CRUCEIRO CRISTO DO PIÑÓN
CHAN DA GÁNDARA
PADRÓNS
PONTEAREAS
Este cruceiro, do ano 1780, está situado sobre un montículo rochoso, á beira do río Tea.
Érguese sobre unha plataforma de tres gradas de perpiaño, reforzadas nas unións con grampas de ferro, nas que descansa unha base cadrada e cos bordes rebaixados.
Posúe a seguinte inscrición:
“LO MANDO HACER POR DEVOCIÓN SANTIAGO NOGUEIRA AÑO 1780 STO CRISTO DEL PIÑÓN”.
Fuste poligonal-primático con colar da mesma forma que dá paso ó capitel de tipo clásico, con follas, volutas e cabezas de anxos; remata en ábaco curvilíneo.
Cruz cadrada e con remates en punta; leva no anverso un Cristo coa cabeza ladeada, coroa de espiñas, anatomía marcada e amplo pano de pureza.
No reverso vemos á Virxe en actitude orante e recollida, con manto que a cubre dende a cabeza ós pés, repousa sobre peana en forma de cabeza de arcanxo.
Neste lugar, á beira do río Tea, celébrase a romaría do Cristo do Piñón.
Padróns
San Salvador de Padróns é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 700 habitantes (371 mulleres e 329 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 716 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 646 habitantes, sendo 314 homes e 332 mulleres.
Patrimonio
Na igrexa de San Salvador de Padróns consérvanse algunhas seteiras dunha edificación antiga nos muros sur e norte da ábsida e abrigo a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII. A porta, das máis monumentais de gardapós axadrezado tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finas mediacanas e a inferior de dúas filas de floróns. O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas rematadas en volutas.
Lugares de Padróns
Castro, Chan da Gándara, As Cortellas, Maínza, Mouro, A Portela, A Seca, A Serra
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA