viernes, 7 de noviembre de 2025

CAPELA DE SAN RAMÓN DE MESEGO - MESEGO - CUNTIS

 CAPELA DE SAN RAMÓN DE MESEGO

MESEGO

CUNTIS

       Capela do século XIX de reducido tamaño feita a base de perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.

       Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso, un ocelo e unha espadana dun só oco con remate en cruz pétrea e pináculos.

     Esta capela foi feita sobre outra anterior da que aínda hoxe é posible ver restos esparexidos polo lugar, que recibía o nome de ermida de Santa Ana

Mesego
     Mesego é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. 

       Segundo o IGE do 2009 tiña 85 habitantes deles 34 eran homes e 51 mulleres, o que supón que aumentou 4 persoas a poboación desde 2008. 

 
Comarca de Caldas

      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

       Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA

  

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901