miércoles, 22 de febrero de 2017

FESTA DA FILLOA DA PEDRA - A BAÑA

PRESENTACION
FESTA DA FILLOA DA PEDRA
A BAÑA
HOSTAL DOS REIS CATOLICOS
SANTIAGO DE COMPOSTELA


XIV Festa da Filloa da  Pedra
     Máis de 6.000 filloas da pedra degustaranse na Baña o domingo 12 de marzo


     Entre 20 e 30 homes e mulleres atenderán as 40 pedras que se colocarán no polideportivo de San Vicenzo



     A festa está organizada polo Concello e a Asociación Filloas da Pedra da Baña, que contan coa colaboración de máis de 30 mozos e mozas



     A filloa da pedra é una tradición típica do Val de Barcala, con máis de 4 séculos de antigüidade.


     O Concello da Baña e a Asociación Filloas da Pedra da Baña organizan o vindeiro 12 de marzo a XIV Festa da Filloa da Pedra para exaltar un produto típico do Val de Barcala que conta con máis de catro séculos de antigüidade, que foi pasando de xeración en xeración, segundo explicou hoxe en rolda de prensa o alcalde, Andrés García Cardeso.



     Este ano, trinta mulleres e homes atenderán as 40 pedras de 50x50 cm que o segundo domingo de marzo levaranse ata o polideportivo de San Vicenzo para elaborar unhas 5.000 filloas cos preto de mil litros de amoado que elaborarán os membros da Asociación. O mesmo domingo, disputarase a I Ruta BTT da Filloa da  Pedra e haberá diferentes actuacións musicais e campionatos.



     Esta exaltación gastronómica foi presentada esta mañá no Hostal dos Reis Católicos, nun acto no que, ademais do alcalde e da secretaria da Asociación, estiveron presentes Arita Pais Salvande, unha das filloeiras de maior idade da Baña, e Alba Losa Landeira, de quince anos, quen aprendeu esta secular tradición da man da súa avoa. Mentres se explicaba o programa e esta tradición típica da Baña, unha muller atendía as dúas pedras na que facía filloas para que os asistentes as puidesen degustar.


     “Son filloeira dende rapariga, e foi miña nai quen me ensinou”, dixo Arita Pais. “Dende sempre lévoas facendo na pedra, e tamén en filloeiro ou en tixola. Aínda teño o recordo, de cando era pequena, do recendo a filloas na aldea”, engadiu esta bañesa que colabora coa Festa da Filloa da Pedra da Baña “dende os seus inicios”.



     Pola súa banda, Alba Losa, unha das filloeiras máis novas que fai filloas tanto na festa como fóra dela, recoñeceu que foi a súa avoa “Elisa quen me ensinou e me inculcou a súa paixón por facer e comer filloas da pedra. Foi con ela con quen aprendín a facer tanto o amoado como as filloas”.



     Andrés García Cardeso, alcalde da Baña, sinalou que “cociñar filloas sobre unha pedra é unha arte tradicional representativa de Galicia, máis ca unha técnica culinaria recuperada do pasado”. Neste concello próximo a Santiago, fanse filloas en pedra que “levan traballando máis de 200 anos. Xa nos arquivos dos Trastámara, antigos señores feudais desta comarca, aparecen pagos de rendas en forma de cestas de filloas”, engadiu o rexedor.


     A intención do goberno municipal, dixo Cardeso, e converter a exaltación da filloa da pedra “nun proxecto de desenvolvemento rural para a comarca de Barcala e, sobre todo, para o concello da Baña”. Con todo isto “pretendemos que a revalorización da filloa leve consigo unha mellora do entorno natural, e a realización dunha agricultura tradicional e sustentable, que sirva para unha promoción turística local, xerando un movemento de atracción cara a nosa comarca e o noso concello”, afirmou García Cardeso.


     A Festa da Filloa da Pedra da Baña organizouse por primeira vez en 2004. Tres anos máis tarde creouse a Asociación Filloas da Pedra da Baña, que na actualidade conta con 25 socios e socias, segundo explicou a súa secretaria, Mónica Tomé Rey.



     A Asociación recolleu a tradición de cociñar sobre unha pedra un produto tan galego como son as filloas, “costume que os veciños da Baña conservaron ao longo de moitos anos, convertendo en arte a elaboración dunha masa de auga, fariña de trigo do país, ovos e sal callada sobre a pedra quentada con leña de carballo, o que lle imprimiu a este produto gastronómico unha particularidade única”, engadiu Tomé.



     Aínda que ata o de agora as filloas da pedra foron sempre asociadas a festa do Entroido e como comida dos carnavais, dende a Asociación “queremos demostrar que a filloa da pedra pode ser, e de feito xa o é, moito máis ca un acompañamento”, afirmou Mónima Tomé.


