificado.

       A espadana é barroca con dous arcos de medio punto. Xunto á igrexa está a casa reitoral, de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría de granito. O cemiterio esténdese arredor do templo.

    A igrexa aparece citada na novela Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo.

    A capela de Santo Estevo, tamén chamada capela das Candelas, é unha construción baixomedieval, antiga igrexa parroquial. O seu adro era o antigo camposanto. Ten planta rectangular con peche de cachotería e pórtico con cuberta na entrada apoiada sobre dúas columnas de pedra de labra ruda.

A porta é alintelada, e a cuberta a tres augas, de tella curva, e con cruz de pedra no cumio. Ten pequenas xanelas ou ventás tanto na fronte como nos laterais.

       No seu interior garda as figuras de Santo Estevo e das Candelas, esta de pedra en estilo románico asentada nun camarín dunha peza co neno no colo e coa lenda ERA CLII.

Lugares de Cornoces
      Bubeiras, Codeseda, Cornoces, Os Garabatos, Sabariz, Santa Baia 

Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».

Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño.

     Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago), Rouzós (San Cibrao), Trasalba (San Pedro) 

MAPA 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 17 de mayo de 2021

CAPELA DE FORMIGUEIROS - O FORMIGUEIRO - TRASALBA - AMOEIRO

 CAPELA DE FORMIGUEIRO

O FORMIGUEIRO

TRASALBA

AMOEIRO

O Formigueiro
     O Formigueiro é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense.

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña quince habitantes (oito homes e sete mulleres), un menos ca en 2010 (sete homes e nove mulleres).

Lugares de Trasalba
     Albeiros, A Bergueira, Fondo de Vila, O Formigueiro, Monte Asnal, Soutomanco, Trasalba

Trasalba
     San Pedro de Trasalba é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 312 habitantes (158 homes e 154 mulleres), 16 menos ca en 1999.

Patrimonio
     No Chan da Ferradura localízanse unha serie de petróglifos.

     Nesta parroquia está a casa museo de Ramón Otero Pedrayo, onde se entrega anualmente o premio Trasalba.