martes, 8 de diciembre de 2020

MUIÑOS DA CARBALLA - RÍO LAÑAS - FAO - TOURO

 MUIÑOS DA CARBALLA

RÍO LAÑAS

FAO

TOURO

  Muíños da Carballa
     Na parroquia de Fao e no lugar dos Montes de Fao, están emprazados na marxe esquerda do río Lañas unha serie de muíños moi antigos recentemente rehabilitados.

     Localízanse na parroquia de Fao,  e no lugar dos Montes de Fao. 

      Están emprazados na marxe esquerda do río Lañas.

      Dende Touro, seguindo a estrada que leva a Fao.


DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS
     Trátase duns muíños bastante antigos, que foron rehabilitados recentemente, e que se conservan nun perfecto estado.

     Constitúen un conxunto de dous muíños que están totalmente rehabilitados e onde se pode apreciar a distribución típica e presenta tódalas partes das que constaba un muíño.

Fao
     Santa Uxía de Fao é unha parroquia que se localiza ao sur do concello de Touro.

     Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 176 habitantes distribuidos en 12 entidades de poboación: Aldrén, Arroeiro, Bustelo, Cascallón, Cruz, Dezas, Gagos, A Igrexa, Moutarón, Paces, Pena e Soutullo.

PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO: 

     Castro de Fao, na Cruz.
ARQUITECTURA RELIXIOSA:

      Igrexa de Santa Uxía, en Ou Moutarón; Casa Reitoral de Santa Uxía, na Eirexe e Capela do Pazo, en San Cristovo.
ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR

      Pazo e Pombal de San Cristovo. Muíños dá Carballa, de Quintás, do Inferniño, do Crego, dá Ruta e dúas Ferreiros. Pombais da Cruz. Lavadoiro de Manuel Mato. Hórreo do Crego.


RECURSOS NATURAIS: 

     Fervenza do Inferniño e a Fervenza de Pena. A Carballeira do Pego e a contorna do Ulla.


Parroquias de Touro    
     Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)


Comarca de Arzúa
     A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa.

     Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.

     Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Touro

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE PORTARREGUEIRA - PORTARREGUEIRA - REGO DE PORTARREGUEIRA - ARCADE DE ARRIBA - ARCADE - SOUTOMAIOR

 MUIÑO DE PORTARREGUEIRA

REGO DE PORTARREGUEIRA

ARCADE DE ARRIBA

ARCADE

SOUTOMAIOR

 Arcade
      Santiago de Arcade é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior. 

     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 5064 habitantes (2540 homes e 2524 mulleres), 1978 máis ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.

Lugares da parroquia de Arcade
    A Calle, A Devesa, A Xesteira, Arcade de Arriba


Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio é «soutomaiorense».

Xeografía
     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

     O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Historia
     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

Patrimonio
     O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

     No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

     En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

     A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).

     Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

Parroquias de Soutomaior     
     Arcade (Santiago), Soutomaior (San Salvador)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DO BATÁN - REGO PUCHEIRAS - FONTES ROSAS - TOURO

 FERVENZA DO BATÁN

FONTES ROSAS

REGO PUCHEIRAS

TOURO

Fontes Rosas

     San Xoán de Fontes Rosas é unha parroquia que se localiza ao oeste do concello de Touro. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 27 habitantes distribuidos en 1 entidade de poboación: Cimadevila.

ARQUITECTURA RELIXIOSA:

      Igrexa parroquial de San Xoan, en Cimadevila.
ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: 

     Hórreo da Casa Rica.
RECURSOS NATURAIS: 

     Fervenza do Batán y la Carballeira de San Isidro.

Touro
     Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 3.853 habitantes. O seu xentilicio é tourense.

Xeografía
     Ten unha superficie de 114,9 km² (214.995 ferrados). A capital municipal está en Fonte Díaz, parroquia de Touro, aínda que no século pasado estivo en Soutullo, na parroquia de Fao.


Patrimonio
     No inventario Histórico-Artístico do concello figura a igrexa parroquial de Quión, ao igual que a igrexa de Loxo, que pertencía antes aos dominicos de Santiago.

     Outras igrexas destacadas son a de Fao, co seu campanario inclinado; e a de Foxás, que tiña unha campá facendo soar as horas.

     O concello está cheo de muíños. Moitos deles abandonados, e outros foron restaurados, como o muíño de Rozas, en Quión.

     Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.

      No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento,ao que segundo a tradición popular asistía a veciñanza da outra bando do río Ulla para facer enterramentos.

     En escrituras do século XII fálase dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo.

Patrimonio cultural
     Touro está atravesado polo Camiño de Santiago. Son algúns os peregrinos que collen a estrada comarcal AC240, que atravesa as parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo, Bama, Prevediños e Vilar.


Etnografía
     En Baiobre, un dos lugares máis elevados do concello, na parroquia de Beseño, celébrase unha romaría nunha carballeira xunto á capela de Santa Sabela. Segundo a tradición, as mulleres preñadas deben coller unha tella da capela que se garda baixo os carballos.

      En Brandelos, Prevediños hai unha fonte con augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira, onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira, en Noaio, na mesma parroquia.


Festas e celebracións
    Hai unha feira cada día 5 de todos os meses en Fonte Díaz, con especial mención a de agosto, dedicada aos emigrantes.
    Festa da Terceira Idade
    Día do Neno
    Tamén se celebra o Entroido, de especial mención o de Fao, como magostos e sardiñadas nas súas datas.


Festas parroquiais:
    O San Xoán do 24 ao 26 de xuño en Touro
    Festas de Santa Eulalia e San Marcos en Bama o 24 de abril
    San Breixo en Foxás o 1 de outubro
    Santa Mariña en Circes o 18 de xullo
    Festa do Coto de San Sebastián en Loxo
    San Ramón en Santiso, Cornado, o último venres e sábado de agosto.

Turismo
     Touro conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo, a PR-G 93 ou ruta da Ribeira do Ulla, e a PR-G 121 ou ruta dos Tres Ríos. A PR-G 93 é unha ruta sendeirista lineal de 12,8 km con principio/fin en Ponte Basebe e fin/inicio xunto á estrada de San Pedro de Ribeira. O percorrido é case unha senda botánica, con mostras de distinta vexetación, destacando os castiñeiros e sobreiras. É de mención a fervenza do Inferniño e a vaira do Pozo do Pego. A ruta dos Tres Ríos é unha prolongación desta primeira, que vai desde a Ponte Basebe até a Santaia, pasando polo que son os ríos Ulla, Beseño e Lañas.

Parroquias de Touro    
     Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)


Comarca de Arzúa

     A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.

     Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.  

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Concello de Touro

XOAN ARCO DA VELLA