     O labor da Asociación consiste, sobre todo, na promoción e divulgación da filloa da pedra como produto artesán e na mellora da súa calidade, e en levalas máis alá das fronteiras do noso concello, estendéndoa a toda Galicia, a España e incluso a Europa.  A Asociación levou as filloas á Romaría Etnográfica Raigame, en Vilanova dos Infantes (Celanova-Ourense), ao Salón Gastronómico Xantar (Expourense-Ourense), a Turisport (Silleda-Pontevedra), á Semana Gastronómica de Galicia (Santiago de Compostela), á Semana Gastronómica e Folclórica de Troisdorf (Bonn-Alemaña), ao Forum Gastronómico (Santiago de Compostela).  Publicou o libro “50 recetas con filloas”, recoñecido co Premio Álvaro Cunqueiro, onde quedan demostradas as múltiples posibilidades do produto que promociona este colectivo.


ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS
     A Baña é hoxe en día un dos poucos concellos de Galicia que mantén intacta a tradición das filloas da pedra. Unha costume que a piques estivo de desaparecer pero que colleu pulo en 2004 cando xurdiu unha iniciativa impulsada polo Concello e por un grupo de voluntarias e voluntarios (que en 2007 constituiríanse en Asociación Filloas da Pedra da Baña) de crear unha feira centrada neste produto típico da zona e de manter viva para a memoria colectiva e o padal unha costume ancestral das cociñas do Val de Barcala, composto polos concellos da Baña e Negreira. Neste val conxúganse os elementos básicos para facer este saboroso prato: a calidade das canteiras de granito, imprescindible para una boa parrumeira, lousa ou pedra;  unha boa masa forestal (antano as pedras quéntanse con leña, hoxe o combustible por razón de tempo substitúese por bombonas de butano), cultivo de trigo do país e ovos de calidade, na súa meirande parte procedente de galiñas criadas en liberdade.



     Cómpre dicir que aínda que a filloa na súa máxima expresión é un produto galego recoñecido, sobre todo as elaboradas en filloeiro de ferro ou na tixola, a variante da pedra é das menos habituais. Antano esta técnica estaba presente en practicamente todas as casas. No Val da Barcala, a filloa da pedra que se elaboraba no Entroido ou no tempo da matanza, tamén se usaba habitualmente como substituto do pan.


     A filloa da pedra da Baña non é só un produto tradicional ou a recuperación dunha técnica culinaria do pasado, senón un elemento identificativo da Baña e, por extensión representativo e autóctono de Galicia. A variante da pedra tamén se mantén en algún outro concello do Val da Ulla, como o da Estrada ou Forcarei, aínda que é o municipio barcalés da Baña quen abandeira a promoción e divulgación deste produto. De feito, dende a súa constitución, a Asociación Filloas da Pedra da Baña, en colaboración co propio Concello,  leva facendo unha gran labor de divulgación da filloa da pedra, participando non só en feiras e eventos, senón dando a coñecer a técnica básica da elaboración deste produto. En 2007 publicaron o libro “50 recetas con filloas” (Alvarellos Editora) que foi merecedor do Premio Álvaro Cunqueiro ao mellor libro de gastronomía.



     Nos últimos anos, ás veteranas mans que recolleron a tradición dos antergos, fundamentalmente mulleres,  xúntanse zume novo, polo que a pervivencia da técnica e elaboración da filloa da pedra da Baña están garantidas.



     Sobre as orixes históricas da filloa non hai nada claro. Hai autores que se inclinan por unha orixe grega: phyllon (lámina) ou mesmo romana (foliolam: diminuto de folla). De feito, no prólogo de “50 recetas con filloas”, Xavier Barreiro Luces, técnico superior de Restauración e filloeiro, sinala que nunha escavación arqueolóxica “dun castro preto da Coruña descubríronse filloeiros de barro datados na época pre-romana”.


     Sexa como sexa, algunhas das parrumeiras sobre as que se elaboran as filloas das pedra da Baña teñen máis de 200 anos. Non vale calquera tipo de granito para facer unha pedra das filloas e dun tamaño mínimo de 50x50 centímetros. Requírese unha granulosa, que se dilate pouco, sensible ás correntes de aire e aos cambios de temperatura. Na Baña aínda hai canteiros artesáns que saben ben deste asunto.



     En canto aos ingredientes básicos: auga, fariña e ovos en proporcións determinadas, aínda que hai variantes que levan leite  e mesmo caldo ou sangue. O segredo do almoado ou amoado da das pedra é preparalo a noite anterior e deixalo repousar. Unha boa temperatura e o mimo e coidado das filloeiras, fan o resto.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fotos:
Mª José - Blog laurelycanela
alicentis
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 21 de febrero de 2017

PASCAIS - AMIUDAL - AVIÓN

PASCAIS
AMIUDAL
AVIÓN
OURENSE


Pascais
     Pascais é un lugar da parroquia de Amiudal no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. 



