MUIÑOS EN FRAGUAS
FRAGUAS
CAROI
COTOBADE
Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cotobade. Segundo o IGE de 2007 tiña 152 habitantes (70 homes e 82 mulleres), 5 menos que no 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.
O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona.
A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama
Poboación
Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres).
O pico de residentes da parroquia foi no 2001 con 184 persoas.
Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo.
O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km.
A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA