sábado, 6 de junio de 2020

PETO DE SAN FINS - A ALDEA - CERDEIRA - AS NEVES

 PETO DE SAN FINS
A ALDEA
CEDEIRA
AS NEVES


Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas.



     Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.



Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.



     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.



     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.



     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.


     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufragios que nos pediremos por vos".



Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.



     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.



Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá.



     De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.



     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.



O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.



     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE CURRELOS - CURRELOS - A LAMOSA - COVELO

PETO DE CURRELOS
CURRELOS
A LAMOSA
COVELO


Petos de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.



    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.



     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.



     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.



     En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.



     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.



     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).



     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.



Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO VAZQUEZ - PRESA DE ABAIXO - A INSUA - PONTE CALDELAS

MUIÑO DO VAZQUEZ
PRESA DE ABAIXO
A INSUA
PONTE CALDELAS


     A Presa de Arriba e de Abaixo na parroquia de A Insua xa aperecen reflexadas en documentos do ano 1660.


     Estas levadas ou mellor dito duas presas de regadio, porque asi se coñecen como Presa de Arriba e Presa de Abaixo recolle as augas do Río verdugo en Ponte Caldelas a altura de O Balneario e leva  auga por toda a parroquia de A Insua.



     Son mais de 4 km de canales que garantízan durante todo o ano regadio e fan funcionar un numero importantes de muiños.



     Destas dúas presas de regadio que ten a parroquia de A Insua, Presa de arriba e Presa de Abaixo, neste momento só a Presa de Arriba continua funcionando.


     Ao longo destas presas atopamos un total de 12 muiños, 10 na Presa de Abaixo e 2 na Presa de Arriba.



PRESA DE ABAIXO
Muiño do Pereira
Muiño dás Laxiñas
Muiño dás Mangarelas
Muiño de Xustans
Muiño do Artelo
Muiño de Patricio
Muiño do Coio
Muiño de Agustin
Muiño do Lagoeiro
Muiño do Vazquez
Muiño de Xesus do Andeano


PRESA DE ARRIBA
Muiño de Outeiro
Muiño dá Horta



     Hoxe en día moitos deles xa non teñen acceso, e outros estan en ruínas, a falta dá ganderia ou traballo dás terras, o abandono do rural tenden a desaparicion.



     E unha magoa que unha obra hidraulica tan importante como esta non se teña a ben consevar, de seguro seria unha mostra dá sostenivilidade do medio natural que os nosos antepasados por necesidade foron quen de inxeniar.



     Por outra parte quero agradecer a Rosana Comesaña a axuda para poder realizar este traballo sen ela seria imposible, GRAZAS.



A Insua
     Santa Mariña dá Insua é unha parroquia que se localiza non concello pontevedrés de Ponte Caldelas.



     Segundo ou IGE en 2016 tiña 895 habitantes (455 mulleres e 440 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, ou que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tinga 1156 habitantes.



Lugares da Insua

     A Insua, A Roca, Chaín, Covelo, Rebordelo, Rego do Vargo, Silvoso.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fotos: Rosana Comesaña
XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SANTA MARÍA DE OZA - OZA - A CORUÑA

CAPELA DE SANTA MARÍA DE OZA
OZA
A CORUÑA


Capela de Santa María de Oza
     A Capela de Santa María de Oza é un templo relixioso de estilo románico construído entre mediados e finais do século XII e reformado nos séculos XVII e XVIII. Está situada na parroquia de Oza, no concello da Coruña. 



     Trala anexión do concello de Oza polo da Coruña en 1912, converteuse nun dos edificios máis antigos do concello herculino. Forma parte do Conxunto Histórico-Artístico do antigo Sanatorio de Oza


Historia
     A Capela de Santa María de Oza foi construída na segunda metade do século XII, sendo a sé parroquial ata a inauguración da nova Igrexa de Oza situada en Monelos en 1863.



     O templo foi atacado en 1589 polas tropas de Francis Drake durante o desembarco británico en Santa María de Oza, no marco do ataque inglés sobre A Coruña no que María Pita defendeu a cidade. 


     Foi restaurada dos danos sufridos en 1592. Sufriu reformas durante o século XVII, no que se lle engadiron dúas capelas máis, e no século XVIII, no que se construíu a portada actual de estilo barroco. En 1889, o Arcebispado de Compostela cedeu o templo ó lazareto construído nos seus arredores. 



     No ano 1910, a igrexa foi cedida ó Sanatorio Marítimo de Oza recentemente creado, acollendo as cerimonias relixiosas do persoal e mais dos acollidos durante bastantes anos, aínda que posteriormente deixou de ser utilizado. 
 


     En 1954, coa creación da parroquia da Nosa Señora do Carme no barrio dos Castros, pensouse en empregala como sé parroquial, pero finalmente non se levou a cabo. 


      Foi restaurada en 1993, pero dende aquela non se lle deu uso e foise deteriorando, ata o punto de que en 2009 a espadana estivo a piques de derrubarse, sendo reparada polo SERGAS titular do edificio a comezos de 2011. 


     Diversos colectivos veciñais teñen protestado pola situación de abandono na que se atopa o histórico templo.


Descrición
     Ten unha soa nave, con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. Engadíronselle dúas capelas asimétricas no século XVII. A capela norte, de bóveda de canón adornada con casetóns, foi feita a expensas do nobre Lorenzo Bermúdez de Figueroa e nela atópase un escudo do século XVII. A sur tamén é de bóveda de canón e cun arco de faixa na metade da planta.



     A portada está feita en cantaría, cun van e unha característica espadana barroca que actualmente non conta con campás. Nos arredores do templo atopábase o antigo cemiterio parroquial, que posteriormente foi trasladado preto da nova Igrexa de Oza.


Cruceiro
     A carón da capela atópase un cruceiro construído no século XVIII, aínda que a cruz desapareceu, posiblemente por causa dun roubo. 



     Foi bendicido polo párroco José Gil Taboada y Morado e o seu custo foron 553 reais. Está catalogado como Ben de Interese Cultural

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fotos: C.P.C
XOAN ARCO DA VELLA