     Tiña 41 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 19 eran homes e 22 mulleres. 


     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 48 habitantes (21 homes e 27 mulleres).



Amiudal
Poboación    
     252 hab.



     Amiudal é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 252 habitantes (144 mulleres e 108 homes), 46 menos ca no ano 2000 e 12 menos ca no ano 2005. 


     A perda de poboación non foi tan acentuada en Amiudal coma no resto da zona, aínda que a perda demográfica é lenta mais constante.


     Foi concello de seu entre 1833 e xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.


Lugares de Amiudal
     Amiudal, Espiñeiro, Pascais



Avión
      Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 



     Segundo o INE a súa poboación no ano 2015 era de 1.962 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003). O seu xentilicio é avionés.



Poboación
     Censo total 1.962 (2015)



      Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.



      É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.


     A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.


      O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. 


     Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 


     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.


Patrimonio natural

     Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.



Patrimonio etnográfico
      Salientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.



Historia
     No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.



      En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.


      En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.


      En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.


     Trala división territorial de España en 1833 foi concello de seu até xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.



Parroquias de Avión
       Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 20 de febrero de 2017

A GRAÑA - COVELO

 A GRAÑA
COVELO
SERRA DO SUIDO


  A Graña
     Es la aldea más alejada del municipio a unos 20 km de la capital municipal, se ha convertido en una zona residencial donde construyen su vivienda los nativos que han hecho su fortuna en Venezuela como emigrantes.



     La extensa y bella sierra de la que forma parte (a Serra do Suido), es uno de los reductos de ejemplares de lobo ibérico en libertad.



     Como dato de interés destacan que en la misma existen varias agrupaciones de túmulos megalíticos, incluida la "Mámoa de Salcedo", formada por losas de pizarra asomándose restos de la Cámara megalítica.



Sus barrios y lugares son:
     A Carreira, O Eido Fernández, O Eido Gonzalo, O Monxidoiro, Os Muiños, A Porteliña do Campo, Rebordechán, Salcedo, Seiscedóns, Vista Alegre.



Covelo
     Covelo cuenta con un patrimonio histórico que abarca desde petroglifos prerromanos hasta el cruceiro del Cristo de los Afligidos, de finales del siglo XIX, sin olvidar, por supuesto, a los artesanos y artistas contemporáneos que viven y trabajan en el municipio en la actualidad.



     El Patrimonio histórico-artístico de Covelo es muy rico y variado.



     Disperso por todo el municipio se encuentran numerosos e interesantes monumentos, construcciones civiles y religiosas, restos arqueológicos.... que atestiguan de manera espléndida la memoria histórica y la tradición.


   
     A  continuación se enumera el patrimonio histórico-artístico más importante del Ayuntamiento de Covelo:
     Cruceiro, dedicado ó Santísimo Cristo dos Afligidos situado en la plaza principal delante del ayuntamiento  desde 1.899, se levanta altiva una de las obras más destacadas del maestro cantero José Cerviño, escultor de famosos cruceiros en toda Galicia.



     En la arquitectura religiosa, merece especial atención el conjunto Abacial de San Martín de Barciademera.



     El conjunto arquitectónico incluye la  casa reitoral que posee una fachada barroca con fantásticas gárgolas y reminiscencias de arte precolombino, la iglesia barroca de San Martín, y la Capilla de San Juan Mosteiro construida por la Santa Inquisición, lugar donde en la antigüedad se situó un monasterio benedictino.



     El municipio posee depósitos arqueológicos de importancia, varios puentes medievales de gran interés, iglesias de varios estilos, restos de dos monasterios, edificaciones típicas, (Os Chozos) cruceiros, petos de ánimas...



Río Tea     
     El río Tea nace en la sierra de O Suído, en el ayuntamiento de Covelo, y e desemboca en el Baixo Miño, en el ayuntamiento de Salvaterra de Miño.



     En su camiño, pasa por los ayuntamientos de Mondariz, Mondariz-Balneario y Ponteareas. sin embargo, este trabajo se refienre solamente a la parte del espacio protegido que cae en el ayuntamiento de Covelo: el tramo medio-alto del Tea, los ríos Alén y Fofe, y el arroyo de O Castro.



     Es especial porque se trata de uno de los ríos mejor conservados del sur de Galicia en cuanto a sus aguas, sus riberas y su continuidad



Comarca da Paradanta
     Limita al norte con la Comarca de Vigo, al nordeste y al este con la provincia de Orense, al sur con Portugal por medio del río Miño y al oeste con la Comarca del Condado. 



Pertenecen a la misma los siguientes municipios:
    Arbo
    La Cañiza: capital de la comarca
    Covelo
    Crecente


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA